InicioSOCIEDADEDenuncian "falta de prazas" nas garderías da Coruña: "Eu non teño familia...

Denuncian “falta de prazas” nas garderías da Coruña: “Eu non teño familia preto da que poder tirar”

Publicada o

Por editor

Unha nai da Coruña denuncia a falta de prazas nas garderías así como as dificultades para atopalas en función do mes de nacemento do seu fillo, nacido en novembro. “Os procesos de solicitude de praza ábrense no primeiro trimestre do ano, polo que os nenos nados a finais teñen moitas posibilidades de quedarse sin ela“, explica a afectada.

“Acabo de ter ao meu segundo fillo, naceu en novembro e por iso ten menos dereito que un bebé do mesmo ano nado en xaneiro a poder atopar unha praza na gardaría”, di Rocío Ramos que denuncia que as prazas que se ofrecen non son suficientes. “En 15 días termino a miña baixa por maternidade, rascando un pouco máis entre lactación e vacacións alargou case 4 semanas máis, pero incorporareime e o meu bebe non chegará aos 5 meses”, suliña.
Ademais, Rocío destaca que non ten familia preto da que poder tirar e se pregunta que opcións ten; “deixar un soldo noutra persoa que coide ao fillo”, “deixar de traballar” ou “criar mal e traballar  mal”.  “Que pasa coas familias que non poden permitirse delegar”, conclúe.

ÚLTIMAS

Desestiman o recurso de Defensa do Común: Poderán reanudarse as obras da urbanización de luxo da Maestranza

As obras poderán volver á parcela da Maestranza para continuar coa urbanización de luxo...

As 10 rutas do Samaín que fan barrio: Os Mallos

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, do Castrillón e de Monte Alto, seguimos...

“Son o noso alumnado, os nosos fillos”, profesorado de Ferrol mostra o seu apoio a un alumno ferido nas protestas na Coruña

O profesorado do IES Concepción Arenal de Ferrol amosou o seu apoio a un...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here