Inicio Blog Páxina 525

A rapazada gozou cos deportes urbanos dos Street Games

Sorteo ao tempo a vila herculina para poder disfrutar dunha fin de semana chea de deportes urbanos. A caravana dos streetgames permitiu que centos de rapaces e rapazas, e non tanto, disfrutasen de deportes como o breakdance, o parkour ou a escalada.

O muro flotante foi todo un espectáculo, con competicións de máximo nivel. Así os primeiros premios do OPEN de Velocidade celebrado nos Street Games Coruña foron para Araceli Vale en categoría feminina e Xael García en masculina.

O muro flotante sobre a dársena / StreetGames Coruña

Pero as xornadas serviron sobre todo para que a rapazada coñecese de preto esas prácticas que só ven nos vídeos de youtube. Puideron aprender cos monitores de Motion Academy os trucos máis básicos do parkour, para poder comezar a saltar facendo do mobiliario urbano un slalom. Puideron dar os seus primeiros pasos e soltar todo o flow no chan cos bailaríns da Vella Escola.

Puideron, en definitiva, mamar un pouco máis a cultura urbana.

Breakdance coa Vella escola

Novo Dépor, as vellas solución

0

Volveu caer nas mesmas decisións a sixilosa directiva do Real Club Deportivo da Coruña. Ante as queixas dunha parte sempre insatisfeita da afección branquiazul, e cando apenas ían 7 xornadas de Liga, o club prescinde de Borja Jiménez e contrata inmediatamente a Óscar Cano.

Cano é o 16º adestrador que se senta no banco de Riazor nos últimos 11 anos. E parece complicado atopar algún cambio de director de orquestra que lle sentanse ben ao equipo e ao club.

Moitos se preguntan nas bancadas como é que se tan pouco crédito tiña que nin ata a xornada 8 chegou, a pesar de manterse nunha zona morna da táboa sen despegarse da parte de arriba, non o destituíran ao remate do partido de Albacete, cando o equipo perdeu o ascenso na prórroga.

O novo míster estreouse con vitoria este pasado domingo Riazor ante o Linares, e a reflexión máis lida nos medios herculinos era a de “resurrección”, unha lectura difusa cando nin o Dépor estaba morto, nin o xogo despregado polos 11 branquiazuis sobre o céspede, nin as sensacións de tensión ata o último segundo, distou demasiado do vivido hai apenas dúas semanas ante o Talavera no templo coruñés.

Esperamos que a chispa que sempre se encende nos futbolistas co cambio de adestrador non se convirta en soufflé.

O BNG aposta por construír o ‘bypass’ ferroviario de Betanzos

0

A falta de aposta polas infraestruturas ferroviarias é algo continuo. E así o denuncia desta volta, o BNG que lamenta o “escaso investimento” para a comarca das Mariñas que expón o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para o 2023.

O BNG considera prioritario a mellora da seguridade viaria e as infraestruturas e servizos ferroviarios, como a construción do ‘bypass’ en Betanzos e a implantación do servizo de proximidade. Unha obra demandada durante décadas que permitiría reducir o eterno traxecto A Coruña-Betanzos-Ferrol.

O ORZAMENTO DE 2021 “NON SE EXECUTARON”

“Os orzamentos de 2021 recollían unha partida de 120.000 euros pero non se executaron, o ano pasado contemplaban unha de 170.000 que tampouco se executou”, denunciou Rego, que sinalou que segundo os estudos realizados o proxecto “podería chegar a custar entre 20 e 40 millóns”.

PUNTOS NEGROS DA N-6

Noutra orde de cousas, o BNG demandou que o PGE para o 2023 “tampouco contemplan investimentos suficientes para mellorar a seguridade viaria, a iniciar pola N-6 ao seu paso polos concellos de Coirós, Bergondo, Aranga e Betanzos”.

A Marea esixe ao Concello da Coruña medidas contra a seca prolongada

0

A Marea Atlántica esixiu ao Concello da Coruña que expoña as medidas adoptadas ata o momento e as que ten intención de asumir para solucionar a situación de seca prolongada existente na actualidade.

Así o manifestou a través dun comunicado, no que reclama “actuar sen máis dilación” e insta á alcaldesa herculina, Inés Rey, a convocar ao Consello de Emalcsa e a coordinarse con “todos os municipios” que se abastecen do encoro de Cecebre.

O escrito alerta de que o nivel de reservas de auga desta presa está no 38%, “algo inédito para un mes de outubro cando o normal é que supere o 65%”.

 

A Xunta sitúa no 2023 o tope para comezar a construír a ‘torre polivalente’ da ampliación do CHUAC

0

O proxecto da denominada ‘torre polivalente’, o centro desde o que, entre outros servizos, se administrará o complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) coa súa ampliación, será sometido a partir deste luns ao proceso de información pública.

Será un edificio que funcionará como nexo entre as novas edificacións e o hospital actual, a través dunha pasarela elevada. Na súa construción, que comezará o próximo ano, destinarase un orzamento de 35,9 millóns de euros.

O proxecto que será “unha das primeiras obras visibles” do edificio hospitalario, que a día de hoxe é “un quebracabezas a nivel construtivo e un sudoku a nivel administrativo”. Esta primeira peza situarase na parcela sen edificar que está situada á beira do actual complexo hospitalario, desde o que se administrará todo o hospital.

A ‘torre polivalente’ disporá de dous accesos e construirase sobre terreos públicos. Ocupará 4.500 metros cadrados e albergará 13.700 metros de superficie construída que se distribuirán en 16 pisos.

FUNCIONALIDADE

O trámite de información pública a efectos expropiatorios da parcela de 119 metros cadrados do aparcadoiro privado existente nas inmediacións é necesaria para executar este edificio, que albergará a administración, as áreas de xestión sanitaria, os laboratorios e o ‘hotel de pacientes’, con 14 habitacións.

O proxecto de orzamentos que a Xunta aprobará esta semana consignará 28,5 millóns de euros nas contas da Consellería de Sanidade para as expropiacións, as obras e os equipamentos pola ampliación do Chuac. “Importe suficiente” para o avance das obras do citado edificio, que terán un prazo de execución de 12 meses.

ACCESOS

A Xunta lamenta que o goberno local rompa a súa palabra ofrecida en febreiro de 2021. cando se comprometía a financiar “a totalidade” dos accesos.

Vázquez acusoulle de non querer “abordar e dialogar” sobre esta cuestión e engadiu que foi durante a reunión da alcaldesa herculina, Inés Rey, co presidente da Xunta, Alfonso Rueda –celebrada o pasado 4 de outubro– cando se trasladou que non se financiaría o 100% dos accesos.

“Unicamente financiará o 40% raspado do investimento e renuncia a solicitar á Deputación da Coruña a cofinanciacion da obra”, indicou a conselleira, que apostilou que a Xunta financiará a parte restante.

 

A Xunta reitera a súa aposta pola pasarela entre Oleiros e A Coruña a pesar das críticas de ambos concellos

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, cualificou de “incomprensible” que os concellos da Coruña e Oleiros se opoñan á construción dunha pasarela peonil que une a ambos os municipios a través do areal de Santa Cristina.

“Sen argumentos técnicos, ambientais e legais”, dixo a conselleira a preguntas dos xornalistas durante a presentación do proxecto da ‘torre polivalente’ do novo complexo hospitalario da Coruña (Chuac). En concreto, respondeu así ao ser preguntada pola intención do alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, de reunirse coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey para facer “fronte común” contra a infraestrutura que unirá a duna da praia de Santa Cristina e Oza por considerala unha “aberración”.

Vázquez insistiu en que é “incomprensible que se renuncie a fondos de reconstrución” e tamén que se “bloqueen” proxectos con “unha aposta clara pola mobilidade sustentable, segura e saudable”.

CRITICAS DESDE A CORUÑA

En resposta a estas afirmacións, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acusou ao Goberno galego de “deslealdade” e cuestionou que a pasarela anunciada sexa a “forma máis idónea” para incentivar a mobilidade sustentable.

Inés Rey, que mostrou a súa disposición a reunirse co alcalde de Oleiros, reprochou ao Goberno galego que expoña o proxecto “sen acordar”, ademais de incidir no “impacto ambiental”.

Un Rosairo para todos os públicos

Auténticas e simbólicas as Festas do Rosario que se celebraron esta pasada fin de semana na Coruña. A Asociación de Veciños da Cidade Vella traballou arreo para ofrecer unha marea de actividades para toda a familia.

A máxica Praza de Azcárraga foi un dos grandes fervedoiros culturais. Acolleu o xoves o pregón de Luís Pousa e ao longo da fin de semana foi recibindo músicos familiares como Sito Sedes ou Pablo Díaz, contacontos como Pablísimo, ou concertazos como o que ofreceu Exit na calurosa noite sabatina.

Gran ambiente en Azcárraga para ver á banda local Exit, tocando outside tras unha década como residentes na MardiGrass

 

View this post on Instagram

 

A post shared by EXIT (@exit_rocks)

Unha das grandes citas do programa era o concerto que Los Enemigos deron a noite do venres no Parrote. Cuarentóns e cinquentóns botaron de menos unha barra onde levar algo á boca, pero gozaron e cantaron os míticos temas da banda de R&R que tanto vén por Galicia.

O domingo foi tempo de hockey, claro, no Dominicos, e sesión vermú entre Troncoso e a Praza da Constitución, outros dous espazos ben acaecidos para acoller eventos culturais.

As Noites do Ciclo de Concertos continúan este 13 co Concerto de Cámara na Capitanía e o 15 co concerto matinal no Museo de Belas Artes e pola tarde na Igrexa de Santo Domingo.

A Coruña acolle este fin de semana o evento de deportes urbanos Street Games

A Coruña acolle este fin de semana o evento de deportes urbanos Street Games, unha cita instalada no Parrote e que visitou este venres a alcaldesa, Inés Rey. Nela, a rexedora remarcou que se contará cun centenar de deportistas de alto nivel procedentes de diferentes países. Ademais, celebrou o regreso das xornadas á cidade tras tres anos de ausencia pola pandemia.

Entre outras, destacou a presenza do primeiro muro de escalada flotante do mundo, que estará atracado na dársena do Parrote e que contará cun muro de velocidade e o denominado ‘Psicoblock’. Tamén haberá talleres e exhibicións de bailes urbanos abertos á cidadanía, así como actuacións musicais e DJ’s con experiencias como o parkour ou o break dance, ademais da escalada.

FESTIVAL DE ARTE

Ademais, Intersección, o festival de arte audiovisual contemporáneo, celebrarase na Coruña do 18 ao 23 de outubro, segundo informa a organización. A programación do festival céntrase en obras creadas por artistas no cruzamento da arte contemporáneo e o cinema de vangarda, sendo un dos poucos en Europa con estas características, apunta.

Intersección será o primeiro evento celebrado no antigo Cinema París tras anos sen actividade. Este histórico edificio da cidade herculina será a sede principal do festival, xunto á Fundación Luís Seoane e a Filmoteca de Galicia. No evento, participarán máis de 120 cineastas, artistas e outros profesionais, procedentes de países como Alemaña, Italia, Reino Unido, Portugal, Hungría, Suíza ou Ucraína.

O Cinema París acollerá gran parte das sesións de Intersección, unha zona con oferta gastronómica e, ademais, unha das seccións máis novas deste ano: unha instalación de realidade virtual coa que o público poderá mergullarse na obra do artista ucraíno Sergey Prokofiev e a alemá Tin Wilke.

O Chuac realiza un transplante pioneiro a un menor tras dous meses conectado a un corazón artificial

0

Un equipo do complexo hospitalario coruñés (Chuac) realizou o primeiro transplante cardíaco infantil en asistencia ventricular minimamente invasiva de España. Foi, segundo informa, o pasado 7 de setembro, de madrugada, por parte do equipo médico de Cirurxía Cardíaca Infantil do Hospital Público Universitario da Coruña, que levou a cabo con éxito o primeiro transplante cardíaco infantil nun menor con esta técnica.

Desde que entrou en urxencia cero para un transplante, explica o centro, o mozo, de 14 anos, estivo dous meses na UCI conectado ao corazón artificial ata que apareceu un órgano compatible. Deste xeito, o hospital público coruñés convértese no primeiro centro, dos seis de toda España con programa de transplante cardíaco infantil, en abordar cunha asistencia ventricular mediante técnica minimamente invasiva, un transplante cardíaco infantil nun neno.

Esta técnica é utilizada en adultos con problemas cardíacos graves xa que facilita que, á espera dun órgano compatible co receptor, este chegue ao transplante nunhas condicións excelentes. Desde o centro, apuntan que a experiencia en adultos permitiu abordar “esta complicada técnica nun menor, coas máximas garantías”.

IMPLANTE DO CORAZÓN ARTIFICIAL

O implante da asistencia ventricular minimamente invasiva realízase mediante unha pequena incisión na parte lateral esquerda do tórax. A continuación localízase a punta do corazón e introdúcese unha cánula que extraerá o sangue do paciente para, posteriormente, a través dunha punción na arteria femoral, devolvela ao torrente sanguíneo coa presión idónea permitindo unha correcta perfusión dos órganos. “Con este dispositivo conséguese substituír a función do corazón en condicións excelentes á espera da aparición dun órgano compatible”, explica o centro.

PACIENTE DE FÓRA DE GALICIA

O paciente é un mozo de 14 anos de fóra de Galicia que se atopaba de vacacións en Vigo cando sufriu un síncope en plena rúa e foi trasladado de urxencia ao hospital cunha disfunción ventricular que provocou unha insuficiencia cardíaca aguda. Posteriormente trasladouse ao hospital universitario da Coruña para implantarlle un dispositivo de asistencia ventricular que suplise a función cardíaca.

Ao ser un paciente doutra comunidade autónoma, activouse o protocolo do programa ‘Fogar de Corazóns’, financiado integramente pola Fundación María José Jove, que permite o aloxamento dos seus familiares sen custo algún nos hoteis da cidade destinados a tal fin.

Sobre a intervención cirúrxica que finalmente levou a cabo, apuntan que “foi todo un un éxito” polo que dez días despois “o paciente foi dado de alta no hospital realizando o seguimento da súa evolución de maneira ambulatoria”.

A alcaldesa da Coruña pide máis implicación da Xunta para a loita contra as patoloxías da saúde mental

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta mañá a lectura do manifesto do Día Mundial da Saúde Mental, na praza de María Pita. Nela, pediu máis implicación da Xunta para a loita contra as patoloxías da saúde mental.

A rexedora estivo acompañada pola concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, e diferentes membros da Asociación Pro Enfermos Mentais Galicia-Coruña, entre eles o seu vicepresidente, Jaime García. Asistiron tamén usuarios, usuarias e familiares vinculados a esta entidade, que luciron pezas de roupa de cor verde para visibilizar estas enfermidades.

Inés Rey pediu, durante a súa intervención, unha maior implicación da autoridade competente en saúde mental, o Sergas, a través da Xunta de Galicia. Destacou, ademais, os avances conseguidos este ano neste campo desde o Concello da Coruña, que contará, en moi pouco tempo, co seu primeiro Plan de Saúde Mental, en proceso de licitación.

“Este plan protexerá os dereitos das persoas con problemas de saúde mental e reforzará a colaboración coas asociacións, así como a participación cidadá”. “A infancia e a mocidade, así como as persoas en situación de vulnerabilidade social, serán a nosa prioridade“, apuntou a rexedora.

A alcaldesa tamén aludiu á necesidade de traballar de maneira conxunta con outras administracións e asociacións do sector. O goberno municipal, en colaboración coa Fundación María José Jove, puxo en marcha este ano o proxecto Norte, orientado á mocidade para a prevención de condutas autolesivas.