InicioA CORUÑACritican que o Concello da Coruña só executou o 72% do orzamento...

Critican que o Concello da Coruña só executou o 72% do orzamento de 2022, “o peor dato da década”

Publicada o

Por editor

A Xunta de Goberno Local anunciaba onte unha modificación orzamentaria de 11 millóns de euros para varios investimentos, entre eles os accesos pola ampliacióndo CHUAC. Unha iniciativa que se votará no pleno do xoves.

Pero dende a oposición chegaron varias críticas, pola premura na convocatoria que lles impediu analizar as propostas, pero sobre todo no dato sobre a execución do orzamento.

Pon aí o foco o grupo da Marea Atlántica sinalando que “na letra pequena do expediente atopamos os datos de liquidación do orzamento de 2022: só se executou o 72,6%, o peor dato da década, e quedaron case 100 millóns sen gastar”. Trátase para o grupo dun dos “peores datos de execución orzamentaria desta década”, deixando claro que “a media dos catro anos de Xulio Ferreiro foi do 80%”.  “Quen viña a dar leccións de boa xestión parece que aínda ten bastante que aprender”, conclúe Iago Martínez.

Unha situación herdada por ter orzamentos prorrogados dende 2019, e “a mediados de abril, sen rastro do proxecto do goberno para os orzamentos deste ano”, lamentan.

Ademais, o grupo critica que entre os 11 millóns da modificación orzamentaria, o Concello “agocha o recoñecemento de facturas irregulares cun recoñecemento extraxudicial por valor de 1,7 millóns de euros”. A Marea critica que todo isto será financiado “cun préstamo bancario, o que terá que ser supervisado pola Xunta pola advertencia do interventor—por cubrir cun recurso financeiro o que é gasto non financeiro—“.

Convenio coas entidades sociais

Porén, dende a Marea valoran positivamente a renovación dos convenios coas entidades sociais. Así, as subvencións nominativas correspondentes a este ano 2023, que abranguen unha partida de 7.267.023
euros e permitirán apoiar as actividades das entidades, colectivos e asociacións da cidade que traballan no eido do benestar social, o deporte e a cultura, entre outros sectores.
En calquera caso, a Marea pregúntase “como se xustifica que se reduza case á metade o convenio dedicado ao programa Housing First para axudar ás persoas sen fogar, que baixa de 174.000 a 107.200 euros.”

ÚLTIMAS

Da rolda peonil ao Día sen Coches. Así remata a Semana Europea da Mobilidade

Remata hoxe martes 22 a Semana Europea da Mobilidade. Faino estatarde coa celebración do...

Afectados estafados por un ex axente de banca de Laxe aceptan o pago de indemnización pola entidade bancaria

Afectados estafados por un exagente de banca de Laxe aceptaron o pago dunha indeminazación...

O Joker de ‘A Primitiva’ deixa un millón de euros en Cambre (A Coruña)

O dono dun boleto de 'A Primitiva' validado en Cambre, percibirá un millón de...

Baixan os accidentes e emerxencias nas praias da Coruña: 665 incidencias este verán

Os servizos de salvamento do Concello da Coruña destacaron un "descenso xeral" no número...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here