InicioECONOMÍATRABALLOOs traballadores de Eulen da limpeza de leitos fluviais conseguen, cun peche,...

Os traballadores de Eulen da limpeza de leitos fluviais conseguen, cun peche, unha reunión con Augas de Galicia

Publicada o

Por Redacción

Arrincaron a semana pasada as súas mobilizacións para denunciar o seu despedimento. Os 10 traballadores do servizo de limpeza de leitos fluviais de Augas de Galiza para a zona norte, externalizado desde hai anos á empresa EULEN, coñecían o seu despedimento tralo cambio de concesión.

A Federación de Construción e Madeira da CIG (FCM-CIG) comezaba as súas mobilizacións para esixir a súa recolocación, protagonizando esta mañá comezaba un peche na sede de Augas de Galicia en San Caetano. O sindicato facía así a oitava petición de reunión coa administración.

Despois de varias horas, o sindicato recibía unha comunicación por parte do Gabinete do director de Augas de Galicia no que informaba da convocatoria dunha reunión de cara a este mércores.

Dende a CIG entenden que os traballadores deben ser reubicados na empresa Tragsa, que realiza agora o servizo, considerando un atropelo a non renovación dos experimentados traballadores.

Os traballadores de Eulen da limpeza de leitos fluviais conseguen, cun peche, unha reunión con Augas de Galicia CIG 1.jpg

Máis novas

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

 

ÚLTIMAS

A banda británica Take That actuará o 15 de xullo na Coruña

A banda británica Take That actuará o próximo 15 de xullo no Coliseum da...

Renovado o convenio para a xestión da Casa de Acollida a mulleres vítimas de violencia de xénero

Na semana do 25N, concello e Deputación da Coruña anuncian a renovación do convenio...

As tapas do 22 establecimentos que participan no Concurso de Tapas Picadillo

Ponse en marcha a XXII edición do Concurso de Tapas Picadillo co obxectivo de...

O Concello da Coruña investirá 15.000 euros en rehabilitar a escultura do Acuario

Jorge S. Peteiro Vázquez creou a peza escultórica para instalala en 1998 na Enseada...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here