Inicio Blog Páxina 348

Detido en Asturias un home que ameazou e roubolle o coche a un taxista en Oleiros

0

A Garda Civil detivo en Asturias a un home como presunto autor dun delito de roubo con violencia e intimidación a un taxista, ameazas graves a outro condutor e atentado contra un axente da autoridade.

Segundo informa a Benemérita nun comunicado, os feitos ocorreron o pasado luns, día 3 de xuño, cando o agora arrestado solicitou un servizo de taxi en Santa Cruz, en Oleiros, para ir ao Burgo.

Durante o traxecto, o home solicitou un cambio de destino a unha localización máis afastada. Ao deter o vehículo para informar sobre o novo custo do traxecto, o individuo intimidou ao taxista, colocándolle un desaparafusador no seu pescozo. Tras un forcexeo, o condutor logrou escapar do vehículo, que foi subtraído polo agresor para fuxir.

Horas máis tarde, o sospeitoso abandonou o vehículo en Rábade e solicitou un novo servizo de taxi cara a Lugo. Ao chegar ao destino, repetiu o modus operandi, ameazando ao condutor. Tras outro forcexeo, o taxista logrou desarmar ao agresor, quen fuxiu do lugar a pé.

A partir de aí a Garda Civil comezou unha investigación, que permitiu identificar ao presunto autor, un veciño de Piedras Blancas, en Castrillón (Asturias), de 37 anos de idade e cun “extenso” historial delituoso, que inclúe varios roubos con violencia, delitos contra a seguridade viaria e resistencia á autoridade.

No momento da súa detención, incautóuselle unha navalla cunha folla de 15 centímetros, aínda que non se recuperou o desaparafusador utilizado nos asaltos. Durante o seu traslado a dependencias policiais, o home agrediu a un axente que conducía o vehículo.

A pontevedresa Lorena Conde e a colombiana Andrea Cote pechan a 15ª edición de ‘Poetas Dei(n)versos’ na Coruña

0

O Centro Sociocultural Ágora da Coruña celebrará este luns a última sesión da 15ª edición de ‘Poetas Dei(n)versos’, coa pontevedresa Lorena Conde e a colombiana Andrea Cote como protagonistas. Ambas porán o broche final a este ciclo de poesía dirixido por Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía, co apoio do Concello herculino.

En palabras de Castiñeiro, Cote e Conde son dúas poetisas “capaces de resignificar desde o corpo ata os espazos con toda a sutileza da que é capaz a palabra”.

A última sesión da 15ª edición de ‘Poetas Dei(n)versos’ arrincará ás 20.00 horas. A entrada será gratis ata completar aforamento, pero tamén se poderá seguir en directo por ‘streaming’.

A Rede Acampa mergúllanos no campo de exterminio de Gaza

  • A Rede Acampa lanza, dende A Coruña, unha mensaxe crítica e de esperanza sobre a situación mundial da infancia.

— — —

”Pouco se pode facer ante a barbarie que se vive en moitos lugares do mundo, pero precisamente isto, poñer sobre a mesa, sen tapuxos, a realidade, é o mellor que podemos intentar”. Aí definía Vicente Raimundo, director de Cooperación Internacional Save the Children, a importancia da existencia da Rede Acampa pola Paz, no marco da presentación do VIII Encontro Internacional da Rede Acampa. Un Encontro que ante todo, pretende lanzar unha mensaxe crítica, pero tamén de esperanza, conscientes de que o coñecemento e o compromiso pode salvar vidas.

“Queremos traer a toda esta xente porque nos aportan historias e testemuñas, precisamente o que necesitamos para comprender as causas dos conflitos e para ter unha opinión crítica e fundada para poder actuar, como votar este 9 nas europeas a partidos que defendan os DDHH”, ratificaba Xosé Abad en nome de todo o grupo de voluntarios da Rede Acampa da cidade, organizadores deste evento internacional, que sitúa á cidade da Coruña durante esta fin de semana (do 7 ano 9 de xuño), como epicentro da solidariedade coa infancia de todo o planeta.

Os Xardíns de Méndez Núñez son xa un museo a ceo aberto con 8 mostras footgráficas de gran tamaño tremendamente impactantes, un ágora cunha carpa onde se tratarán temas moi controvertidos pero necesarios no marco dun programa completísimo.; pero tamén simula un campamento de refuxiados palestino, e acolle un poderoso memorial, unha instalación colaborativa con 1200 pezas de roupa coa que se rende homenaxe aos máis de 15.000 nenos e nenas asasinados en Gaza.

Memorial d Rede Acampa pola Paz Coruna 2024
Memorial da Rede Acampa

Precisamente Abad lembrou que ano a temática está centrada na infancia e na mocidade, pero co ollo, indiscutiblemente posto en Gaza, “onde non se entende como un goberno como o israelí, un goberno de xudeus que pasaron o que pasaron, se estean convertendo un territorio como Gaza nun campo de exterminio. Non se entende”.
Será Raimundo dende Save the Children, un dos que traia a voz da infancia palestina, de Gaza, xusto no día no que cumplen 8 meses do comezo desta nova guerra. “Habería que remontarse ao século XIX para atopar un conflito armado co mesmo número de baixas civiles que o que se vive hoxe en día no inferno no que se ten convertido Gaza. Máis de dous tercios dos mortos son mulleres e nenos, persoas que nada ten que ver co conflito armado. Vai pasar a historia como unha das maiores masacres das últimas décadas”, recalcou un Raimundo que enfatizou no feito de que “o máis dramático é que coñecemos a solución, pero as entidades non temos acceso a entrar a salvar vidas, como levamos facendo en Gaza dende os anos 50. Poderiamos estar salvando a vida de milleiros de nenos nestes momentos. Hai moi poucos precedentes deste peche á axuda humanitaria”, lamentou.

Campo de refuxiados na Rede Acampa pola paz nos Xardins de Mences de Nunez
Campo de refuxiados simulado nos Xardins de Méndez Núnez

Do Brasil a Marruecos

Na presentación tamén estivo presente Celia Regina Rossi, mestra universitaria en Sao Paulo e coordinadora Acampa Brasil, que organiza o vindeiro mes de outubro o seu evento preto de Sau Paulo. Foi unha das que lanzou unha mensaxe de esperanza sinalando que en países de America Latina, Africa… hai máis vida máis alá da guerra.

Ismail El Mandoubi, mediador cultural e presidente da Asociaciación ExMenas, que ofrece atención e acompañamento a menores saídos dos centros de acollemento, enfatizou sobre a necesidade de “concienciar sobre a situación, narrando a súa realidade do tránsito dende a infancia nos países de orixe, pasando polos países europeos a como son atendidos polo sistema” neste continente. “Un pracer, dende Madrid, participar en Acampa, para romper prexuízos, aclarar bulos, e dicirlle non ao racismo, porque hai que lanzar a mensaxe de que España ten que mellorar a súa intervención nas fronteiras e non convertilas nun fin do mundo, senón convertilas en vías de esperanza para a xente que a necesita”.

Exposicion da Rede Acampa de Majdi Fathi
Majdi Fathi, o fotógrafo palestino autor da imaxe do cartel desta edición, non puido conseguir o visado para visitar a súa exposición

De Senegal a Guinea Bissau

A viaxe mundial continuou coa fotógrafa Ana Palacios, unha das autoras das mostras fotográficas, que nos leva polos nenos escravos de Benin e Gabón. Alertada por cifras como que hai 160 millóns de nenos esclavos no mundo (1 de cada 5 na franxa subsahariana), estsivo durante 3 anos comprobando no corno de África a realidade da infancia exclavizada, focalizando na “porta de atrás, na saída que podían ter estes nenos que sofren a infancia interrompida. Coñecín en centros dende punto 0 cando aínda están en algún proceso de trata ata o camiño de saída, para que consigan atopar un espazo seguro. Proceso completo, que rexistro nesta exposición, cun libro, e un documental”, explicou.

Tamén en clave fotográfica achegámonos ata Marta Moreiras, fotógrafa de Santiago de Compostela afincada en Senegal, que leva anos traballando con nenos e nenas con discapacidade de Guinea Bissau. “Son persoas doblemente vulnerables, viven nun dos países máis pobres do mundo, cunha inestabilidade política crónica, e unha falta total de servizos básicos. Non está en guerra pero está cheo de entidades sociais de emerxencia”, explicou. Leva dende 2016 cun proxecto de educación inclusiva para loitar contra os estigmas, sensibilizando as familias e os compañeiros, para ecolarizar estes “fillos de Satán”. “É moi difícil loitar contra estas convencións sociais, culturais”.

Pero Marta lanzou outra mensaxe de esperanza: “A sorpresa que me atopei onde un país onde hai un estado tan fallido, a sociedade organízase. Mesmo funcionaria sen estado a día de hoxe, gracias a organización social, veciñal… A pesar de todo, a humanidade florece. Vualá!”, rematou mesturando o seu galego e o seu francés.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

Programa

Por diante, quedan 3 días completos de charlas e eventos singulares, que podedes ver en redeacampa.org.

Máis novas

O Encontro Internacional Acampa volve converter os Xardíns no epicentro da solidariedade mundial

A activista nicaraguana Haydée Castillo e o voceiro de SOS Sanidade Pública recibirán o Recoñecemento Acampa

A Rede Acampa, Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade

Edición do ano pasado

A cidadanía herculina demostrou a súa conciencia crítica na Rede Acampa

 

Un incendio calcina dúas casetas de obra e un alpendre en Cambre sen deixar feridos

0

Os bombeiros apagaron un incendio rexistrado en Cambre que calcinou dúas casetas de obra e un alpendre, pero sen deixar feridos. No entanto, seis persoas si tiveron que ser evacuadas dunha vivenda.

Segundo informa o 112 Galicia, as chamas comezaron nunha caseta de obra metálica que ardeu por completo, mentres que o lume propagouse a outras dúas próximas, unha delas cunha cociña e un frigorífico. Tamén resultou afectado un vehículo estacionado no lugar.

A primeira chamada ao 112 foi sobre as 13.00 do mediodía, a través da Garda Civil de Tráfico, que indicaba que lle alertaron dunha casa ardendo no número 36 da rúa de Quintán. A partir de entón, distintos particulares chamaron para informar de que había moito fume preto do monte.

Seguidamente, activouse un operativo formado polos bombeiros de Arteixo e a Garda Civil, así como os bombeiros de Ordes, que estaban de camiño, e os de Betanzos, por se fose necesaria a súa intervención.

Unha vez alí, a Garda Civil confirmou que ardía moito, pero que non había persoas afectadas. Tras controlar a situación, sobre as 15.00 da tarde os bombeiros comunicaron o final dos traballos.

Rescatan o corpo dun home fronte á praia de Barrañán

0

Efectivos de rescate recuperaron o corpo dun home que apareceu flotando no mar, sen signos de violencia, fronte á praia de Barrañán en Arteixo, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

Un particular informaba a Emerxencias ao mediodía deste venres de que estaba a observar, desde a praia de Barrañán, un corpo que flotaba no mar, nunha zona de rocas. O 112 informou de inmediato a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil e a Policía Local e Protección Civil de Arteixo.

Unha vez na zona, a Policía Local confirmou a presenza do corpo no mar e a Garda Civil mobilizou un helicóptero, iniciando os labores de rescate. No operativo tamén participaron efectivos de Garda Civil por terra con vehículos.

DENUNCIA POR DESAPARICIÓN

Segundo informou a Garda Civil, nas últimas horas presentouse no Posto de Arteixo unha denuncia por parte duns familiares, que alertaron da falta dun home que saíra a pescar a noite deste xoves.

Efectivos deste corpo despregaron un dispositivo de procura e lograron localizar, na zona de Repibelo, en Arteixo, o vehículo do home desaparido, así como varias canas e útiles de pesca no seu interior.

Fontes da Comandancia explicaron que o corpo localizado este venres flotando no mar non ten signos de violencia e que se están realizando trámites para comprobar se pertence á persoa cuxa desaparición foi denunciada.

Alberto Pombo teceu pontes na Barbería entre a música pop e a literaruta galega

0

No corazón da Pesquería, nunha Barbería ateigada de xente, Xurxo Souto acompañou este pasado xoves 5 de xuño a Alberto Pombo na presentación do seu libro “Verso e acorde” [Ed. Xerais]. Un libro que fai unha reflexión sobre o dialogo que existiu, entre os anos 50 do século pasado e os anos 2000, entre a música pop e a literatura galega.

Xurxo destacou na presentación o feito de escoller unha zona tan representantiva para a música da cidade como é a Pesquería, así como todo o corazón que lle puxo Pombo a este libro, que xorde da súa tese doutoral, e que consegue trascender dunha mera escolma de datos, conseguindo enganchar ao lector a base de paixón.

Xurxo Souto con Alberto Pombo
Xurxo Souto con Alberto Pombo. Foto: Alberto Castaño

Unha obra que ademais de ser academicamente moi relevante enaltece as nosas letras a través da música. Dende os Tamara ou Andrés Dobarro, aos poetas máis importantes de finais do século pasado, moitos foron aparecendo na conversa pola Barbería, antes de que a sesón rematase coa participación do público entoando cantigas por todos coñecidas.

Verso e acorde na Barberia
Foto: Alberto Castaño

O polifacético mestre do IES Rafael Dieste, centra hoxe o foco noutro gran evento do que é parte fundamental: o festival Aquí tamén se fala, ese festival de música galega contemporánea formulado para a mocidade armado por un centro de ensino!

#Aquítaménsefala, o necesario festival de música galega para a rapazada

 

Investigan á propietaria dunha axencia de viaxes de Abegondo por estafar máis de 5.000 euros a un cliente

A Garda Civil investiga á propietaria dunha axencia de viaxes de Abegondo por presuntamente estafar 5.105 euros a un cliente na contratación dun paquete vacacional. Segundo informou o Instituto Armado, a investigación iniciouse tras a denuncia dunha veciña de Zas que contratou o paquete e non recibiu o reembolso tras cancelar a viaxe.

A denunciante contratou o 10 de maio de 2023 o paquete coa axencia e realizou o pago en dúas transferencias. Posteriormente, o 25 de agosto dese mesmo ano, o cliente cancelou a viaxe por unha emerxencia familiar.

Neste sentido, aínda que a investigada aceptou a cancelación, comezou a eludir ao cliente, xustificándose “con escusas e bloqueándoa telefonicamente”.

En maio de 2024, a afectada tentou contactar novamente coa axencia e conseguiu recibir un reembolso parcial de 805 euros en dúas transferencias. Durante a investigación, a Garda Civil descubriu que os voos non estaban reservados e que a reserva do hotel foi cancelada sen efectuar ningún pago.

Ademais, constataron que a investigada ten antecedentes por dous delitos de estafa similares. Ante isto, o martes tomaron declaración á propietaria da axencia en calidade de investigada por un suposto delito de estafa. Os axentes remitiron as dilixencias instruídas ao xulgado de garda de Corcubión.

O goberno de Cambre volverá levar a pleno o suplemento rexeitado pola oposición para “pagar facturas pendentes”

0

O goberno local da localidade coruñesa de Cambre (Unión x Cambre) destacou que traballa para levar ao pleno de xuño o suplemento de crédito e crédito extraordinario que non saíu adiante en maio ao ser rexeitado pola oposición.

Así o destacou o Consistorio nun comunicado, no que sinala que PP, PSOE e BNG expuxeron aprobar só as partidas correspondentes ás subvencións pendentes a entidades, proposta que tamén ía incluída no suplemento promovido polo goberno, “deixando así fóra as partidas para seguir liquidando a débeda coas empresas”.

O goberno local sostén que o suplemento de crédito e crédito extraordinario ía servir, como sinalou a alcaldesa, María Pan Lesta, para abonar aquelas facturas de 2023 que non se puideron incluír no recoñecemento extraxudicial de crédito aprobado o 20 de maio por falta de crédito, segundo o informe emitido por Intervención.

Así as cousas, apunta que o goberno de Pan Lesta empregará estes 30 días de ‘impasse’ que quedan para aprobar inicialmente os orzamentos de 2024 (en caso de non prosperar unha moción de censura), para seguir dando pasos e avanzar en solucións. Nesa liña, levará a pleno esta proposta para habilitar o crédito necesario para pagar posteriormente (a través doutro recoñecemento extraxudicial de crédito) 643.061,70 euros en facturas pendentes de 2023 e que contan con todos infórmelos pertinentes. Con ese suplemento preténdese tamén repor os 2,1 millóns de euros consumidos nese pago de facturas do ano 2023.

Así mesmo, buscará garantir que certas partidas do orzamento prorrogado do ano 2023 (agora en vigor) deixen de estar con saldo negativo, para garantir os compromisos de gasto deste ano en materia de servizos básicos.

Nos últimos días, o Concello procedeu a abonar as facturas incluídas no recoñecemento extraxudicial aprobado en maio. Respecto diso, a rexedora sinalou que “aínda que se trata dunha boa noticia para as empresas, que ven polo menos saldada parte do que se lles debe, o problema non está resolto e seguen dando pasos nese sentido para liquidar a débeda do ano 2023 e licitar os servizos que están en precario”.

LIQUIDAR DÉBEDA

A rexedora lembrou que Unión x Cambre promoveu, nos últimos meses, dous recoñecementos extraxudiciais e decretou, ademais, a emerxencia sanitaria para solucionar os problemas de limpeza, “actuando sempre con valentía e levantando a man cando se trata de asuntos importantes para o municipio”.

“Non lle pido aos grupos que fagan o mesmo que este goberno, porque entendo a responsabilidade que leva levantar a man no pleno cos informes en contra das habilitadas nacionais. O único que lles pido é que faciliten a aprobación destes puntos absténdose, todo para que Cambre poida seguir avanzando cara á normalidade”, indicou.

Mariscadores da ría do Burgo demandan o pago de axudas mentres non poidan faenar nunha nova protesta

0

Mariscadores da ría do Burgo demandaron o pago de axudas mentres non poidan faenar tras a conclusión das obras de dragado e á espera de que crezan as crías. Fixérono nunha nova protesta na zona da Pasaxe e tras unha reunión hai unha semana con representantes da Administración central e da Xunta.

Manuel Baldomir, portavoz dos mariscadores, explicou a Europa Press que nese encontro quedou en celebrar un novo despois de que o Estado manifestase a súa vontade de destinar unha partida ás axudas para o sector.

“A condición de que a Xunta tamén achegase para afrontar os pagos”, precisou ao explicar que a Administración galega quedou en ver “a forma de encadrar algún tipo de convenio para dar unha saída”.

A CIG pide o cesamento do edil de Emprego por posible “incompatibilidade” no seu cargo no sector da dobraxe

A CIG solicitou o cesamento do concelleiro de Emprego, Juan Ignacio Borrego, ao entender que “a súa actividade como representante da patronal do sector da dobraxe resulta incompatible coa súa actividade como representante público”.

“Ademais das incompatibilidades legais que poida supor ter dedicación exclusiva como edil da corporación municipal da Coruña e representar ao mesmo tempo á patronal da dobraxe”, afirma, cuestiona “o carácter ético desta dobre actividade”.

Fano, explican, “por estar a negociar” o edil “o convenio galego de dobraxe en nome da asociación empresarial AEDOG que pretende recortar os poucos dereitos do persoal do sector”. Respecto diso, asegura que se trata dun colectivo que leva “máis de 18 anos” sen recibir o salario que establece o convenio colectivo.

POSTURA MUNICIPAL

Respecto desta petición, fontes municipais consultadas por Europa Press sinalaron que o edil “como calquera outra persoa, ten dereito a participar en asociacións en cargos que non teñen remuneración algunha”.

“E en actividades que non teñen ningunha incompatibildiad co seu cargo por ser completamente alleas a el”, apostilaron para manifestar tamén que o edil se reserva “o seu dereito de emprender accións legais ante acusacións totalmente falsas”.