Inicio Blog Páxina 629

Guía para disfrutar unha completa semana de San Xoán

0

Cheira a lume e sardiña xa pola cidade. O arrecendo a San Xoán vai invadindo os barrios, todos xa coa mente posta nunha das festas máis auténticas da cidade. Unha festa que se concentra na noite máxica do 23 de xuño, pero que ten unha marea de actividades paralelas.

Coas herbas de San Xoán xa listas, preparamos a axenda.

Noite de San Xoán

San Xoan Coruña 2022
Imaxe da praia de Riazor xusto ás 0:00h no San Xoán do ano pasado

Espéranse arredor das 150.000 persoas na contorna das praias de Riazor e Orzán para a noite máis singular do ano. Para evitar problemas hai preparado un completo dispositivo de seguridade. Haberá cortes de tráfico no paseo marítimo dende as 19.00 horas, cando o Concello comece a repartir madeira; e o baño estará prohibido desde as 22.00 horas. Ás 6:00h desaloxarase as praias para realizar a limpeza.

Fogueiras na praia, a falla de Riazor, os fogos dende o paseo, barbacoas nos barrios… moitos xeitos de disfrutar esta noite máxica.

Programa de Barrios

Arrinca unha semana infantil: Ruada das Xoubas

Ruada das Xoubas San Xoan Coruna

Hoxe venres 16, os Xardíns de Mendez Núñez abren a serie de actividades para toda a familia preparadas para esta semana para completar o San Xoán no marco da Ruada das Xoubas. Faino cun obradoiro e o concerto infantil de Peter Punk a partir das 18:00h.

O sábado hai actuacións para os peques en varios sitios, pero a gran cita será no parque de Santa Margarida coa clásica sardiñada popular. A sardiñada popular comezará ás 19.00 horas e está previsto que remate arredor das 23.00 horas. Repartiranse 500 quilos de sardiña fresca, o equivalente a unhas 3.500 racións. Cada ración terá un prezo de 1 euro, e inclúe sardiñas, pan e bebida. Ademais, e desde primeira hora, gaiteiros pertencentes á Asociación Cultural Xacarandaina amenizarán o evento. Xa posteriormente, está prevista a actuación dun DJ como peche do evento.
O anfiteatro estará cheo durante toda a tarde, dende as 18:00h coa foliada infantil con Xacarandaina, Son D’Aquí e San Pedro de Nós. Xa ás 21.30 horas, o grupo Lagharteiras actuará en concerto. A foliada continuará a partir das 22.30 horas con diversos grupos das asociacións Xacarandaina, Donaire, Santaia de Santa Cruz, Abaladeiras de Muxía, Santiaguiños de Boimorto, Cantigas e Agarimos de Santiago, Arume de Caión, Alxibeira de Narón e Carcaxía de Malpica.
As celebracións continuarán este domingo 18 pola mañá
Este domingo, e a modo de clausura, terá lugar a Romaría do Lecer, un festexo que comezará no parque ás 12.00 horas, e no que a Asociación Cultural Xacarandaina, co apoio do Concello, protagonizará diversas actividades de baile e música, ideadas para todos os públicos e con asistencia de balde.

Ao longo da semana, máis talleres, concertos, teatro, obradoiros…

Ferido un motorista tras chocar contra un coche na Coruña

0

Un motorista resultou ferido tras chocar contra un coche na estrada DP-0512, na Coruña. A causa do impacto, o condutor da moto quedou cun pé incrustado entre os ferros do seu vehículo.

Segundo recolleu o 112 Galicia, o suceso ocorreu no quilómetro 5 da DP-0512, na parroquia de Elviña, e varios particulares chamaron a emerxencias sobre as 17,30 horas.

Os bombeiros da Coruña colaboraron co equipo médico para inmobilizalo e evacualo á ambulancia. Posteriormente, foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento da Coruña procederon a limpar a estrada para garantir a seguridade da circulación.

ACCIDENTE DE TRACTOR EN VIMIANZO

Por outra banda, o 112 Galicia informou dun home que resultou ferido ao saírse da vía o tractor no que circulaba por unha estrada que pasa polo lugar de Bribes.

O accidente produciuse pouco despois das 17,00 horas e foi un particular o que alertou ao 112 Galicia. Así, ata o lugar mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, aínda que o condutor do tractor finalmente foi trasladado a un centro médico nunha ambulancia. Ademais, a central de emerxencias requiriu a intervención da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vimianzo.

Inés Rey insiste en que a súa “vontade” foi “sempre” gobernar en solitario

A alcaldesa da Coruña en funcións, a socialista Inés Rey, insistiu en que “sempre” manifestou a súa “vontade de gobernar en solitario” e agradeceu ao BNG o seu “apoio” tras o acordo alcanzado entre as dúas forzas políticas de face á súa investidura como rexedora nun goberno en minoría. Acto que terá lugar este sábado, día 17, coa constitución das novas corporacións locais.

Fíxoo a preguntas dos xornalistas sobre a súa opinión sobre a crítica realizada este xoves, tras a firma do acordo, polo portavoz en funcións do BNG no Concello da Coruña e candidato á alcaldía nas eleccións municipais do 28 de maio, Francisco Jorquera, respecto de que “a fórmula de goberno non foi obxecto de negociación ao longo destes días, foi obxecto de negociación a investidura”.

Ao mesmo tempo, o líder nacionalista sinalaba que o PSOE “optou por gobernar en solitario” e que, por tanto, o BNG actuará como “oposición e centrarase en fortalecerse como alternativa de goberno”.

Respecto diso, Rey manifestou sentirse “segura” da “capacidade” de ambos os partidos para chegar a “puntos de encontro en beneficio da cidade da Coruña e dos intereses dos coruñeses”.

(Vídeo) Descobre como soa o novo álbum de Xoel López

O artista coruñés Xoel López adianta o seu novo álbum Caldo Espírito, o seu quinto álbum de estudio. Para este anticipo escolleu a canción Fort Da, gravada xunto ao recoñecido produtor Carles Campi Campón, que segue a senda que viña guiando os últimos álbumes, un encontro entre os seus inicios e as súas influenzas latinas. Todo isto, acompañado dunha lírica que xira en torno á teoría freudiana do Fort Da.

Segundo o propio cantante, “é das cancións que máis procesos pasou. Foi o arranque do novo disco, e é un dos piares do mesmo”, explica. “É desas cancións que saen de forma máxica e tanto a letra como a música compuxeronse nunha mesma tarde”, engade.

O tema faña sobre o enredo, as relacións de ida e volta e por eso a teoría de Freud, que Xoel coñeceu uns días antes, serviulle como métafora e sobre todo como título para este tema tan fundamental no novo álbum.

Ademáis o artista atópase nun bo momento musical con ata 15 concertos pechados, en cidades galegas pero tamén no resto de España como é o caso de Benidorm, Valencia, Navarra, Zaragoza, e unha data especial, polo que supón encher ese lugar, o WiZink Center en Madrid o 29 de novembro.

 

Máis de 650 efectivos supervisarán o San Xóan na Coruña, con catro puntos violeta para previr a violencia machista

Un total de 656 efectivos entre servizos de seguridade e urxencias municipais conformarán o dispositivo especial posto en marcha polo consistorio coruñés con motivo da celebración do San Xóan, segundo informou a alcaldesa en funcións, Inés Rey, que, por outra banda, avanzou que na praia distribuiranse 120.000 toneladas de madeira.

Ademais, haberá “catro puntos violeta” no Paseo Marítimo da cidade herculina para prestar asesoramento e asistencia en casos de posible violencia machista co obxectivo de “dar resposta máis rápido ante eventuais casos”. Un dos postos, especificou, situarase fronte á Coraza de Orzán, mentres os outros tres serán móbiles. O horario de apertura será desde as 22,00 horas do día 23 ao cinco da madrugada do 24.

Fíxoo nunha comparecencia na que explicou as normas que haberá para celebrar esta festa, con praias que deben quedar libres ao seis da madrugada do 24 de xuño, día no que xa se vai a permitir o baño a partir do nove da mañá.

O citado baño estará prohibido desde o día 23, ao dez da noite, indicou a rexedora en funcións, quen engadiu que “se reforzarán as liñas de buses” cun dispositivo especial de transporte público con servizo nocturno.

NORMAS

Sobre as normas, sardiñadas e churrascadas estarán permitidas sen necesidade de comunicación as que non ocupen calzadas nin entorpezan a circulación. O serán entre as 13,00 e as 16,00 horas e as 20,00 e as doce da noite, cumprindo as medidas de seguridade. As que ocupen a calzada poderán realizarse previa comunicación á área de Seguridade Cidadá.

Así, Inés Rey afirmou que a noite do día 23 autorízase a facer fogueiras en espazos de titularidade pública previa comunicación. O material poderá baixarse aos areais a partir das 19,30 horas e a repartición da madeira será media hora antes. Por outra banda, previa solicitude, os establecementos de hostalaría poderán ampliar o seu horario dúas horas máis.

A alcaldesa en funcións fixo tamén un chamamento de “sentidiño e responsabilidade” para que esta festa sexa un exemplo “de tolerancia e de respecto” e pediu á cidadanía non levar madeira ás praias, ademais de recoller os residuos que se xeran, para o que se habilitarán máis colectores.

En canto a actividades paralelas á celebración de San Juan, Rey sinalou que haberá unha programación “ampla e extensa” que se prolongará “oito días” desde este venres día 16, con talleres e actividades “para todos os públicos e en todos os barrios”. A axenda culminará a noite de San Juan cos concertos na chaira de Riazor do grupo ‘The Txandals’ ás 22,30 horas e Celtas Cortos a partir das 00,15, tras a queima de fállaa.

A Deputación da Coruña destina 60.000 euros a apoiar as vivendas de acollida do Comité Antisida

A Deputación da Coruña destina unha partida 60.000 euros a apoiar as vivendas de acollida do Comité Cidadán Antisida da Coruña (Casco).

Segundo informa o ente provincial nun comunicado, cofinanciaranse os gastos de persoal dunha vivenda de acollida e outras de inserción dirixidas ás persoas seropositivas e en situación de exclusión social.

A deputada en funcións de Benestar Social, Ana Lamas, e a presidenta do Comité Antisida, Begoña Pérez Vegazo, selaron o acordo. Os pisos cedidos polo Concello contan con 21 prazas e ofrécense servizos como alimentación, persoal médico e roupa.

O Barça non sabe gañar ante un Liceo sobresaínte

0

Menudo final de liga o vivido esta pasada noite no pavillón de Riazor. Tralas hecatombes de Basquet Coruña e Dépor, o Liceo pechou a serie de derrotas herculinas que chegan este ano ás portas de facer algo bonito.

Fíxoo, en todo caso, demostrando cal é o club máis laureado da cidade, de Galicia, competindo cara a cara contra un equipo que lle triplica en presuposto. Un FC Barcelona, o trasaltántico deste deporte, que fixo un fraco favor ao deporte cunha fea demostración de non saber gañar, provocando unha tangana e acabando con varios expulsados nos minutos finais.

Co 2-0 colleitado nos dous primeiros partidos da final da OKLiga (a máxima competición estatal) disputados no Palau, o Barça partía como claro favorito. Pero parecía seguro que o Liceo ía prantar cara na casa, arroupadou por unha afección que encheu de verde (o club fomentou a entrada de balde cunha prenda verde) o pavillón.

Saíu dominador o Liceo que se adiantaba moi pronto por medio de Bruno. Pronto empatou o cadro blaugrana, que comezaba a demostrar o seu hockey dominador. As posesións do cadro local eran vertixinosas mentres o equipo visitante tocaba e tocaba. Metíanse por diante pero de contado Bruno facía o segundo para empatar de novo.
Repetíase o guión na segunda: pegaba o Barça, respondía Bruno, nun treito de xogo no que os da casa (Dava Torres e Carballeira), Manrubia, César e Rodríguez pelexaban cada bola coma se fose a última.
Foi Bargallón (un dos ex liceistas xunto con Alabart) o que facía un 3-4 chave a falta de 5 minutos. Entraron as presas aí, non conseguía superar a liña defensiva o Liceo, e Juan Copa meteu xogo de 5 no último. Estivo o aí o empate, nunha internada polo medio de Bruno na que todo o pavillón pediu penalti. Os colexiados non o viron e á contra sentenciaba o Barcelona batindo dende o medio campo.

Non quedaba nin un minuto, co partido sentenciado, e os xogadores visitantes tiveron unha actuación vergonzoza: un tiro dende o seu campo con mala fe dirixido a Manrubia, dous puñetazos, unha tangana, dous expulsados… que manera de gañar. Así se mereceron a música de vento que lle dedicou a afección verde cando ergueron a Copa baixo o estrondo dun potente “Liceo, Liceo, Liceo!!!!”

Agora, volverá pasar o de sempre. O estadio acabou despedindo aos 5-6 xogadores que, xa con seguridade, non estarán a vindeira campaña, fichados por equipos con maior presuposto. Pero coma sempre, este Liceo de Juan Copa rescatará xoias non descubertas para volver facer un equipa capaz de loitar por todo a vindeira campaña.

O expresidente uruguaio Pepe Mújica abrirá os debates de AcampaCoruña2023

0

Os Xardíns de Méndez Núñez xa están convertidos nun campamento de refuxiados no marco do VII Encontro Internacional Acampa pola Paz. O completo programa formulado para esta intensa fin de semana trata de reflexionar sobre o odio, con 3 días de convivencia, empatía, reflexión… coa intención de ser un taboleiro no que a cidadanía poida recibir testemuños directos e decodificar a complexa realidade máis aló do ruído. Para que os asistentes poidan conformar unha conciencia crítica e apontoar a defensa dos Dereitos Humanos e o Dereito a Refuxio como algo irrenunciable.

O programa do venres contará con relatores de excepción. O expresidente uruguaio, Pepe Mujica, participará no primeiro debate, que terá lugar ás 19.30 horas, entrando en streaming desde Uruguai, para falarnos do Odio como estratexia política. Compartirán mesa con el a responsable de Política Interior e investigadora de Amnistía Internacional, Virginia Álvarez –que falará de Odio e retroceso dos Dereitos Humanos, e o xornalista e alma mater do programa radiofónico Carne Cruda, Javier Gallego Crudo, que ademais de actuar como moderador analizará algo que coñece ben, o Odio nos medios e nas redes sociais. Este encontro poderá seguirse, ademais, en directo, a través da canle de Acampa pola Paz en YouTube.

Pero “Odio e Convivencia” abre varias horas antes. Así,  será inaugurado ás 10.30 con Radio Acampa en directo, un programa extenso conducido por Isabel Risco e Ricardo Sandoval, con entrevistas, testemuños de persoas refuxiadas, participación de distintos colectivos que integran Rede Acampa e a actuación musical de “Las Antonias”.

Ás 12, noutro dos polos de atracción dos Encontros Internacionais, o campo simulado, realizarase a primeira visita guiada. Nesta ocasión reprodúcese un campo de refuxiados, un calquera, un deses moitos que son sistemáticamente arrasados polo odio e o lume. Será Marga González, de Amnistía Internacional, a activista que un ano máis se encargue destas visitas guiadas que se repetirán durante os días do encontro en distintos horarios.

Ás 12.30 o fotoperiodista Óscar Corral guiará unha visita por “Terra á vista?”, a exposición na que convida os asistentes a subirse de novo ao “Aquarius” na súa agónica viaxe, o daquel buque que en 2018, cargado de seres humanos exhaustos, vagou polo Mediterráneo mentres a Europa fortaleza negáballes un porto ao que arribar.

Actividades das distintas organizacións que integran a Rede

Moitas das organizacións que integran Rede Acampa dispoñen de carpas propias no Encontro, no que ademais programan diversas actividades de concienciación e difusión do seu labor. Así por exemplo, a oenegué Solidariedade Internacional Galicia, ás 12.30, poñerá en marcha o xogo “Non pases palabra” , no Palco da Música, e, durante toda a xornada, convidará a café e cacao de comercio xusto na súa caseta. Calquera que se achegue poderá, ademais, coñecer o mundo segundo a proxección do mapa de Peters. Á unha da tarde, e na carpa central, Amnistía Internacional entregará os premios aos Microrrelatos da Rede Escolas da organización.

Pola tarde, a partir das 16.45 horas e na sala de conferencias do Kiosco Alfonso, María Pérez e Rubén Sánchez, de Mundo sen Guerras, falarán sobre “A guerra e o discurso de odio”.

O VII Encontro Internacional Acampa pola Paz foi posible grazas ao apoio do Concello da Coruña, a Deputación Provincial, a Universidade da Coruña, Emalcsa e Marea Atlántica (a través de Xanela de Proxectos) e a unha serie de colaboradores privados (Tórculo edicións, La Opinión da Coruña, Radio Coruña-Cadena Ser, Zenit Hoteis e Terras Gauda). Pola súa banda, o CIFP de Someso, o desgüace Bellagona, RETO e a ONG AIRE colaboraron na recreación do campo simulado de refuxiados.

Intervidos 20k máis dos permitidos de material pirotécnico nunha tenda da Coruña

0

Intervención de Armas da Garda Civil incautou un total de 25 quilos de material pirotécnico nun local comercial da Coruña, posto que esta cantidade superaba o máximo permitido para a venda ao público.

Segundo informa o Instituto Armado, os feitos ocorreron cando membros desta unidade de inspección acudiron para o reconto do material nun establecemento da cidade herculina.

Durante unha primeira inspección, ante a presencia do propietario, que conta cunha licenza de venda tipo F1 –para comercializar artigos pirotécnicos a partir de 12 anos–, observaron 151 caixas de bengalas para tortas cun peso neto de case 4 quilos.

Nunha segunda inspección nos almacéns do local, interceptaron 26 caixas de bengalas normais por 19,5 quilos e outras 11 de bengalas de cores por 5,5 quilos. En total, o material localizado pesaba 25 quilos, cando o máximo almacenado debe ser inferior ou igual a 5.

Así, a mercadoría incautada foi trasladada a un depósito de produtos pirotécnicos habilitado e a Garda Civil instruíu as correspondentes propostas de sanción.

Abren xuízo ao home que presuntamente asasinou á súa parella no barrio do Birloque

0

O xulgado de Violencia sobre a Muller da Coruña decretou a apertura de xuízo oral contra o home que, en setembro de 2021, presuntamente asasinou á súa parella no barrio do Birloque e que se enfronta a 25 anos de prisión.

Así, o xulgado acordou remitir as actuacións á Audiencia Provincial da Coruña, competente para axuizar estes feitos, e manter a medida de prisión provisional para o investigado. Tamén estableceu que o acusado debe prestar fianza de 104.000 euros para garantir a posible responsabilidade civil.

No seu auto, a xuíza desestimou as alegacións da defensa, que solicitou a práctica de proba consistente en informe médico psiquiátrico comprensivo non só da valoración da imputabilidade do acusado, senón tamén sobre as patoloxías que presentaba no momento do suceso, e expón que “existen múltiples indicios racionais de criminalidade”.

Os feitos ocorreron na tarde-noite do 14 ao 15 de setembro de 2021, cando se produciu unha discusión na vivenda que compartían o acusado, de 48 anos de idade, e a vítima, de 52 anos. A rifa tivo a súa orixe no feito de que a muller trasladou ao acusado a súa intención de romper a relación e pediulle que se fose da vivenda.

Segundo o relato do feitos obxecto de acusación, o home “díxolle que se ía arrepentir desa decisión, que non aceptou, desprezando a vontade da muller de pór fin á relación, e decidiu acabar coa súa vida”.

Para iso, atacouna de forma sorpresiva por detrás, asestándolle varias puñaladas que, entre outras lesións, lle perforaron a aorta e causáronlle a morte de forma inmediata. A muller “non tivo posibilidade algunha de reacción ante o inopinado do ataque”.

Tras matala, o acusado apoderouse de certa cantidade de diñeiro, entre 300 e 400 euros, procedentes da recadación da panadaría onde traballaba a vítima, e que era propiedade do seu pai. O presunto asasino, que “non tiña alteradas as súas capacidades cognitivo-volitivas no momento da comisión dos feitos”, fuxiu e foi detido ao día seguinte en Madrid.

DELITOS E PENAS

A Fiscalía acusa ao investigado dun delito de asasinato co agravante de parentesco, e un delito leve de furto. Por estes feitos, pide para el 25 anos de prisión, orde de afastamento dos fillos da vítima (froito doutra relación) durante 30 anos, medida de liberdade vixiada, multa de 540 euros, ademais de indemnizar ao pai da muller e aos fillos en cantidades que suman 80.000 euros.

A acusación particular tamén pide 25 anos de cárcere por un homicidio, e 6 anos por roubo con violencia. As indemnizacións reclamadas por esta parte ascenden a 120.000 euros. Pola súa banda, a defensa pediu que se lle aplique a eximente de alteración psíquica ou, subsidiarimente, a mesma atenuante. En caso de ser condenado, pide que se apliquen as penas no seu grao máis baixo e que as indemnizacións a p