Inicio Blog Páxina 347

Recoñecemento á Coruña pola súa traxectoria de políticas sustentables

0

A Rede Española de Cidades polo Clima recoñeceu a traxectoria de políticas sustentables do Concello da Coruña, coa entrega dunha distinción.

O mesmo foi recollido pola concelleira de Medio Ambinete, Noemí Díaz, no marco da XVI Asemblea da Rede, nun acto en Sevilla no que puxo en valor o modelo de cidade do actual goberno local.

En total, 368 administracións locais son membros da citada rede. No marco da Asemblea, a entidade outorgou ao concello o premio ás Boas Prácticas Locais polo Clima.

A alcaldesa da Coruña pide ser “un exemplo para outras cidades” coa transformación da fachada marítima

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, avogou por ser “un exemplo para outras cidades” coa transformación da fachada marítima da urbe coruñesa.

Fíxoo na xornada do foro ‘Mar de Mares’ no que interveu xunto á concelleira de Turismo de Matosinhos, Marta Torres, e a alcaldesa de Avilés, Mariví Monteserín.

“Temos o reto de actuar e transformar o outro lado da baía, facendo dos peiraos interiores un espazo de uso público, sentando as bases do desenvolvemento urbano para os próximos 40 anos”, recalcou Rey.

Pola súa banda, a alcaldesa de Avilés, incidiu na estreita vinculación do municipio co mar e resaltou a importancia do parque tecnolóxico, con máis de 400 investigadores. Á súa vez, Marta Pontes subliñou a aposta da cidade de Matosinhos pola investigación co proxecto de implantar un Hub de Economía Azul.

Os múltiples impactos do Encontro da Rede Acampa pola Paz

Rematou o VIII Encontro Internacional da Rede Acampa pola Paz, que volveu converter os Xardíns de Méndez Núñez no epicentro mundial da solidariedade. Trala ambiciosa xornada de presentación, foron tres días de exposicións, mesas de debate, charlas, cifras… que serven para poñer enriba da mesa, sen tapuxos, a realidade mundial sempre coa idea da defensa dos Dereitos Humanos como fío condutor, coa rítica situación da Infancia e da mocidade en medio planeta como foco.

Unha das conclusións máis importantes é que os Encontros chegan cada a máis xente non activista, un dos grandes obxectivos da Rede. ”Acampa pretende chegar a xente que non participa habitual e activamente nas accións de activismo, por iso ver as súas caras de sorpresa e de emoción ao escoitaren os relatos das ponencias é moi importante”, explica Xosé Abad, do comité organizador.

”Temos claro que para transformar as nosas cabezas, para ter unha mellor capacidade crítica para facer as nosas escollas, por exemplo na votación, necesitamos ter boa información, crible e veraz, pero tamén necesitamos emoción, que é a que nos fai fixar esas ideas”, explica un Abad, que destaca que nestes encontros “cóntannos informacións que non nos chegan polas redes, que veñen directamente de xentes que están traballando no campo”.

Con todos estes ingredientes, o Encontro viviu “un ambiente máis unido que nunca”, conscientes de que para “temos que unirnos para loitar pola defensa dos Dereitos Humanos, tamén aquí, onde están en retroceso como o comprobamos hoxe mesmo cos resultados das Eleccións Europeas”, valorou Abad.

Rede Acampa pola Paz 2024 Coruna-Minuto silencio Gaza
Solemne minuto de silencio se viviu diante do memorial de Gaza

A “confirmación”

”Para nós unha das princpais conclusións é a confirmación dos Encontros tanto a nivel comarcal, como mundial, pois estamos tendo unha repercusión mediática nacional e internacional tanto en medios impresos como en TV”, explica un Abad que este luns está pendente de conversas con varias radios de América Latina que mesmo retransmitiron en directo os Encontros (gracias á rede de CuacFM).

Con todo, é certo que “a nivel galego non recibe a atención que merece, pero si imos notando interese doutras zonas de Vigo, da Universidade… Si que saíu algo na TVG, na Radio Galega… pero debería ter máis presenza a nivel autonómico”, recoñece Abad. “Para nós é importante, porque a mensaxe fundamenal de Acampa é que a unión é imprescindible para a defensa dos Dereitos Humanos. Queremos que outras vilas, como fixo Narón, se unan á rede. Cremos que ten que se incrementar esa suma de organizacións e persoas á Rede Acampa pola Paz”, aporta.

Os momentos máis importantes

Rede Acampa pola Paz 2024-Coruna-Publico
A carpa estivo chea en varias actividades

Chea a rebosar estaba a carpa central dos Encontros en momentos cumio onde xentes que traballan a pé de campo compartían as súas experiencias máis persoais. As charlas, de Vicente Raimundo (director de cooperación de Save The Children), e Ruth Conde (responsable de Médicos sen Fronteiras en Gaza), así como o seu debate moderado por Juan de Sola; ou a participación de Raquel Martín (de UMRWA) provocaron o máximo interese entre o público, demostrando un altísimo nivel das ponencias e debates desta edición.

Haydee Castillo
Haydeé Castillo recollendo o recoñecemento Internacional Acampa pola defensa dos Dereitos Humanos

A visita e proxección dun mediático Nicolás Castellano, ou a intervención brillante e emotiva de Haydee Castillo, ao recoller o Recoñecemento Internacional Acampa en foron outros dos momentos máis álxidos. Foi o portavoz de SOSSanidade Pública, Manuel Martín García, o que recibiu o recoñecemento a nivel galego.

Rede Acampa 2024-Manuel Martin SOS Sanidade Publica
Manuel Martin de SOS Sanidade Pública recollendo o recoñecemento galego

O Impacto das exposicións

Exposicion da Rede Acampa de Majdi Fathi
Majdi Fathi, o fotógrafo palestino autor da imaxe do cartel desta edición, non puido conseguir o visado para visitar a súa exposición

Abad destaca tamén o “impacto na cidade” das mostras fotográficas de gran tamaño, que estarán tanto nos Xardíns de Méndez Núñez como no Obelisco ata fin de mes. “Son mostras de nivel internacional, que causan un impacto na cidade grande, pois por diante delas pasan máis de 250.000 persoas ao longo do mes”.

Podedes ficar impactados coas imaxes de Majdi Fathi do xenocidio de Gaza; a crúa realidade dos nenos escravo en Benin e Gabón da man de Ana Palacios; a dura inclusión escolar das crianzas con diversidade no Senegal gracias ás imaxes de Marta Moreira, entre outras.

Campo simulado de persoas refuxidas
Campo simulado de persoas refuxiadas instalado nos Xardíns tamén causou impresión

Unha organización voluntaria

É impresionante pensar que todo este conglomerado de actividades está organizado, de forma voluntaria, e por apenas unha vintena de persoas. Pero así é a Rede Acampa pola Paz, na cidade da Coruña, que nin sequera ten local (se alguén llo cede estarán encantados en recibilo), pero que consegue facer da cidade o gran centro mundial da defensa dos Dereitos Humanos unha vez ao ano.

O núcleo duro, que está todo o ano concentrando enerxía e esforzos, e cartos, nestes encontros, está formado por unhas 7 persoas. Ademais, as entidades que participan na rede, que ao longo do ano van aportando ideas, actividades, charlas… e o seu voluntariado para os días sinalados.

Aseguran, satisfeitos, que cada ano se incorpora máis xente e máis entidades, de feito, seguro que nacen máis redes por Asturias e America Latina.

A única eiva: A mocidade

Como único punto a mellorar, dende Acampa se decatan de que falta a mocidade. “Temos que intentar chegar a xente máis nova. Non sabemos aínda o truco, e por moito que preguntamos non atopamos a chave”, recoñece Abad. “Estamos a falar do mundo que vén, que é o seu. Tocaralles comezar a participar”, sinala esperanzado.

Máis novas

A Rede Acampa mergúllanos no campo de exterminio de Gaza

O Encontro Internacional Acampa volve converter os Xardíns no epicentro da solidariedade mundial

A activista nicaraguana Haydée Castillo e o voceiro de SOS Sanidade Pública recibirán o Recoñecemento Acampa

EDICIÓN 2023:

A cidadanía herculina demostrou a súa conciencia crítica na Rede Acampa

 

O presidente da Deputación da Coruña reivindica o “potencial” da provincia no ámbito da animación

0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reivindicou o potencial da provincia no ámbito da animación. Fíxoo con motivo da súa visita ao centro Amiga Space, en Carral, impulsado por Xosé Zapata e dedicado ás producións de animación e 3D e á formación de novos talentos no sector. “Zapata e o seu equipo demostran que é posible emprender desde un pequeno municipio como Carral“, dixo sobre un proxecto do que destacou que está “baseado na innovación e na tecnoloxía“.

Noutra orde de cousas, a Deputación da Coruña renovou a colaboración coa Universidade dá Coruña para o uso do comedor do IES Rosalía Mera polas persoas usuarias da residencia universitaria Elvira Bao da Coruña para o próximo curso. Foi a través dun convenio asinado polo presidente provincial, Valentín González Formoso, e o reitor da UDC, Ricardo Cao.

Inditex, no top 5 das empresas que máis contribúen ao PIB de España

0

Fundación La Caixa, propietaria de CriteriaCaxa, é a entidade privada que máis contribúe ao Produto Interior Bruto (PIB) de España, segundo o Estudo Advice de Éxito Empresarial de Primavera de 2024, elaborado por Advice Strategic Consultants. El Corte Inglés, Caixabank, Inditex e Telefónica completan o ‘top 5’.

En 2024, CriteriaCaixa, presidida por Isidre Fainé, do mesmo xeito que Fundación ‘La Caixa’, destacou por importantes operacións corporativas, mostrando o seu interese investidor en Telefónica (querendo aumentar a súa participación do 5 ao 10%); en Grupo ACS (coa súa intención de comprar 9,4% do capital) ou en Inmobiliaria Colonial (manifestando desexo de chegar ao 17% de participación).

Ademais, ten intención de facer unha OPA amigable en Naturgy (onde xa é primeiro accionista, con 26%), para achegar estabilidade ao accionariado e a xestión, e acudiu á OPV de Puig Brands (facéndose cun 3% do capital).

En cuarto lugar atópase Inditex que é mencionada entre os líderes de opinión enquisados, analistas e xornalistas financeiros polo papel de Pontegadea, vehículo investidor do fundador de Inditex, Amancio Ortega.

650 formarán o dispositivo de seguridade para o San Xoán herculino

0

Xa non queda nada, menos de 2 semanas, para a gran festa do San Xoán coruñés. E para que non haxa incidentes nesta Festa de Interese Turístico Internacional que congrega cada ano a máis de 150.000 persoas na contorna das praias de Orzán, Riazor e Matadoiro, esta mañá desenvolveuse a Xunta de Seguridade Local, coa participación das Forzas e Corpos de Seguridade dos Estado.

O dispositivo que velará pola seguridade de todos e todas na noite máxica, a do vindeiro domingo 23 de xuño, estará formado por 650 persoas.
Destaca a colaboración entre os diferentes corpos de seguridade como a Policía Local, a Policía Nacional, Bombeiros, Protección Civil, persoal de Urxencias do 061 e mesmo de Salvamento Marítimo.
O Centro de Mando Móbil volverá estar instalado na Coiraza e o dispositivo comezará oficialmente ás 05.30 horas do día 23.

Os cortes de tráfico no paseo marítimo produciranse a partir das 19.00 horas e o baño estará prohibido desde as 22.00 horas.

O dispositivo funcionará a pleno rendemento ata as 06.00 horas do 24 de xuño, cando se
desaloxarán as praias para a súa limpeza.

 

En Labañou tamén se fala galego

Fixo historia o IES Rafael Dieste organizando todo un festival como o que se viviu este venres na Praza da Tolerancia. Un festival, o Aquí tamén se fala, que demostra o potencial da música como axente normalizador, facendo que todo Labañou se puxese a rimar e a cantar temazos en galego. Porque “En Labañou tamén se fala galego”, como rezaban os vasos reutilizables da tamén comprometida Asociación de Veciños do barrio.

Temazos de Boyanka Kostova ou de Grande Amore que xa se teñen convertido en himnos xeracionais, en galego, da nosa mocidade, que na cidade vai recuperando o seu contacto directo coa nosa lingua gracias, en boa medida, a esta incrible campaña que xa implica a a 25.000 estudantes de 200 centros educativos de todo o país, e que tamén trascende as fronteiras do sistema educativo, con 50.000 carteliños colocados en todo tipo de establecimentos que colaboran coa iniciativa.

Responsables das administracións co equipo do IES Rafael Dieste
Responsables das administracións co equipo do IES Rafael Dieste

Pola tardiña, foi o momento das institucións. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, a deputada Soledad Agra, o Concelleiro Gonzalo Castro ou o Secretario Xeral de Política Lingüística ValentínGarcía, asistiron ao comezo do Festival e se fotografiaron con grupo de alumnos e alumnas máis implicados na campaña e a organización do festival.

A xornada foi de absoluta festa arredor da música galega contemporánea. Abriu a festa a banda coruñesa Leria, formada Mayra, Helena, Itzi e Andrea, chega coa súa “chulita” frescura.

Lontreira, a banda da Illa de Arousa, puxo a toda a praza a bailar coa súa electrónica galaica cargada de mar e diversión.

Armárona Boyanka Kostova sobre o escenario, pero máis co propio público, pois pasaron medio concerto de lea, subidos aos hombreiros da rapazada e dándose

E o Nuno de Grande Amore puxo o fin de festa con algún deses lemas que definen unha xeración como o “esa pena que levo dentro”, que retumbou por todo Labañou.

Unha demostración de que a rapazada está activa, de que na Coruña se pode falar galego, de que a música galega é un axente que ten que contar no proceso de renomarlizción da nosa cidade.

”Isto é só o comezo”, avisan dende a organización do Aquítamensefala!

 

Máis novas

O FEAE á innovación educativa, novo premio para a campaña “Aquí tamén se fala”

O proxecto “Aquí tamén se fala” leva un dos Premio Rosalía de Castro de Lingua

O #Aquítaménsefala e o Recuncho Gamer reciben os Premios Mil Primaveras

101 festivais de toda Galicia nun fío

A Coruña súmase á moda do “Mellor Banco do Mundo”

0

No marco do proxecto de renovación do Miradoiro de San Pedro, o Concello vén de presentar un banco con vistas, anotándose á moda mundial do “mellor banco do mundo”. A verdade é que son as mellores vistas da cidade, e serve ademais para darlle máis visibilidade do colectivo LGTBIQ+.

Porque a idea orixinal foi de Teresa Pastor, profesora do IES Eusebio da Guarda. Así, o banco, de tres metros, feito de plástico reciclado, será un reclamo ideal para as redes sociais.

As obras permitirán que nas vindeiras semanas o Monte conte tamén cunha nova senda peonil accesible, que conectará o miradoiro co viario máis próximo do parque, instalando dous paneis con total accesibilidade e inclusión social de todos os grupos de poboación: un no entronque da nova senda, con indicacións da localización e dirección cara ao novo banco; e outro na propia plataforma do miradoiro de carácter divulgativo, con información xeográfica e natural do Golfo Ártabro.

 

Estes son os Eurodeputados Galegos que nos representarán en Bruxelas

0

 

 

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

O CEIP Rabadeira celebra o seu 50 aniversario

0

O CEIP Rabadeira, de Oleiros, abriu as portas a pasada tarde de venres a toda a cidadanía para celebrar o seu 50 aniversario. Recibiron á veciñanza con actuacións do alumnado, do grupo folclórico Folliñas, proxeccións, exposicións, baile…  Para inmortalizar a conmemoración, o Concello elaborou unha placa na que se pode ler: “Sementando”.

O que foi o primeiro centro escolar do municipio, é hoxe unha institución educativa sólida, que ofrece un ensino de vangarda e de alta calidade. Cun extraordinario equipo directivo e un magnífico profesorado, o colexio é unha referencia de ensino inclusivo, creativo, aberto… promovendo numerosos proxectos cos que o alumnado adquire importantes valores que van moito máis alá do aprendizaxe curricular.

O Rabadeira era o único colexio que existía en Oleiros nos anos 70, albergando unha cantidade desproporcionado de nenos e nenas. Pouco a pouco foron creándose os colexios de Canide, Santa Cruz, Perillo e Nós; os institutos de secundaria de Perillo, Santa Cruz e Oleiros; e as escolas infantís de Galeras, Perillo, Mera, e Os Regos.