InicioPOLÍTICAO PP da Coruña quere a maioría absoluta para evitar un "non...

O PP da Coruña quere a maioría absoluta para evitar un “non desexable bipartito ou tripartito”

Publicada o

Por europapress

dato do PP á alcaldía da Coruña, Miguel Lorenzo, presentou este luns ás persoas que lle acompañarán nos 13 postos seguintes da lista electoral da formación política para concorrer nas próximas eleccións municipais, unha candidatura, dixo, “moi compacta”, con xente “moi formada”.

“Queremos sacar a esta cidade, dunha vez, desa parálise que ten desde hai tantos anos e volver levala ao liderado que nunca debeu perder”, sinalou o candidato popular. No acto de presentación, manifestou tamén que se presentan co obxectivo de lograr a maioría absoluta. A outra opción, engadiu, será “seguramente un bipartito ou mesmo un tripartito que non sería desexable para a cidade”.

Lorenzo destacou que os “obxectivos para o futuro” son conseguir “maior seguridade e maior limpeza na rúa”, así como “pensar nos veciños” e nunha “mobilidade sustentable pero con sentido común”. Tamén apostou por impulsar infraestruturas “que están abandonadas desde hai anos” ou por promover un proxecto cultural “potente”.

CANDIDATURA

A lista popular renovouse nun 60% nos seus 14 primeiros nomes con respecto aos de 2019 e inclúe a seis concelleiros do actual grupo municipal. Xunto con Miguel Lorenzo, figuran na lista o concelleiro e secretario xeral do PP local Roberto Rodríguez; a vicesecretaria de Asuntos Sociais, Rosalía López e a secretaria de Organización do PP local, Judit Fontela.

Susana Catalán, presidenta da a comisión de violencia de xénero e Igualdade na formación popular e Gonzalo Mora del Campo, vicesecretario xeral de coordinador territorial conforman tamén unha lista na que hai outros nomes como Carlos San Claudio, Carmen No Varela, presidenta da comisión de comercio do PP coruñés; o concelleiro Roberto García ou a actual subdirectora xeral de coordinación ambiental na Xunta, María del Mar Ferreiro.

Os edís Antonio Deus e Roberto Coira ocupan o postos dez e doce nunha lista que pechan no 13 e 14 a tamén concelleira Nazareth Cendán e José Ramón Amado, que foi edil en Arteixo.

ÚLTIMAS

A UDC acolle das xornadas de AMEGA sobre o futuro dos medios de comunicación

Os medios de comunicación viven unha transformación profunda marcada pola intelixencia artificial, os novos...

A exsubdelegada do Goberno na Coruña María Rivas postúlase para liderar a lista do PSOE na provincia

A exsubdelegada do Goberno na Coruña e actualmente directora do Plan Estratéxico da cidade...

O Concello da Coruña lanza unha campaña para animar aos mozos a falar de saúde mental sen prexuízos nin medo

O Concello da Coruña vén de lanzar unha campaña municipal para achegar a conversa...

SKPMotor viaxa a Ourense e Ferrol para coñecer a dous campións

Continúa a nova tempada do motor sendo recollida no mellor programa da provincia: SKPMotor...