InicioCULTURAO coruñés Daniel Agra regresa ao India Photo Fest con catro fotografías

O coruñés Daniel Agra regresa ao India Photo Fest con catro fotografías

Publicada o

Por Redacción

O artista galego Daniel Agra presenta catro fotografías da súa serie Tesseract Daydreams no India Photo Fest, que terá lugar do 25 ao 27 de decembro de 2026 nas galerías ICCR de Kolkata. Este é o seu segundo ano consecutivo no festival.

A COG India Art Foundation organiza o festival, que comezou en 2022 e reúne a narradores visuais da India e doutros países.

O artista coruñés, que foi entrevistado este ano pola revista de arte india Art News India Magazine, leva 15 anos usando a “fotografía como pensamento visual”. De feito, COG India Art presenta a fotografía do herculino como “unha fotografía combina abstracción e poesía visual, traballando con paisaxes expandidas e memoria territorial, e utilizando fragmentos do mundo físico para construír imaxes abertas”. A súa obra está incluída en coleccións institucionais e privadas de varios países.

Daniel Agra fotografia
Daniel Agra

Tesseract Daydreams é unha das series de fotografía abstracta e expandida máis conceptuais de Daniel Agra. Comeza cunha pregunta inquietante: canto do que miramos é realmente noso e canto é un eco de imaxes e códigos que inconscientemente aprendemos a habitar? O título reúne dúas ideas: a caixa, esa televisión que deu forma á imaxinación colectiva durante décadas, e o tesseract, un hipercubo tetradimensional que ningún ollo tridimensional pode captar dunha soa ollada.

Daniel Agra crea estas imaxes empregando os seus propios dispositivos ópticos, sen manipulación dixital, deixándoas nese espazo entre o recoñecible e o indeterminado. Cuestionan a forma en que aprendemos a ver e esixen unha mirada activa do espectador.

Tesseract Daydreams 02 Daniel Agra
Outra imaxe de Tesseract Daydreams de Daniel Agra

Estas son as imaxes do Calendario da Coruña 2027

ÚLTIMAS

Agustín Fernández Mallo reedita ‘Nocilla dream’: “Algún día as máquinas farán novelas tan complexas como as nosas”

O escritor coruñés Agustín Fernández Mallo reeditou a súa novela 'Nocilla dream' (Alfagura) cando...

Avanzan as obras da zona de deportes de praia de San Pedro de Visma

Visita institucional esta mañá para ver como avanzan os traballos da nova zona de...

Os Mallos, epicentro dun operativo contra a trata para explotación sexual

Varias persoas foron detidas este martes na Coruña no marco dun operativo en distintas...

Avanzan os perparativas da Praza de Nadal en María Pita

Os negocios participantes na Praza de Nadal de María Pita visitaron este martes os...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here