InicioCULTURAA Deputación publica unha liña de axudas para actividades culturais

A Deputación publica unha liña de axudas para actividades culturais

Publicada o

Por europapress

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou este luns as bases de catro convocatorias de axudas da área de Cultura da Deputación da Coruña.

O seu obxectivo é, informa o organismo provincial, “apoiar actividades e investimentos culturais de entidades sen fins de lucro e corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de gran formato da provincia”.

A institución provincial destina para estes fins un total de 1.980.000 euros e o prazo de presentación de solicitudes terminará o 31 de marzo.

Por outra banda, achegará 500.000 euros para apoiar ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da provincia da Coruña en cuestións como a contratación de persoal ou a modernización das súas infraestruturas, procesos de produción e comercialización.

ÚLTIMAS

A UDC acolle unha das xornadas de AMEGA sobre o futuro dos medios de comunicación

Os medios de comunicación viven unha transformación profunda marcada pola intelixencia artificial, os novos...

Aberto o prazo para solicitar o Bono Taxi 2027 na Coruña, ata o 9 de novembro

O Concello da Coruña abriu o prazo para solicitar o Bono Taxi 2027, unha...

A exsubdelegada do Goberno na Coruña María Rivas postúlase para liderar a lista do PSOE na provincia

A exsubdelegada do Goberno na Coruña e actualmente directora do Plan Estratéxico da cidade...

O Concello da Coruña lanza unha campaña para animar aos mozos a falar de saúde mental sen prexuízos nin medo

O Concello da Coruña vén de lanzar unha campaña municipal para achegar a conversa...