Inicio Blog Páxina 512

As hortas do Parque Adolfos Suárez colgan o cartel de completo

0

Quedaron asignadas as parcelas das hortas urbanas do parque de Adolfo Suárez. En total, asignáronse na segunda convocatoria 38 parcelas e tres mesas, que se suman ás 49 xa en funcionamento. Quedan ademais 62 persoas en lista de espera, o que dá conta da gran aceptación destas ecohortas urbanas

As persoas adxudicatarias teñen ata o 1 de marzo para asinar a acta de aceptación da parcela e recoller as chaves.

Ás de Visma súmanse as hortas urbanas xa existentes nos barrios da Agra do Orzán, Novo Mesoiro e Eirís ofertando un total de 318 parcelas individuais, 24 mesas de cultivo individuais, 4 parcelas de uso común e 4 mesas de cultivo. O novo espazo de ecohortas do parque de Adolfo Suárez suma unha superficie de 4.478 metros cadrados, con 28 metros cadrados de superficie por parcela, e está adaptado para as usuarias e usuarios con mobilidade reducida.

O espazo conta con iluminación nos principais percorridos de acceso e paso das persoas
usuarias así como a de tomas de auga compartidas para cada dúas unidades de terreo.
Durante as obras instalouse, ademais, unha edificación auxiliar de 91 metros cadrados
destinada a usos veciñais, así como para almacenar o material comunitario, obxectos
persoais e de aseo. Tamén conta cunha pía para o lavado de calzado, ferramentas e vexetais, un composteiro común, un xardín de plantas aromáticas e tamén se reservou o espazo preciso para crear, nunha seguinte fase, un invernadoiro que tería a función de sementeiro colectivo para as persoas usuarias das hortas urbanas do parque.

Máis novas

A “imparable” marea de cemento que invadirá á illa verde do CEIP San Pedro de Visma

O carril bici conectará Someso co campus de Elviña

0

A necesidade de conectar o carril bici coa Universidade é patente. De aí que o Concello vaia remodelar e ampliara o carril bici no barrio de Someso, conectándoo coa rede existente no campus de Elviña, actuando sobre o antigo treito de carril bici que bordea o centro comercial Espacio Coruña.

Os traballos centraranse en dar continuidade ao treito de carril bici da avenida da Universidade, construído e habilitado a mediados do ano pasado. Desta forma, ampliarase o percorrido actual bordeando o CIFP de Imaxe e Son, a rotonda da propia avenida e a glorieta da rúa José Pascual López Cortón, conectando este novo treito de carril bici cun xa existente, mais infrautilizado ata agora: o que discurre en paralelo ás ramplas de acceso e saída do párking do centro comercial Espacio Coruña.

O carril bici chegará á contorna do pavillón polideportivo da UDC

Os traballos para ampliar o percorrido do carril bici de Someso permitirán que as persoas usuarias do mesmo cheguen ao campus universitario de Elviña. Concretamente, á contorna do pavillón polideportivo da Universidade da Coruña (UDC), a escasos metros do estadio universitario e as pistas de atletismo. A conexión ciclista de Someso co campus de Elviña é posible grazas á senda ciclable que, partindo desde a rúa Lamelas, discurre baixo o viaduto da avenida García Sabell e, a continuación, pasa por baixo da rede ferroviaria na que se atopa o apeadoiro Elviña-Universidade. Este treito tamén será renovado e mellorado

Hoxe arrinca nos Rosales e Labañou o Plan de Limpeza Intensiva Barrio a Barrio

0

Pon en marcha hoxe, luns 19 de febreiro, o Concello da Coruña un plan especial para garantir unha limpeza intensiva e en profundidade nas rúas, beirarrúas e, en xeral, nos espazos públicos da cidade.

O plan, denominado Barrio a Barrio é unha medida complementaria e adicional que se suma ao servizo habitual de limpeza viaria (que recuperou a normalidade a pasada semana co acordo laboral), e que terá continuidade no tempo, xa que o obxectivo é que o plan chegue a todos os barrios da Coruña a través dun formato rotatorio mensual.

Hoxe a brigada especial comeza a traballar os barrios dos Rosales e Labañou, onde se intensificará a limpeza viaria das rúas con hidrolimpiadoras e baldeo de alta presión. Ademais, ampliarase o servizo de barrido mecánico.

Estarán durante 4 semanas nestes barrios, e despois pasarán aos da Agra do Orzán. De seguido farán o propio con barrios como o Ventorrillo e a Sagrada Familia, distritos nos que tamén se executará este plan de carácter mensual atendendo tamén ás súas necesidades específicas.

Máis novas

Acordo entre Comité e empresa para recoller o lixo tras días de residuos na rúa

‘Cultura contra a barbarie’: a gala solidaria con Palestina

0

Coruña volve amosar o seu apoio á causa Palestina, coa gala ‘Cultura contra a barbarie’. Este acontecemento celebrarase o vindeiro 13 de marzo a partir das 20.30 horas, no Teatro Rosalía de Castro. Unha gala organizada por Culturactiva e Pallasos en rebeldía.

O espectáculo estará presentado pola actriz Isabel Risco e contará coa participación de Fillas de Cassandra, Xosé A. Touriñán, Dani García, Xurxo Fernandez, Sue Moreno, Alfredo Muíño, Sahar Shatat e Iván Prado.
Estes elenco de artistas galegos súmase así a outras celebridades do mundo da música como Rozalén, Coque Malla ou Ismael Serrano que xa expresaron o seu apoio á causa palestina, e que o público coruñés terá oportunidade de presenciar ao longo de 2024 na cidade.

As entradas terán un prezo único de 10 euros, e todo o que se recade irá destinado á Gaza Stars Circus School, unha entidade local coa que colabora Pallasos en Rebeldía, e que traballa directamente con nenos e nenas, proporcionándolles bens básicos como alimentos, medicinas e roupa. As entradas poderán adquirirse a través da plataforma Ataquilla.

18F.- Na provincia da Coruña, o PP perde un deputado e queda en 13, o BNG gaña 2 e o PSdeG baixa 1

0

O PP perde un deputado na provincia da Coruña, de forma que queda en 13, co 100% escrutado. Igualmente, o PSdeG perde un escano e sitúase con tres. Deste xeito, o Bloque convértese na única forza en subir, con dous deputados máis, e alcanza os 9.

Na provincia, o PP foi primeira forza en todos os Concellos agás en Fene, Mugardos e Corcubión.

Os resultados, co 100% escrutado, son os seguintes:

SIGLAS ESC’24 VOT’24 %’24 ESC’20 VOT’20 %’20
PP 13 288.911 47,67 14 263.293 49,15
BNG 9 197.929 32,66 7 133.144 24,85
PSdeG-PSOE 3 78.458 12,94 4 89.767 16,75

Os datos relativos a votantes, abstención e nulos son os seguintes:

COMICIOS VOTANTES ABSTENCION BRANCOS NULOS
2024 611.214 33,82% 5.865 5.220
2020 539.996 50,37% 5.352 4.321

 

Máis info

Resultados das Eleccións Galegas 2024 na cidade da Coruña

Resultados das Eleccións Galegas 2024 na cidade da Coruña

0

O PP tamén venceu na Coruña, mantendo a vantaxe das pasadas Autonómicas de 2020. A gran subida do BNG non foi suficiente, como acontece en toda Galicia, pola caída do PSOE.

Chave foi a experiencia da esquerda vivida nas municipais no marco da esquerda, cando Por Coruña (Podemos) e Sumar quedaron sen representación “malgastando” case 9.000 votos, o provocou a concentración do voto no BNG e deixa a Sumar e Podemos sen representación en toda Galicia.

Aquí deixamos o resultado das Eleccións Galegas 2024 en Galicia cun escrutinio do 99%.

Eleccions Galegas 2024 resultados
Resultados en Galicia

O de Cambre, o Entroido pequeno máis grande do mundo

0

Ata este domingo durou o diverso Entroido de Cambre. Pechou unha boa quincena de troula co Entroido co Enterro da Sardiña, no que se lle entregou o enterro eterno ao ‘Choqueiro’. Un velorio celebrado grazas á colaboración dos grupos de teatro Camtteam e Dis que fan, que colocaron nun carro ao boneco e o levaron de procesión ata os Muíños de Norgasa, onde tivo lugar o tradicional lanzamento ao río. A música de Santa Compaña amenzou o acto.

Enterro da Sardina do Entroido de Cambre 2024

O ‘Choqueiro’, tamén coñecido como ‘Meco’, é un personaxe vinculado ás desviacións morais e ao que se lle atribuían epítetos como ‘lacazán’ ou ‘lambón’. De feito, é coñecido pola súa debilidade pola comida ou o diñeiro.

Sequito de viuvas do Entroido de Cambre 2024
Séquito de viuvas do Enterro da Sardiña co meco

Entroido pequeno máis grande do mundo

Entroido de Cambre 2024 1

Ademais, na xornada do sábado, celebrábase o concurso de Entroido Pequeno Máis Grande do Mundo, que reuniu a centos de persoas. Na comitiva entroideira non faltaron ximnastas, galiñas e outros animais,
prisioneiros, personaxes de Avatar e mesmo do circo.
O evento incluíu, non só un desfile e concurso de disfraces, carrozas e comparsas, pero tamén música de Juan “El Chunguito”, Aixa Romay e a Orquestra Miramar.

O herculino Iago Gordillo faise cun Premio Youtubeiras

0

Desenvolveuse onte no Teatro Principal de Santiago a Gala de Entrega dos Premios Youtubeiras. Eses premios artellados por varios Servizos municipais de Normalización Lingüística do país, ademais da Deputación da Coruña e as Universidades galegas, que trata de “incentivar, consolidar, difundir e fortalecer a creación de vídeos en galego na rede”.

Os premios que mellor recollen a creación en galego nas redes, chegaban á final da súa sétima edición, unha cita á que chegaban 18 finalistas, unha verdadeira mostra do talento da nosa mocidade.

Foi unha gala guiada por Nuria Vil e Gabi Fuentes coa música de Mondra.

Premios Youtubeiras Mondra_1
Mondra en marcha

Entre os gañadores, atopamos un coruñés como Iago Gordillo, que levou o premio Youtubeira pola súa creatividade no @recunchogamer un dos mellores espazos galegos vinculados cos videoxogos.

Premio Pioneiro_Ficacoabola
Anxo Tato de @Ficacoabola

Hai moita calidade como na Canle Pioneira gañadora, a canle deportiva de @FicaCoaBola, do locutor da radiogalega Anxo Tatom ou o gañador do Premio maior, a canle @Ouke_gal, xornalismo con humor da nosa mocidade.

O xa clásico a pesar da súa mocidade olaxonmario levou o premio á Calidade Lingüística.

Malva levou o premio ao mellor vídeo e O Faiado Podcast levou o Premio Relevación.

Premios Youtubeiras-Premio Rede_Youtubeengalego
A Rede_Youtubeengalego

Un fermoso paso deu a Rede @GalegoTube, desenvolto polo Obradoiro dixital galego de Fran da lobeira e Isaac de podgalego, para ir creando esa rede común e necesaria.

Os comprometidos vídeos de Savia Nova levaron o premio do público.

 

Foto Familia Gañadoras Youtubeiras 2024
Foto de familia de todas as gañadoras

Revisa o talento da nosa mocidade

18 finalistas para os Premios Youtubeiras demostran o talento en galego na rede

Unha fronte fría afectará a Galicia no domingo electoral

0

A xornada electoral do domingo 18 de febreiro coincidirá coa chegada a Galicia dunha fronte fría polo norte, polo que de mañá predominarán as nubes baixas e o orballo na provincia da Coruña.

Así, segundo datos de Meteogalicia, esta fronte deixará en todo o territorio galego ceos cubertos que, a partir de mediodía, poderían deixar precipitacións nas provincias de Lugo, A Coruña e o norte de Pontevedra.

En cambio, na provincia de Ourense e no sur de Pontevedra, a pesar de que tamén se prevén ceos encapotados, a probabilidade de que a cidadanía acuda aos colexios electorais con choiva será inferior ao resto da Comunidade.

En canto ás temperaturas, as mínimas experimentarán un lixeiro ascenso con respecto a días anteriores, mentres que no terzo norte as máximas descenderán.

Así, os termómetros alcanzarán o domingo de votación unhas máximas que oscilarán entre os 15 graos da Coruña e os 21 de Ourense, mentres que as mínimas situaranse entre os 9 graos de Lugo e Ourense e os 12 de Ferrol e A Coruña.

A rede da A.C. Alexandre Bóveda

0

A Asociación Cultura Alexandre Bóveda é un verdadeiro foco cultural de vertixe, ata o punto que é complicado seguirlle o paso e poder publicarlle cada evento, cada acto. Pero elas xa non contan coa prensa, nin coas administracións para encher os auditorios, ou para encher as rúas. Bástalle a rede de fieis que disfrutan coas continuas actividades culturais que arman semana tras semana.

Sita no 1º do eterno e vivo Circo de Artesáns, a entidade gusta de sacar os seus eventos á rúa. Aínda o vindeiro 23 de febreiro sacará unha lectura colectiva ás portas do Teatro Rosalía polo Día de Rosalía, pero é que nunha mesma semana poden ter programa 5 ou 6 días. Sesións de Internacionalismo, de pintura, de lusismo, de lendas, de teatro, de resistencia cultural, de poesía, de arqueoloxía, presentacións de libros de aquí e dalá… (“hai que ofrecer eventos diversos”, explica María Xosé para ter sempre xente… E Roteiros Literarios.

Os Roteiros da entidade merecen un apartado especial. É aí cando María Xosé Bravo e Carmela Galego, presidenta e vicepresidenta, funden as súas experiencias, as súas cabezas comezan a carburar para armar eventos como o roteiro polos Xardíns de Méndez Núñez, no que a cousa se desbordou con máis de 200 persoas…

Roteiro literario da AC Alexandra Boveda nos Xardins
Imaxe dun Roteiro literario da AC Alexandra Bóveda nos Xardíns

Paso a paso, persoa a persoa, relato a relato, vínculo a vínculo, non deixan pasar un só detalle para artellar cada evento, demostrando un agarimo, un compromiso, unha conexión extrema.

A web acorunaliteraria.gal

Falan do seu proxecto A Coruña das Mulleres, pero contan con especial agarimo o traballo realizado, “todo sempre con xente da casa”, na web acorunaliteraria.gal. Espazo que cumpre un ano nestas datas, e que recolle innumerables detalles da historia da nosa cidade, así como anécdotas curiosas (o crowfundind de Rosalía de Castro, por exemplo).

Espectacular é o material colleitado para facer o Mapa Literario, e máis aínda para a lista de roteiros literarios para os que ata ofrecen unha unidade didáctica perfilada para quen queira organizalo pola súa conta.