InicioA CORUÑAA Coruña pídelle á Xunta xestionar a nova estación de autobuses: "En...

A Coruña pídelle á Xunta xestionar a nova estación de autobuses: “En Vigo, transferiuse ao Concello”

Publicada o

Por europapress

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, manifestou a intención do concello herculino de xestionar a nova terminal de autobuses da intermodal, inaugurada a semana pasada. “A estación de autobuses de Vigo foi transferida directamente ao Concello”, explicou a preguntas dos xornalistas sobre este asunto despois da rolda de prensa convocada para presentar a nova aplicación para o comercio local.

Fíxoo para expoñer que “partindo desa premisa, esa é a primeira idea” que formula o goberno local ao respecto. “Despois iremos vendo”, avanzou para incidir en que “de primeiras” o Concello herculino ten a intención de “esixir o mesmo trato” que a cidade olívica.

“DESPREOCUPACIÓN” DAS ADMINISTRACIÓNS, SEGUNDO ADEGA

Doutra banda, a asociación ecoloxista Adega denunciou, nun comunicado, a “despreocupación das administracións públicas polo transporte metropolitano, tanto en autobús como en tren, na semana da posta en marcha da estación intermodal da Coruña”.

Nos últimos días a organización colocou varios carteis na zona para reclamar “melloras urxentes neste ámbito e visibilizar as protestas da cidadanía, en aumento”.  Neste sentido, subliña que a inauguración desta infraestrutura, o pasado día 3, “sen posibilidade actual de intercambio entre tren e autobús e sen conexión directa co aeroporto manifesta unha total falta de compromiso coa mobilidade sostible”.

promiso coa mobilidade sustentable”.

ÚLTIMAS

O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña ponse en folga

Os representantes dos traballadores da Compañía de Tranvías da Coruña, composto polas seccións sindicais...

“Foliada”, a nova APP para consultar e compartir cantigas galegas

Xa coñecemos as aplicacións ”Breogán” e ”Carmucha”. Ferramentas dixitais que espallan a nosa música...

Mar de Fábula e persoas privadas de liberdade do CIS constatan o regular estado de saúde do Areal da Torre

A pasada semana, o areal da Torre acolleu a quinta acción ambiental deste ano...

Rey di “estar á espera” de reunirse coa Xunta para abordar os fondos de zona tensionada

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, asegurou que o goberno local está...