Inicio Blog Páxina 610

Ratifican que o Sergas debe indemnizar con 60.000 euros a morte dunha nena de 3 anos por ‘E. coli’ no Chuac

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza do Xulgado do Contencioso administrativo número 1 de Santiago de Compostela que condenou ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) a indemnizar con 60.000 euros aos pais dunha nena de 3 anos que faleceu en 2016 na UCI pediátrica do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) debido ás complicacións dunha síndrome urémico hemolítico (SUH), gastroenterite provocada por unha bacteria, en concreto, ‘E. coli’.

A Sección Primeira da Sala do Contencioso-administrativo rexeitou o recurso presentado pola aseguradora do Sergas, pois entende acreditada “a ausencia de probas complementarias no momento adecuado, así como de control da diuresis por quen debía levalo a cabo (o persoal sanitario), co cal se perdeu a oportunidade de determinar o alcance e características da patoloxía que afectaba á menor, o seu adecuado tratamento e posibilidades futuras”.

O alto tribunal galego conclúe que “houbo un atraso no diagnóstico que quizais puidese evitar o falecemento (nesa incerteza causal consiste a doutrina da perda de oportunidade) porque, tal como especifícase no informe dos doutores, non se sospeitou dunha gastroenterite bacteriana (non vírica) o día 8 de setembro, a pesar de que xa se presentaba o cadro de diarrea sanguinolienta”.

Os maxistrados destacan que, ao día seguinte, cando xa se dispuña do resultado das analíticas e da ecografía, “non se controlou a diuresis e non se repetiron as probas o día 10 de setembro, a pesar da mala evolución da nena”.

Esa “demora no diagnóstico” impediu, segundo o TSXG, que a nena “puidese ser tratada con anterioridade nunha unidade de coidados intensivos pediátricos (UCIP), de modo que xa era tarde cando foi trasladada á UCIP do Chuac”.

A Sala explica que na sentenza apelada “apréciase a existencia dunha perda de oportunidade porque se entende que deberon extremarse as precaucións e valorar a necesidade de probas complementarias como analíticas de sangue e/ou ouriños”. Os xuíces recalcan que, ao non facelo, “perdeuse a oportunidade de determinar o alcance das características da enfermidade, o seu adecuado tratamento e posibilidades futuras”.

A sentenza non é firme, xa que contra ela cabe presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

Un máis que necesario reforzo de bicis eléctricas

Nos últimos meses, as bicis eléctricas do servizo municipal BiciCoruña parecían meigas: “habelas hailas” pero ninguén as vía. Nos barrios criticabábanse que as bicis eléctricas só ficaban no centro, pero polas estacións do centro apenas se podían atopar.
Polo medio, as críticas nas redes sociais ao uso “abusivo” da mocidade do servizo. Como é posible usar demasiado un servizo público?

A realidade é que fai falta mellorar o fantástico servizo co que conta a cidade. O verán parece que é un claro pico de actividade, polo que o Concello terá que doblar esforzos para cubrir todas as necesidades. Fondos, os Next Generation, hai.

Polo de pronto, o Concello anunciaba onte a incoporación de 92 novas bicicletas eléctricas, sendo máis de 600 (tanto eléctricas como mecánicas) as dispoñibles actualmente. Afirman dende o Concello que agora un 40% do total son elécticas.

As unidades recén adquiridas sairán á rúa nos vindeiros días, unha vez que se completen os traballos para a súa carga e actualización de software.

BiciCoruña conta, actualmente, con 47 estacións e máis de 11.000 persoas usuarias, case catro veces máis que en xullo do ano pasado. No que vai de 2023 xa se contabilizaron 578.626 usos —dos que 126.101 correspóndense ao mes de xuño—, a mellor marca da historia do servizo.
Ademais, sinalan que nos vindeiros meses vanse instalar 8 novas estacións localizadas na contorna da praia de Oza, o acceso ao CHUAC desde a avenida da Lamadosa, o barrio das Flores, o polígono de Pocomaco, o campus de Oza, o campus da Zapateira e outras dúas no campus de Elviña.
A idea é chegar a 90 estacións.

Chamamento ao uso correcto do servizo

Precisamente, sobre esas queixas nas redes, a alcaldesa Inés Rey fixo fincapé na importancia de “utilizar correctamente o servizo”, e fixo un chamamento ás persoas usuarias para “cumprir a normativa que asume toda e todo usuario de BiciCoruña ao darse de alta, xa que de non facelo poderase aplicar unha suspensión ás persoas infractoras, así como tamén penalizacións”.
No tocante a este asunto, Inés Rey avanzou que “para garantir un mellor comportamento das persoas usuarias, especialmente das máis novas, que non contan con coñecementos de seguridade vial, estamos traballando para poñer en marcha un plan de formación nos centros de ensino que axude ás e aos usuarios a facer un uso correcto das bicicletas”.

A colección privada de calzado de Stuart Weitzman chega á Coruña, sende a primeira vez que sae de EEUU

0

A Fundación Barrié da Coruña acollerá entre o 7 de outubro e o 7 de xaneiro de 2024 a exposición ‘Walk this way’, coa que a colección privada de calzado histórico de Stuart Weitzman viaxa por primeira vez fóra de Estados Unidos.

A mostra, informaron desde a Fundación Barrié, explora como os zapatos transcenderon a súa finalidade máis práctica para converterse nunha “auténtica representación da cultura” e faino a través de 100 pares da icónica e extensa colección privada do deseñador, que reuniu durante tres décadas xunto á súa muller Jane Gershon Weitzman. Con esta mostra, organizada por The New-York Historical Society, a Fundación Barrié dá continuidade á súa liña expositiva dedicada ao deseño.

A colección inclúe pezas tan históricas como curiosas, que van desde as zapatillas de Réinaa Vitoria de Inglaterra, de 1860, ata as mules peep-toe que pertenceron a Ginger Rogers na década de 1950; e de deseñadores como Beth Levine, coñecida como “primeira dama do deseño de calzado”; Terry de Havilland, coñecido como o deseñador do glam rock londiniense que creou deseños para David Bowie ou Tim Curry en The Rocky Horror Picture Show; Salvatore Ferragamo, que creou zapatos personalizados para Marilyn Monroe, Greta Garbo, Katharine Hepburn e Marlene Dietrich; e o propio Stuart Weitzman e o seu pai Seymour Weitzman, ata un caderno con esbozos de John Azzimonti, coñecido como “poeta da sola”. Durante o transcurso da exposición, a Fundación Barrié organizará talleres didácticos para centros de ensino, colectivos de diversidade funcional e familias.

Vari@s xogador@s do Fill@s de Breogán, ao Mundial de Fútbol Gaélico

0

A familia do Fútbol Gaélico Galego medra paseniñamente. Este deporte de orixe irlandesa, que enche estadios de 100.000 persoas no seu país malia ser “senporsen” amateur, ten en Galicia unha Liga das mellores de Europa, que representa a irmandade galego-irlandesa.

E así o demostrará a Selección Galega do 24 a 27 de xullo de 2023, coa súa participación no Mundial de fútbol gaélico que se vai celebrar na localidade norirlandesa de Derry. O combinado galego tentará repetir os éxitos alcanzados no último Mundial en 2019 cando alcanzou a 3ª posición na categoría feminina.

A expedición, formada por 60 persoas, ten todo preparado para saír cara Irlanda do Norte para competir por chegar ao podio tanto en categoría feminina como masculina.

Nos combinados haberá representación herculina, da man das Fill@s de Breogán. O club coruñés alzouse co título da Liga Galega 2022/2023 en categoría masculina e campioas no primeiro All-Galicia feminino.

 

Seleccion Galega feminina de Futbol Gaelico 2023

Así, nos combinados galegos, nas féminas entre as seleccionadas atopamos as coruñesas Jenny Gonzalez, Eva Lago, Vanesa Puente, Leticia Zapata e Alba Fontán.
Entre os homes: Bruno López, Javier Cagiao e Sergio Serantes.

Seleccion Galega feminina de Futbol Gaelico 2023

Todos formarán parte da historia da Selección Galega de Fútbol Gaélico.

Pero ademais hai outros que competirán con outros combinados:

concretamente:
– Javi García coa selección de Europa masculina.
– Paula López, Olalla García e Carmen Fernández coa selección de Iberia feminina.
– Martín Fernández, Diego Sánchez, Álvaro Formoso e Víctor Santos coa selección de Iberia masculina.
– Jois Lelli coa selección de Italia masculina.

A ausencia da vítima obriga a aprazar o xuízo contra un acusado de apuñalar a un menor no Obelisco

0

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña aprazou o xuízo fixado para este martes contra un home acusado de apuñalar a un menor nunha pelexa no Obelisco, na Coruña, e o seu irmán, pola incomparecencia da vítima e dun dos peritos. A vista oral está previsto que se celebre o próximo 12 de setembro.

“O Ministerio Fiscal e acusación consideran a esta testemuña absolutamente imprescindible”, declarou aos medios o avogado da acusación particular, quen engadiu que é probable que na nova data “exista un acordo entre a defensa e as acusacións e simplemente quede nun recoñecemento dos feitos, o pago dunha indemnización e unha rebaixa considerable das penas”.

A Fiscalía pide 8 anos de cárcere para este procesado e a acusación particular 9.

FEITOS

Segundo recóllese no escrito fiscal, sobre as 04,00 horas do 3 de xullo de 2022, dous menores atopábanse na rúa Socorro, na Coruña. Alí estaba tamén un dos procesados, maior de idade.

Sobre esa hora houbo varios incidentes. Primeiro entre os dous menores e, a continuación, entre un deles e un dos procesados, que golpeou á vítima en diferentes partes do corpo. Foron separados por varias persoas que se atopaban no lugar, aínda que pouco despois o acusado volveu golpear ao menor.

A continuación, desprazáronse á zona do Obelisco, onde apareceu tamén o irmán do menor golpeado, que fose alertado do incidente anterior. Así, tal e como consta no escrito fiscal, este último dirixiuse ao outro menor coa intención de acabar coa súa vida.

Cun coitelo de 26 centímetros de folla que portaba apuñalouno en dúas ocasións, unha delas na zona abdominal no flanco esquerdo e a outra na rexión superior do hemitórax esquerdo.

O presunto agresor foi localizado polos axentes da Policía Local pouco tempo despois na rúa Ribadavia, observando os axentes que as roupas que levaba o procesado estaban manchadas de sangue. Este procesado atópase en situación de prisión provisional por esta causa desde o día 5 de xullo de 2022.

Por estes feitos, o Ministerio Fiscal procede impor a pena de oito anos de prisión polo delito de tentativa de homicidio, así como a prohibición de achegarse á vítima a unha distancia inferior a 200 metros e comunicarse con el por calquera medio durante nove anos.

O outro acusado estivo en situación de prisión provisional desde o día 5 de xullo de 2022, acordando o Xulgado a súa liberdade provisional o día 13 de xullo de 2022. Agora, Fiscalía solicita para el a pena de tres meses de multa polo delito leve de lesións.

O PPdeG agarda 3.000 persoas no acto final de campaña de Feijóo na Coruña

0

Ao redor de 3.000 militantes e simpatizantes do PP arrouparán ao seu líder e candidato á Moncloa, Alberto Núñez Feijóo, no acto de peche de campaña que os populares preparan na Coruña para este venres.

Fontes da dirección autonómica do partido consultadas por Europa Press ratificaron que o acto, previsto para última hora da tarde do venres, celebrarase no Palexco. Ademais de Feijóo, intervirán no acto o vicesecretario de Organización do PP, Miguel Tellado, cabeza de cartel pola Coruña ao Congreso dos Deputados, e o líder do PP galego, Alfonso Rueda.

Feijóo volverá así a Galicia para despedir o último tramo da carreira electoral que desembocará nas urnas o vindeiro domingo 23 de xullo. Nela estivo xa poucas horas antes do arranque formal da campaña. E é que para o pistoletazo de saída, tamén como unha chiscadela ao rural, optou pola súa localidade natal de Os Peares, onde se reivindicou como un candidato “de pobo”.

Pero, ademais, Feijóo elixiu un lugar simbólico para os populares –a Praza de Touros de Pontevedra, onde se reuniron unhas 12.000 persoas– para un dos principais actos da súa campaña.

Exposición ‘Fotografías da Natureza 2023’ no Aquarium Finisterrae presentada polo Concello da Coruña

0

O Aquarium Finisterrae acolle desde este luns a exposición ‘Fotografas da Natureza 2023’ que conta con imaxes premiadas na última edición do ‘European Wildlife Photographer of the Year’.

Segundo informou o Concello da Coruña, a mostra foi presentada este luns polo concelleiro da área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, xunto co director Técnico do Aquarium Finisterrae, Francisco Armesto.

“A Coruña conta desde este luns coas mellores instantáneas da natureza no mundo, polo que aquelas persoas que se acheguen a coñecer o Aquarium levarán tamén un anaco do mundo”, explicou o concelleiro. O certame de fotografía de natureza é o “máis prestixio de Europa” e ten como obxectivo remarcar o valor da natureza e a biodiversidade para sensibilizar ao público co seu coidado.

Así, tras o concurso a organización preparou unha exposición coas imaxes premiadas para levalas a diferentes europeas e achegar á cidadanía diferentes perspectivas sobre o mundo natural. A exposición está organizada en nove seccións, aves, mamíferos, outros animais, mundo submarino, eloxio das plantas, paisaxes, o home e a natureza, forma e composición, e novos fotógrafos.

Cada unha das seccións conta cunha imaxe gañadora ademais das finalistas, algunhas recoñecidas con mención de honra. A exposición poderá visitarse ata finais de novembro, previa retirada de entrada.

Denuncian que case se duplicaron os níveis de ruído permitidos no parque de Bens durante o macrofestival

O macrofestival Wake up & Dream, de música techno, que se celebrou no Parque de Bens tamén tivo un importante impacto neste espazo. Así defende Ecoloxistas en Acción A Coruña, que xa viña advirtindo dende fai varias semanas que o macrofestival tería unha gran pegada ambiental, afectando gravemente á biodiversidade do parque, no que viven especies protexidas como o Lagarto Arnal, así como na contorna do parque, onde se poden atopar as Illas de San Pedro, consideradas Espazo Natural de Interese Local.
Ecoloxistas en Acción confirmou os temores de contaminación acústica facendo medidas arredor do parque, onde chegaron a alcanzarse cotas superiores ós 100dB, moi superiores a os permitidos nunha zona que conta especial protección contra o ruído, limitando a 60dB o máximo de sonido, para protexer á súa fauna.
Segundo o grupo, isto afectou a varias especies de aves que non puideron realizar a cría, “sen contar con todas as especies que poideron morrer a causa da actividade humana e a constante vibración do solo provocada pola música”. “O martilleo era constante, escoitabase dende a urbanización dos Rosais sen problemas, e as nosas medicións estaban limitadas ás zonas periféricas do Parque de Bens, xa que este se atopa pechado ao acceso público, con toda seguridade no propio parque as medidas terían sido superiores”, di.
O acceso ao recinto do Parque natural de Bens estivo totalmente restrinxido durante o transcurso do macrofestival, “pechouse todo o parque, público, que ten un área de 600 mil metros cadrados, cando a zona do festival, que é organizado por unha empresa privada para o seu lucro, ocupaba menos do 5% do mesmo”.
E, segundo Ecoloxistas en Acción, ese 5% por cento foi o mais afectado. “Pódese apreciar perfectamente a zona que ocupou o festival pola degradación do solo, foi como se pasase atila, non quedou nada vivo na zona, toda a zona axardinada vai ter que ser recuperada, se o é, e iso pode custar mais cartos para a cidadanía”, critica.
Outra das súas queixas foi a falta de transparencia do concello respecto do tema. Nas pasadas semana, a alcaldesa Inés Rey asegurou que o macrofestival contaba con todos os requisitos para a súa realización, cousa que dende a organización poñen en dúbida, xa que se trata dunha zona de especial contra o ruído. Os ecocoloxistas critican que non foron capaces de acceder ao informe ambiental que é necesario para a realización nunha zona natural como o Parque de Bens, “ata onde sabemos, é posible que tal informe nunca se realizase”.

Alertan de que o Parque Eólico das Encrobas podería comprometer a operatividade do aeroporto

A Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo continúa a súa loita por evitar a construción do Parque Eólico As Encrobas. Xa teñen presentado 181 alegacións e realizado numerosas mobilizacións pero non decaen ata que consigan paralizar a construcións destes 4 xigantes no cal a carón das súas casas.

Desta volta fanse eco da información vertida polo colectivo “Vuelamasalto” que fai referencia ás afeccións que terá o PE á operatividade do aeroporto de Alvedro. Aseguran que 3 dos 4 aeroxeradores proxectados, así como a torre meteorolóxica “violaría a zona de servidumes do aeroporto”, “converténdose en obstáculos”.

Dende VuelaMásAlto consideran que “isto pode ter un gran impacto negativo no día a día do aeroporto, xa que a súa localización nunha das partes máis altas do monte Xalo e a gran altura dos muíños -200 metros que hai que sumar. á elevada cota do terreo-, podería interferir nas manobras de despegue e aterraxe na cabeceira 21 -a máis próxima á ría do Burgo-, o que suporía un incremento dos mínimos das manobras de aproximación”. Deste xeito, “os desvíos en situacións de pouca -ou non tan pouca- visibilidade incrementaríanse de forma moi significativa e ao mesmo tempo, no que se refire ás saídas, aumentaría a demanda do desnivel de ascenso ao despegar tamén desta pista.

 

 

 

A Coruña, unha das cidades co maior incremento de cotizantes na Seguridade Social

O número de persoas afiliadas á Seguridade Social aumentou nos últimos 12 meses (de maio de 2022 a maio de 2023) nas sete grandes cidades galegas, segundo os datos que publica este luns o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Os maiores incrementos déronse nos concellos da Coruña e Santiago, con alzas nos cotizantes do 2,3% e do 2,7%, respectivamente. En concreto, en maio, a comunidade rexistrou 1.057.831 afiliacións, un 0,6% máis que o mes anterior. Delas, 1.033.266 (o 97,7%) corresponden a persoas cuxa residencia se atopa nun dos municipios de Galicia.