InicioA CORUÑAAs cifras de inserción da Fundación Secretariado Xitano

As cifras de inserción da Fundación Secretariado Xitano

Publicada o

Por Redacción

Recibíu onte unha visita institucional a Fundación Secretariado Xitano, co gallo do convenio renovado co Concello da Coruña, que apoia con 50.000 euros anuais o desenvolvemento de accións de formación e emprego.

Unha visita, guiada pola directora territorial da entidade en Galicia, Eva Vera, e a coordinadora na Coruña, Isabel Suárez, que serve para avaliar as cifras de inclusión da entidade,

A Fundación Secretariado Xitano conta na cidade cun equipo de 13 profesionais que desenvolven sete programas de intervención social, a través dos que atenderon a 420 persoas no que vai de ano.

No ámbito do emprego, a entidade atendeu a 175 persoas, das que máis da metade son mulleres e 126 son menores de 30 anos. A través dos seus programas facilitou a formalización de 69 contratos laborais para 55 persoas, entre elas 25 mulleres e 41 menores de 30 anos. Para case un terzo das persoas contratadas, este foi o seu primeiro contrato laboral.

A participación das mulleres é especialmente significativa nas accións formativas, nas que representan preto do 65% das 48 persoas que recibiron formación este ano. Ademais, a fundación conta cunha rede de 43 empresas colaboradoras para favorecer a incorporación das persoas participantes ao mercado laboral.

No eido educativo, a fundación atendeu durante o curso 2025-2026 a 95 participantes. Deles, 42 forman parte do programa Promociona, orientado a favorecer o éxito escolar, cunha participación feminina de preto do 74%. A entidade desenvolve a súa intervención educativa en colaboración con centros de ensino da cidade e traballa tanto co alumnado como coas súas familias.

Máis novas

A Fundación Secretariado Xitano, rompendo prexuizos dentro e fóra da comunidade

A escolarización, a inserción laboral e o coñecemento da cultura, os camiños do Secretariado do Pobo Xitano para unha integración real

 

ÚLTIMAS

“Non son clientes, son puteros e agresores”. A campaña do 25N da Deputación

Crúa e directa a campaña que da Deputación da Coruña polo 25N, Día Internacional...

Veciños de Monte Mero na Coruña concéntranse contra o plan de vivendas da Xunta: “Quítannos as nosas casas”

Máis dunha vintena de veciños e veciñas afectados polo proxecto da Xunta para impulsar...

Récord no Chuac: 1.000 transplantes desde o 1991

O equipo de transplante cardíaco do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) realizou o...

Presentado o PERI renovado da nova urbanización do Castrillón co retranqueo das torres pero coa mesma edificabilidade

O plan urbanístico para erguer a nova urbanización de Oza (dunhas 1.000 novas vivendas)...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here