Inicio Blog Páxina 299

A Coruña pecha 2024 con 53 km de carril bici, 14.000 usuarios e 1,3 millóns de usos

Conta A Coruña nesta última semana do ano con dous novos novos treitos de carril bici, trala apertura dun pequeno treito no barrio de Novo Mesoiro, como o que atravesa o barrio da Pescaría.

Mención especial cobra este treito, pois une os carrís principais da cidade, o do paseo marítimo e o dos Cantóns-Linares Rivas, a través da Rúa Alta e Rúa Nova. Malia que un dos treitos sexa sobre adoquín, é unha unión tremendamente demandada polos ciclousuarios.

No caso do carril bici de Novo Mesoiro, o primeiro que se constrúe no barrio, o Concello
completou nas últimas semanas os traballos de pintura no percorrido bidireccional que conecta a rúa Illas Sisargas coa rotonda de confluencia coa estrada DP-0512, creado a partir da localización na que se instalou, a mediados do ano pasado, a estación de BiciCoruña que dá servizo a Novo Mesoiro.

No seu conxunto, as dúas actuacións supuxeron un investimento de máis de 230.000 euros.

Rede de máis de 53 quilómetros

O número de usos contabilizado polo servizo municipal BiciCoruña permitiu a non emisión de máis de 600 toneladas de CO2 a atmosfera. Pero máis alá das cifras, a importancia de manter a aposta viva pola transformación da mobilidade na cidade irase vendo co paso das xeracións, e o uso que vemos hoxe en día entre a mocidade seguro que provoca moitos cambios na forma de movernos dentro de 10-20-30 anos.

O carril bici pegou a súa primeira gran expansión en 2016, durante o mandato da Marea, deixando a rede en 18km, pero sobre todo cun plan trazado e un financiamento europeo asegurado.

O goberno socialista mantivo ese compromiso, e en 2019 xa había 23km, pasando aos 53 deste 2024.

As cifras e as estacións con máis usos

Este 2024 pechouse con 14.000 usuarios, que realizaron 1.337.882 usos, cen mil viaxes máis que o ano anterior.

Actualmente hai 49 bases de BiciCoruña operativas na cidade, e nos vindeiros meses poderían chegar a ser as 85 incluídas na segunda fase de expansión do servizo.

O balance anual de BiciCoruña reflicte, unha vez máis, os fluxos de mobilidade habituais da
cidadanía que usa este servizo. Na súa meirande parte, son desprazamentos por motivos laborais ou profesionais, e tamén escolares.

 

Máis novas

A Marea sobre BiciCoruña: “O servizo debe mellorar nos barrios para que sexa unha alternativa na mobilidade cotiá”

Sinalizada, sobre adoquín, a primeira fase do carril bici que une o Paseo cos Cantóns

Piden máis carril bici nas avenidas da cidade

A Escola da Bici comeza o novo curso

O Taller Reciclos, o paraíso social para os amantes das dúas rodas

Aprobado o proxecto do carril bici na Avda. Alfonso Molina

O carril bici conectará Someso co campus de Elviña

Condenado por acosar durante tres anos á directora dun colexio da Coruña

Audiencia Provincial da Coruña ratificou a condena imposta, polo Xulgado do Penal número 1 desta cidade, a un home por acoso e calumnia durante tres anos á directora dun colexio da urbe coruñesa. Segundo recolle o fallo, polo que se lle condena a penas de multa e un ano e tres meses de prisión, a pesar de non ter vinculación co centro, comezou unha campaña contra o devandito colexio por mor dun xuízo penal no que unha profesora do mesmo interveu como testemuña e no que o acusado resultou condenado.

“Focalizando as súas accións na persoa da directora, remitindo numerosos correos electrónicos a entidades e institucións relacionadas co mundo educativo, coa finalidade de desacreditala profesionalmente e danar a imaxe do colexio“, engade a sentenza en relación a uns feitos que se produciron entre 2021 e 2023. Un xulgado condenoulle polos delitos de acoso, con prohibición de achegarse á muller, así como por calumnias e delito continuado de quebrantamento de condena. Absolveulle, pola contra, de inxurias continuadas. No seu recurso, alegou, entre outras cuestións, vulneración do dereito á defensa e da presunción de inocencia, que agora no seu fallo rexeita a Audiencia Provincial da Coruña.

A alcaldesa da Coruña reclama á Xunta apoio para os concellos e non “abdicar” das súas competencias

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, reclamou á Xunta apoio para os concellos e non “abdicar” das súas competencias, nunha comparecencia ante os medios de comunicación para informar de asuntos municipais.

A preguntas dos xornalistas sobre as súas demandas ao Goberno galego, insistiu en que A Coruña, en liña, insistiu, con outros municipios, asume “competencias impropias” polo que pediu o “acompañamento” da Xunta.

“Parece que son nosas e non”, dixo para demandar financiamento ao Executivo galego, do que asegurou que “non debería abdicar e relaxarse no que facemos os concellos”. Noutra orde de cousas, pediulle tamén unha “verdadeira política pública en materia de vivenda” igual que partidas para a mobilidade sustentable.

Todo de cara, engadiu, a que se lle dea á cidade “o impulso que se merece”. Con todo, destacou o “diálogo fluído” para o futuro deseño da fachada marítima.

Noutra orde de cousas, o Concello da Coruña aprobou este luns, en Xunta de Goberno, prorrogar durante seis meses máis a bonificación do 50% da tarifa xeral, social e universitaria do billete do transporte urbano na cidade.

Así o deu conta a rexedora que explicou que o acordo permitirá manter o prezo á metade para as persoas usuarias do Cartón Millenium, manténdose en 0,38, 0,12 e 0,15 euros nas citadas tarifas.

A RAG lanza unha selección de poemas de ‘Papagaio’ de Luisa Villalta traducidos ao hindú

0

A Real Academia Galega (RAG) pon fin ao 2024, ano no que as Letras Galegas dedicáronselle á poetisa coruñesa Luisa Villalta, co lanzamento dunha selección de poemas de ‘Papagaio’ traducidos ao hindú.

O profesor da Universidade Nacional Aberta Indira Gandhi da India Vikash Kumar Singh, exalumno dos Cursos de lingua e cultura galegas ‘Galego sen fronteiras’, asina a tradución ao hindú de oito poemas de Papagaio na edición que se incorpora ao catálogo de publicacións dixitais de academia.gal, ilustrada cunha selección das fotografías de Maribel Longueira que inspiraron os versos.

“O meu obxectivo principal foi crear unha tradución poética que preserve o espírito, o ton e a voz lírica de Villalta, logrando que os poemas funcionen de maneira independente en hindú, respectando ao mesmo tempo a súa esencia orixinal”, explicou Vikash Kumar Singh.

Espera ademais que a tradución anime aos lectores indios a “coñecer e valorar a figura literaria de Luísa Villalta, especialmente a aqueles interesados nos estudos literarios indo-hispánicos e na teoría da tradución”.

Luísa Villalta deixou escritas 19 composicións para as instantáneas que Maribel Longueira realizara sobre o derrube do Papagaio, o barrio da prostitución da Coruña.

O froito daquela colaboración artística e de denuncia da violencia contra as mulleres, e da especulación urbanística, saíu da imprenta tras a morte da escritora, en 2006.

Papagaio, o barrio da prostitución de Monte Alto que inmortalizou Luisa Villalta

Luisa Villalta, a poeta “valente” que retratou “con humanidade” a prostitución do barrio coruñés do Papagaio

 

 

 

O mapa da Cabalgata de Reis que celebra o 40 aniversario da Casa das Ciencias

0

Máis de 750 persoas e 16 compañías nacionais e internacionais participarán na Cabalgata de Reis da Coruña, con figurantes que levarán unha indumentaria que conmemora o 40 aniversario da Casa das Ciencias.

A cita celebrarase como cada ano o vindeiro domingo, 5 de xaneiro, a partir das 18.00 horas. Milleiros de familias agardarán o paso das 13 carrozas, seis municipais e sete de patrocinadores, seis trens e 18 espectáculos escénicos e de animación. Volverá haber un tren solidario e participará a Fundación ENKI e os máis esperados: o camión de bombeiros, “que tiren caramelos”.

A temática será invernal, “levando ás persoas asistentes a un mundo máxico e xélido” con fadas, animais, bonecos de luz e cor, acróbatas, ser máxicos e outros personaxes fantásticos que acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar.

O Mapa

Mapa da Cabalgata de Reis de Coruña 2025
Finalmente a Cabalgata baixará por Fernández Latorre e non por Ramón y Cajal

Este 2025 a Cabalgata de Reis volverá partir desde o Barrio das Flores, concretamente desde a rolda de Camilo José Cela, como xa fixo na última edición, ás 18.00 horas. O percorrido discorrerá pola avenida de Monelos e a comitiva real irá cara a Pérez Ardá e finalmente por Fernández Latorre e a Costa da Palloza, en vez de por Ramón e Cajal, ata a avenida do Porto.

Desde alí as carrozas irán ata Linares Rivas e a praza de Ourense para emprender a marcha final polos Cantóns e a Mariña, terminando como sempre na praza de María Pita, onde os reis saudarán aos nenos e nenas desde o balcón do palacio municipal.

 

 

Folga das traballadoras de Atento na Coruña este luns

0

Traballadoras de Atento están convocadas o luns a unha folga contra os despedimentos, ademais dunha concentración, ás 12.00 horas, diante do centro de traballo, na rúa Juan Flórez. Nun comunicado, informan que nas últimas semanas o grupo (Atento Teleservicios, Atento Holdco e Atento Dixital) “continuou coa súa política de destrución de emprego despedindo a máis de 20 persoas, cinco delas na Coruña”.

“No mes de xullo Atento Teleservicios desfíxose de 525 traballadoras inventándose un traslado forzoso a centros de traballo doutras provincias, unha medida que nin era nin necesaria nin xustificada, ao poder realizarse a atención telefónica desde calquera sitio”, sinala a CXT.

Ademais, afirman que en decembro os despedimentos repartíronse entre tres das empresas que forman parte do grupo. En concreto os despedimentos na Coruña foron, engaden, en Atento Dixital, empresa dedicada á consultoría. Para a CXT, o obxectivo é “a destrución duns postos de traballo precarios para precarizarlos aínda máis”.

Coruña lembra a historia de Trinidad Falcés, primeira muller trans

0

“Relembrando a Trini” é unha mostra que recolle a historia de Trinidad Falcés, muller trans, nada na Coruña e grande activista polos dereitos do colectivo.

Unha iniciativa da área de igualdade da Deputación, que se inaugurara o 10 de xaneiro ás 19h na biblioteca municipal Durán Loriga, onde se poderá visitar ata o día 20.

Así o debullaron na presentación a deputada Soledad Agra, acompañada do comisario da mostra, Sergio Marey e o representante da asociación Palestra, Fito Ferreiro.

O día da inauguración tamén se presentará o libro sobre a figura de Trinidad Falcés “É mellor loitar que morrer de fame”, escrito por Sergio Marey e, ademais, haberá dúas charlas: “Situación trans onte, hoxe e mañá”, da activista trans Laura Bugallo; e “Cuiruña e a importancia da literatura cuir”, de Diego Maseda, coordinador do club de lectura cuir da Rede de Bibliotecas da Coruña.

A exposición lembra a historia de Trinidad Falcés, que foi presa nun campo de concentración pola súa realidade como persoa cuir, e estivo presente na primeira marcha LGBT do estado español, que se celebrou en 1977 en Barcelona, cidade na que residiu durante 30 anos. En 2019 recibiu o premio Marcela e Elisa que concede a asociación ALAS, e faleceu na Coruña en agosto de 2022.

Ademais da exposición, presentarase o libro “É mellor loitar que morrer de fame”, de Sergio Marey, e tamén se impartirán charlas tanto durante o día da inauguración como posteriormente, en 2 concellos da provincia

Fito Ferreiro, da asociación Palestra e compañeiro de Trini, expresou que “Trini era unha sobrevivente, que sobrevivía constantemente e tiña a capacidade de buscar solucións a grandes problemas”. Tamén se referiu á situación de precariedade na que viven “máis do 70% das persoas maiores LGBTI” e á necesidade de “lembrar e recordar a esas persoas que loitaron, pois son moitos os referentes que temos en Galiza. Temos que lembrar a Trini”.

 

Localizan a un veciño de Sada que desapareceu tras marchar a pé logo dun control de alcoholemia en Oleiros

0

operativo de procura despregado no municipio coruñés de Oleiros debido a un veciño de Sada que desapareceu o xoves, 26 de decembro, tras marchar a pé logo dun control de alcoholemia localizou ao home nas inmediacións do Bosque de Xaz.

Segundo confirmaron fontes policiais, o home, de 47 anos de idade e 1,85 metros de estatura, desapareceu o xoves na zona do Mercadona de Oleiros. No dispositivo de procura, coordinado pola Garda Civil, participaron tres patrullas do Instituto Armado, así como dúas patrullas da Policía Local de Oleiros, voluntarios e emerxencias de Oleiros e Sada. Tamén estaba avisado o servizo Cinolóxico de procura de persoas.

O home foi localizado este sábado á primeira hora no Bosque de Xaz, en Oleiros, en bo estado aínda que desorientado.

Negativa ao Goberno de Cambre a debatir outro recoñecemento extraxudicial de crédito

0

Os grupos municipais do PP, PSOE e BNG votaron esta mañá en contra da urxencia dunha moción para debater a aprobación do sexto recoñecemento extraxudicial de crédito deste 2024 no Concello de Cambre.

“Que servise para destinar 524.377,67 euros ao pago de facturas a provedores”, sinala o goberno local nun comunicado no que a alcaldesa, María Pan, critica o posicionamento dos grupos da oposición.

E é que a proposta do grupo de goberno non foi debatida ao non aprobarse a urxencia desta moción, que non foi incluída na orde do día ao non entregarse en prazo a documentación correspondente. “Que se foi finalmente achegada a todos os grupos da Corporación fai oito días, o pasado 18 de decembro, e que, co voto en contra da urxencia nas comisións informativas do pasado 19 de decembro, impediu que fose incorporada como asunto na orde do día do pleno”, sostén o goberno local.

Falece un menor que caeu pola xanela da súa vivenda na Coruña

0

Un menor que caeu pola xanela da súa vivenda na Coruña na madrugada do martes faleceu, segundo puido ratificar Europa Press.

En relación ao suceso, fontes próximas ao caso confirmaron que todas as investigacións realizadas, tras ter constancia do sucedido, apuntan a unha causa accidental. Así o expuxeron ao non apreciarse ningún feito delituoso en relación á caída do menor, no barrio coruñés de Xuxán e tras ser localizado por un veciño á primeira hora da mañá dese mesmo martes.