A pasada semana, o areal da Torre acolleu a quinta acción ambiental deste ano entre Mar de Fábula e o Centro de Insercio Socal da Coruña, no marco do proxecto Entre Crebas, que conta co apoio da Deputación.
Unha iniciativa que convirte ás persoas privadas de liberdade en auténticos axentes do cambio social, a través da limpieza de praias e a concienciación ambiental.
Unha vintena de internos do CIS (persoas que pasan a súa última parte da condena en réxime de semiliberdade buscando traballo para reinsertase) achegáronse, acompañados polo voluntariado da entidade ambiental, ao areal da Torre, coñecido tamén como as Lapas.

Crían dende Mar de Fábula, dado o bo estado dende arriba, que desta volta si que a praia cumpriría as boas notas esixidas pola Unión Europea, pero a realidade volve dar de bruces. A avaliación BEA (Bo Estado Ambiental) faise en función dos parámetros marcados polos expertos da Comisión Europea que fixan que, unha praia non pode ter máis de 20 residuos>2,5 cm. por 100 metros lineais para acadar esta calificación de excelencia.
O caso, que en apenas un par de horas, e tras baixar o lombo, os axentes conseguiron rescatar mareas de lixo: 27 cordas, 26 aparellos pesca, 87 anaquiños plástico, 13 anacos papel, 75 anacos vidro, 37 anacos ladrillo+uralita, 8 toalliñas húmidas, 1 compresa, 1 sola de zapato e… 152 cabichas. Incansable a loita contra as cabichas nesta cidade, que se volve demostrar que non só se dá por culpa da xente, senón por todas as cabichas que tiramos pola rúa e que acaban no mar polas redes de pluviais.
En total, 427, concluíndo que “non hai praia no litoral da Coruña, e por extensión no litoral de toda Galicia (excepción feita da praia de Area Longa en Reira, Camariñas) que cumpra a utopía apuntada polos expertos da CE de máximo 20 items por 100 metros lineais de praia”.

Máis novas
Cando as persoas privadas de liberdade se convirten en “axentes do cambio”
O Areal da Torre, un pouco máis limpo gracias aos salvadores do CIS e de Mar de Fábula

