Inicio Blog Páxina 611

O proxecto Concello Dixital da Deputación da Coruña, Premio Socinfo Dixital ‘Galicia TIC’

O proxecto de transformación dixital das entidades locais da Deputación da Coruña, Concello Dixital, foi galardoado co Premio Socinfo Dixital ‘Galicia TIC’ á interoperabilidade eficiente.

Este galardón valora a capacidade do nodo de interoperabilidadeNIDeC, desenvolvido ao redor da plataforma de tramitación electrónica TEDeC, núcleo tecnolóxico do ecosistema Concello Dixital.

A entrega tivo lugar durante a clausura da xornada ‘Prioridades TIC ás AAPP de Galicia ante os Fondos Next Generation’, celebrada na sede de Afundación de Santiago de Compostela. A xefa da sección de Administración Electrónica da Deputación da Coruña e directora do proxecto Concello Dixital, Pilar Fernández Caeiro, dedicou o premio a “os máis de 3.000 traballadores e traballadoras públicos das entidades locais da provincia”.

Instaladas 3 novas estacións de BiciCoruña no polígono de Agrela, no Marineda e no Abente y Lago

Xa son 40 as estacións habilitadas nos barrios da Coruña, para o uso e disfrute do servizo de BiciCoruña. Un servizo que aínda ten marxe de mellora pero que xa supón un cambio no paradigma da mobilidade da cidade.

Ao longo desta semana, xa entraron en funcionamento as estacións da praza de Indalecio Prieto (en Monte Alto, a carón do mercado provisional), no parque de Eirís e en Catro Camiños (diante de San Pedro de Mezonzo, baixo o viaduto da avenida Alfonso Molina).

Ademais, o Concello instalou tres novas, pendentes de activar nas vindeiras semanas, situadas na rúa Gútemberg (polígono de Agrela), no camiño do Martinete lindeiro ao centro comercial Marineda City e, por último, na rúa San Francisco (na contorna do centro hospitalario Abente y Lago e o Museo Militar).
3 bases fundamentais para ofrecer a chegada con este vehículo sostible a puntos tan fundamentais como o polígono de Agrela ou o centro comercial.

Estacion Bici Coruna Abente y Lago
Estación no Museo Militar, ao carón do Abente y Lago

Todas as bases están dispoñibles desde as 7.00 da mañá a 1.00 da madrugada, facilitando os desprazamentos laborais a primeira hora e tamén o regreso das persoas usuarias aos seus domicilios en horario nocturno.

Novas relacionadas

Este sábado, xornada de portas aberats no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón

Este sábado 22, de 10.00 a 19.30h, o Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón estará aberto e acollerá diferentes actividades co gallo do Día Internacional dos Monumentos e Sitios Históricos.

Haberá duas visitas guiadas para público adulto, ás 12.00 e ás 17.00 horas.

Pola mañá, ás 12.00 horas, desenvolverase a actividade ‘Xogo de pistas: desafío no castelo’, dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, e coa que se pretende dar a coñecer o que se agocha tras as portas de San Antón.

Poden inscribirse no teléfono do Museo Arqueolóxico (981 189 850), en horario de 10.00 a 19.30, para inscribirse.

Visitas guiadas polo Castro de Elviña

O Museo Arqueolóxico ten programadas ademais outra serie de visitas guiadas, neste caso ao Castro de Elviña, para o próximo 30 de abril, coincidindo co evento ‘Noite nos Crutos’, unha sesión de concertos ao aire libre que terán lugar o vindeiro domingo 30 de abril nas penas da Grela, enclave situado no Castro de Elviña, organizada polo Concello en colaboración coa asociación cultural e recreativa Tempo Novo de Elviña e Castro.

Neste sentido, durante ese domingo haberá tres quendas de percorridos guiados gratuítos polo Castro de Elviña (ás 10.00, 12.00 e 16.00 horas), para as que é preciso efectuar a solicitude a través do teléfono 981 189 850.

Haberá música tamén pola mañá, coa banda dos Rexumeiros de Elviña —agrupación moi enraizada en Elviña, que naceu nos anos 90—.e a asociación cultural Maghúa que actuarán no xacemento ás 11.00 e 13.00 horas, respectivamente, e pola tarde terá lugar un pasarrúas polos rueiros de Elviña e Castro, coas Escolas de Música de Tempo Novo como as protagonistas.

A xornada de tarde, presentada polo noso Xurxo Souto, arrincará ás 19:00h, dando paso ao grupo de cantareiros Maghúa, o prestixioso cuarteto bretón Le Gall-Carré e os propios Rexumeiros. O prato forte da xornada será o grupo tradicional Luar na Lubre, unha das bandas galegas máis internacionais e que ten a súa orixe na Coruña.

As entradas saíron á venda o pasado mércores 19 de abril, cun prezo de 10 euros. Poden adquirirse a través de Ataquilla.com ou no despacho de billetes da praza de Ourense, aberto de luns a venres en horario de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 horas.

Tamén o día 30, ‘Estirando el chicle’ chega ao Castelo de San Antón

Ademais, ese mesmo día, o 30 de abril (16.00 horas), o patio de Armas do Castelo de San Antón será o escenario para a gravación do programa ‘Estirando el chicle’, o podcast protagonizado por Carolina Iglesias e Victoria Martín, unha actividade incluída dentro da programación do Encontro Mundial do Humorismo (EMHU) 2023.

O comité pide unha comisión de investigación tras o incendio na refinaría de Repsol

0

A refinaría da Coruña retomou a normalidade tras o incendio rexistrado esta madrugada nunha das unidades, que é a única afectada. Mentres, desde o comité de empresa reclamaron unha comisión de investigación.

Desde Repsol, explicaron a Europa Press que, con excepción da unidade de crudo dos onde se rexistrou o lume, “o resto está a funcionar con normalidade“, dixeron precisando, ademais, que a citada unidade está situada na zona do termo municipal da Coruña, non de Arteixo.

No suceso, resultou ferido leve un traballador, que xa se atopa no seu domicilio e que foi atendido polos propios servizos médicos do complexo industrial. En relación ao incendio, que foi extinguido, con medios propios, polos equipos de seguridade do complexo industrial, desde o comité de empresa apuntaron que reclamaron unha comisión de investigación, á espera de ter máis datos sobre o sucedido no transcurso da xornada. Desde a compañía, precisaron que agora se investigarán as causas.

Gómez-Reino pide no Congreso soluciones para a “excesiva” concentración de tráfico en Cambre

0

Mentres a veciñanza e o Concello de Cambre se mobilizan nunha colleita de sinaturas para esixir a construción dunha rotonda na entrada da AP-9, desconxestione o tráfico na Costa da Tapia, a problemática chegou esta mañá ao Congreso dos Deputados.

O deputado de Unidas Podemos Antón Gómez Reino pediu solucións para a “excesiva” concentración de tráfico rodado no punto, sinalando que o problema dase porque “o primeiro tramo da AG-13, coñecida como “vía Ártabra”, posto en servizo pola Xunta en 2013, carece aínda de conexións apropiadas con outras viás de alta capacidade como a AP-9 ou a A-6″.

O deputado de Galicia en común preguntou no Congreso se o Ministerio de Transportes prevé a implementación dalgunha medida para dar solución a este problema, especialmente á circulación de vehículos pesados polo centro urbano do municipio de Cambre ou se ten coñecemento dalgún avance por parte da Xunta neste sentido.

Así mesmo, preguntou se o Ministerio valora a supresión da peaxe de Macenda, no municipio de Betanzos, para promover o uso das vías de alta capacidade e reducir o impacto do tráfico nas vías secundarias e no citado centro urbano de Cambre.

A Revolución dos Cravos revívese en Semente

0

O proxecto educativo Semente Corunha vai celebrar a irmandade entre os pobos galego e portugués cun encontro co gallo da celebración do 25 de abril, aniversario da Revolución dos Cravos.

A partir das 18h (depois da actividade semanal de música galega), ofrecerán unha selección de música e libros infantís en portugués, ao tempo que a rapazada pinta un mural antimilitarista.

A partir das 18:30, Carlos Augusto Monteiro, que nos acontecimentos do 74 moraba em Gondomar (Porto), lembrará como vividos os eventos na súa casa.

Xa ás 19h, Ermitas Valencia, da Livraria Suévia (especializada en libro portugués), fará um contacontos ilustrado sobre como podemos mellorar o mundo.

 

O PP da Coruña eríxese como o único partido que pode dotar “dun proxecto sólido” á cidade, xa que a alternativa é “un cuadripartito”

O candidato do PP á Alcaldía da Coruña, Miguel Lorenzo, recalcou que o obxectivo do partido é construír “un proxecto sólido” para o futuro da cidade e engadiu que isto “só chegará” cun goberno “maioritario” da súa formación política.

Lorenzo sinalou que “a única alternativa é un cuadripartito que só se pon de acordo para chegar ao poder, como sucede no Goberno do Estado”. “Iso é o que pode ocorrer tamén na Coruña e non queremos”, advertiu.

O candidato popular fixo estas declaracións na inauguración da sede da súa campaña electoral, que definiu como un “punto de encontro” para afiliados, simpatizantes e cidadáns. Durante a súa intervención, Lorenzo fixo referencia a algúns dos temas que, segundo el, “máis preocupan” á cidadanía como a seguridade cidadá, a limpeza ou a vivenda.

O Concello da Coruña, premiado pola creación do Centro de Seguridade da Información

A revista ‘Sociedade da Información Dixital’ recoñeceu ao Concello da Coruña polo traballo que se está levando a cabo desde a administración municipal en materia de seguridade e protección de datos.

Desta forma, e no contexto dos galardóns Socinfo Dixital ‘Galicia TIC’, entregados hoxe pola publicación, o Concello foi recoñecido pola creación do Centro de Seguridade da Información (CSI).

“Unha iniciativa posta en marcha en maio do ano pasado co obxectivo de implantar solucións e ferramentas para mitigar o risco de sufrir ciberataques e prever e detectar posibles ameazas informáticas”. O recoñecemento foi recollido en Santiago de Compostela polo xefe do servizo de Informática, Jorge Chacón.

Os traballos que se executan desde o citado Centro abarcan, por exemplo, o asesoramento técnico e legal ao comité de seguridade da información ou a disposición dun plan de resposta fronte a incidentes ciberinformáticos.

O festival de arte urbana Istmo chega á súa recta final e prepara a gran festa en Santa Margarida

0

O festival de arte urbana ‘Istmo’ chega estes días á súa recta final na Coruña con seis murais de gran formato a piques de finalizarse en diferentes puntos da cidade.

Estas accións levarán a cabo ata o domingo, día 23, por unha selección de artistas do panorama internacional, nacional e galego formada por: Miguel Peralta (Andalucía), Sekone (Galicia), Peeta (Italia), Alba Fabre (Cataluña), Mr. Sortwo (Euskadi) e Iria Fafián (Galicia).

Os espazos escollidos para a creación dos diferentes murais son a praza das Conchiñas, o CEIP María Barbeito, o CEIP Alborada; a Escola Municipal de Música, a piscina municipal de Riazor e o CEIP Rosalía de Castro.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

O evento complétase cunha xornada musical no parque de Santa Margarida (a partir das 20:30h e baixo carpa) unha xornada gratuíta na que se reúne unha mostra da música urbana máis actual coa fusión tradicional e electrónica de Fillas de Cassandra, o trap sen complexos de Boyanka Kostova ou un dos máis destacados artistas do hip hop nacional como é Bejo.

Judith Insua Martínez, entre @s mellor@s tirador@a de cervexa de España

0

A tiradora coruñesa (natural de Vimianzo) Judith Insua Martínez, do Destapa Santa Clara da Coruña, vén de situarse no podio d@s mellor@s tirador@s de cervexa de España, segundo informa Estrella Galicia, a convocante do campionato.

David Quirós, de Espazo Quirós en Torrejón de Ardoz, alzouse co título de campión nun campionato que alcanza a súa oitava edición.

O segundo posto foi para Iván Cancela Jacobo, de Bodeguilla de Santa Marta (Santiago de Compostela); Javier Quirós García, tamén de Espazo Quirós, e a vimiancesa, conseguiron senllos accésits.