InicioPOLÍTICARey, sobre a candidatura de Formoso a alcalde: "Conta co respaldo de...

Rey, sobre a candidatura de Formoso a alcalde: “Conta co respaldo de todo o partido”

Publicada o

Por europapress

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asegurou que a decisión que tome o secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, “sempre será a mellor, meditada e pensando nos veciños e veciñas e tamén no PSdeG”.

Así o manifestou a preguntas dos xornalistas sobre a candidatura do tamén presidente da Deputación provincial á Alcaldía das Pontes de García Rodríguez, municipio do que é rexedor desde 2007, así como á presidencia da Xunta despois de que transcendese este xoves que optará á reelección como alcalde.

“Respectemos os tempos”, sinalou Rey, en alusión á comparecencia que o xefe de filas do PSdeG ten prevista para este venres ás 11,30 horas. “Aínda non compareceu”, puntualizou. En calquera caso, a alcadesa mostrou o seu apoio a Formoso. “Conta co respaldo de todo o partido, por suposto, e conta co meu respaldo para calquera que sexa a decisión que el tome”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Un verán sen rebequita

Os que xa temos unha idade nesta cidade non lembramos un verán coma este....

A Asociación Galega de Axuda a Ucraína convoca este luns unha mobilización na Coruña pola independencia do país

A Asociación Galega de Axuda a Ucraína convocou a toda a comunidade ucraína residente...

A Coruña abre o prazo para repartir 80 composteiros domésticos de balde

O Concello da Coruña abriu unha nova convocatoria para a entrega de 80 composteiros...

O Flores Rock celebra 10 anos con 3 días de concertos

O Barrio das Flores volverá converterse a comezos de setembro nun dos grandes puntos...