Un incendio orixinado na madrugada deste mércores nunha vivenda abandonada da rúa Calexa, na Coruña, calcinou por completo o inmoble. Segundo detallou o 112 Galicia, o aviso recibíuse sobre as 03.00 horas e ata o lugar desprazáronse os Bombeiros da cidade herculina.
Tras a intervención, os equipos de emerxencias confirmaron que o inmoble ardera por completo, o que mesmo provocou o derrubamento do teito. Ademais, o 112 explicou que unha persoa acudiu polos seus propios medios a un centro hospitalario para ser valorada.
Mentres, os bombeiros, cun dispositivo de tres vehículos e unha decena de efectivos, sinalaron que ao chegaren atoparon unha vivenda totalmente en chamas, co tellado caído sobre o primeiro andar e a planta baixa, e que lograron apagalo sen máis incidencias.

