InicioCULTURATomás Cuesta trae á Coruña "A Gran Familia" da música tradicional

Tomás Cuesta trae á Coruña “A Gran Familia” da música tradicional

Publicada o

Por Redacción

A música tradicional galega conta cunha historia colectiva construída ao longo de xeracións trala que se agochan infinidade de aventuras, periplos e fazañas, individuais e colectivas, que merecen ser narradas. A Gran Familia. Figuras clave da música tradicional galega, propón achegarse a ese patrimonio a través dun percorrido polos seus protagonistas, como gaiteiros, pandeireteiras, acordeonistas, repentistas e outras figuras que contribuíron a definir a identidade sonora do noso país.

A Gran Familia fai un percorrido biográfico e ilustrado por diferentes épocas e contextos sociais para descubrir quen eran estes músicos, cales foron as súas achegas e como evolucionou unha tradición, moitas veces transmitida oralmente, que soubo adaptarse aos cambios sociais sen perder a súa esencia. Unha ollada que afasta o folclore dunha visión estática ou nostálxica e que reivindica a música tradicional como unha cultura viva, en permanente transformación.

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda acolle este venres 13 de novembro, a partir das 20h00, a presentación desta novela, a cargo do seu autor, Tomás Cuesta, que estará acompañado do músico e xornalista Xurxo Souto e do director de Xerais, Fran Alonso. A música en directo de Brais Maceiras pechará o encontro.

Sobre o autor: Tomás Cuesta (Meira, 1989), é mestre de escola e debuxante autodidacta. Afincado na Coruña dende a adolescencia, combina a súa vocación polo debuxo cunha paixón pola música da que se declara “escoitador” obsesivo. A Gran Familia é o seu primeiro libro, un proxecto no que conflúen esas dúas facetas, así como a súa vontade de achegar a cultura musical galega a novos públicos.

“Foliada”, a nova APP para consultar e compartir cantigas galegas

ÚLTIMAS

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

Os tres grupos aproban por unanimidade apoiar ás 50 familias afectadas polos 8 edificios comprados por fondos boitre

Importante (haberá que ver se se traduce en feitos) o acordo ao que chegaron...

A Xunta di non ter constancia de “tantas queixas” co problema de buses na Intermodal da Coruña

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, admitiu posibles "desaxustes" nalgún servizo...

O goberno local da Coruña manterá a conxelación de taxas e tributos o próximo ano

O goberno local da Coruña ten previsto manter as taxas e tributos municipais sen...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here