Inicio Blog Páxina 630

Mariscadores da ría do Burgo piden a ampliación das axudas ata concluír a rexeneración

0

Representantes da Confraría de Pescadores da Coruña reclamaron a ampliación das axudas mentres dure a rexeneración da ría do Burgo e que non se limiten ata a finalización do dragado.

O patrón maior da Confraría de Pescadores da Coruña, Javier Mariñas, lamentou, con motivo dunha comparecencia ante os medios de comunicación, que nin representantes da Administración galega nin central acudisen á reunión da mesa de seguimento do luns polo que, avanzou, esta cuestión presentarana na próxima.

Tamén incidiu en que a 31 de decembro deste ano “a obra ten que estar entregada”, engadiu sobre os traballos de limpeza da ría. No entanto, lembrou que despois comezará un plan de recuperación e de rexeneración para que os mariscadores poidan retomar a súa actividade.

Respecto diso, precisou que o que se sementarán serán “alevíns cunha talla corporal de 15 milímetros, pero non é apta para a extracción”, recalcou ao lembrar que ten que ter unha medida “de entre 38 e 40 milímetros”.

“Desde que se sementa poden ser entre 18 e 24 meses”, apostilou sobre o tempo que pode tardar ata que se permita extraer e haxa actividade por parte do sector.

Por todo iso, incidiu na demanda de axudas para o colectivo mentres se mantén tamén a rexeneración ambiental e dos bancos marisqueiros.

A Coruña, a segunda cidade onde máis subirón as afiliacións á Seguridade Social en abril

0

As afiliacións á Seguridade Social subiron nas sete cidades galegas en abril, un mes de incremento do 1% de altas en Galicia, cun total rexistrado de 1.051.645, segundo os datos por municipios que publica o Instituto Galego de Estatística (IGE) este xoves.

Así, Santiago lidera o incremento entre cidades en abril, cun aumento do 2,8% respecto ao mesmo mes de 2022, ata situarse en 39.818 afiliados. Séguelle a alza do 2,4% da Coruña, cun total de 91.696.

As afiliacións do resto de cidades crecen a un ritmo menor do 2%: Vigo (1,7%, cun total de 109.333 altas); Lugo (1,6%, 37.592); Ourense (1,5%, 36.481); Ferrol (1,3%, 18.576) e Pontevedra (0,9%, 29.805). En Galicia, por cada 100 persoas que están en idade de abandonar o mercado laboral contabilízanse 18 persoas que ingresan ao sistema da Seguridade Social.

Así mesmo, por cada 100 afiliados á Seguridade Social en alta laboral menores de 40 anos hai 222 traballadores de máis desa idade.

Liberada unha condutora tras chocar co seu coche contra un farol en Oleiros

0

Unha condutora tivo que ser liberada do seu turismo e derivada en ambulancia a un centro hospitalario tras chocalo contra un farol no municipio coruñés de Oleiros.

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu na N-VI nunha zona de concesionarios. Quedaban poucos minutos da medianoite cando a central de emerxencias recibía o aviso a través da chamada dun particular que presenciara o accidente.

Durante esta alerta, esta persoa apuntaba que a situación parecía de gravidade, posto que a muller, a única implicada, non era capaz de abandonar o seu coche. Había xente no lugar que tamén tentaba sacala, pero sen éxito.

Unha vez alí, os efectivos de emerxencias solicitaron o corte da electricidade para poder actuar con seguridade. Acto seguido, excarceraron á muller, que foi evacuada a un hospital.

Absolto un pai denunciado pola filla a quen recriminou que só atendese ao móbil

10 anos no momento dos feitos, pasaron un fin de semana de febreiro de 2022 na casa dos avós paternos, onde habitualmente desenvolvían o réxime de visitas que correspondía ao acusado coas súas fillas.

O venres, segundo o fallo, a filla maior “atopábase enfadada co seu pai, que lle reprochou o seu comportamento nun local, pois se dedicou no tempo de estancia no establecemento a escribir mensaxes co móbil a terceiros e sen facer caso ao seu pai e irmá”.

Así mesmo, o domingo o pai regresou a casa tras pasar a mañá repartindo pan e foi convidar ás súas fillas a tomar algo, momento no cal a denunciante “se atopaba aínda na cama utilizando o móbil”, polo que se negou a acompañalo.

“Nese momento, e ante o novo desaire da nena, o acusado agarrouna polos brazos e levantouna da cama”, indica o maxistrado na resolución, na que valora “se o feito de gritarlle a unha filla de 13 anos que está a ignorar por completo ao seu pai e dedicándose, con evidente falta de respecto tanto a el como á súa irmá, a chatear con terceiros desde o dispositivo móbil, e mesmo reprendela por iso manifestándolle que para facer iso era mellor que non viñese, ou informarlle de que con esa actitude amargáballe a existencia, constitúe un delito de vexación inxusta de carácter leve”. Neste caso, o maxistrado conclúe que os feitos non son constitutivos de delito.

DEREITO DE CORRECCIÓN SOBRE Os FILLOS

A sentenza aclara que o Código Civil segue recollendo “o dereito de corrección dos pais sobre os seus fillos menores, como tamén pervive a obrigación dos fillos de obedecer aos seus pais mentres permanezan baixo a súa potestade, e respectalos sempre”.

Desta forma, conclúe que, neste caso, o acusado podería optar por “absterse de educar á súa filla, permitíndolle facer o que lle viñese en gana, reprendela para que se comportase correctamente ou chamar ao posto da Garda Civil para solicitar a súa benemérito auxilio na tarefa educativa”.

O maxistrado subliña que, ao seu xuízo, “optou pola postura máis sensata”, á vez que recalca que “o dereito de corrección erixiríase en causa de xustificación e levaría idéntico resultado: a absolución polo delito de vexación inxusta de carácter leve no ámbito doméstico”.

En canto ao delito de lesións ou malos tratos, o titular do Xulgado do Penal número 3 da Coruña explica que o moratón na zona que presentaba a filla do denunciado “é máis compatible co modo de suceder os feitos relatado polo acusado que pola súa filla”.

Preparando as herbas do San Xoán

0

Non tanta tradición como nas vilas hai na Coruña arredor da maxia das herbas de San Xoán. Pero é unha desas cousas que cómpre rescatar, que ofrece identidade, que nos conecta cos nosos maiores.

Cómpre ter todo listo na noite do 23. Esa mesma tarde deberíamos saír ao campo, ou pasar polas floristerías do noso barrio, para preparar as herbas e formar dous ramos: un para colgar dunha porta ou dunha ventá, sempre de algo que dea ao exterior, para manter alonxadas ás meigas, que “habelas hainas”; e outro para preparar un caldeiro de auga sanadora coa que nos lavaremos a cara na mañá do 24, ben cedo, antes de que o sol do mencer lle quite o poder purificador.

Duas versions das Herbas de San Xoan-Mario Maceiras e Orgullo Galego

Hai moitas variantes nos ramos, pero desta volta o colectivo Orgullo Galego e o carnotán Mario Maceiras, tras falar con moitas vellas do lugar, coinciden na súa proposta para rescatar unha combinación de 7 herbas (cada unha ten un porqué): Malva (cúrao todo), herba luisa (para dores de estómago), fiuncho (contra o mal de ollo), romeu (a herba purificadora por excelentcia), fieito (antiparásito natural), xesta (contra as malas envexas) e a coñecida como herba de San Xoán (que “limpa a cara de grans”).
Pode completarse con vieiteiro, lavanda, cardo santo, ortensia, e algunha flor como os xeranios.

Elviña celebra os 107 anos da primeira xuntanza campestre das Irmandades da Fala na cidade

0

107 anos despois da primeira xuntanza campestre da Irmandade da fala da Coruña, este sábado 17 de xuño de 2023 a asociación de veciñal Os Rexumeiros de Elviña e Castro, o local social Tempo Novo e o colectivo lugrisán In Nave Civitas organizan a Romaría das Irmadades da Fala.

Trátas dunha recreación da xunta campestre que a Irmandade da Fala da Coruña celebrou en Elviña nos anos 1916, 1918 e 1919. Nela reuníanse xentes chegadas da cidade coa veciñanza de Elviña e de moitos outros lugares da parroquia.
Vilar Ponte, Lugrís Freire e outras ilustres galeguistas da época escolleron estás terras como símbolo dos seus ideais e as súas loitas. Cen anos após seguimos a reivindicar Elviña como terra máxica que continúa a resistir contra a invasión do cemento.

O programa arrincará ás 11:30 horas, cun roteiro com saída dos romeiros dende Vila Margarida, na casa da familia Carré [Estrada de Eirís, 46] ata Elviña.
Ás 12:30h, haberá parada técnica no local social de Tempo Novo, na Praza Emilio Jaspe Deza, 1, Elviña; para saír ás 13:00h ata As Maceiras, lugar da romaría, onde na paraxe das Maceiras se celebrará o xantar (que levará cada quen)

Na sobremesa, amenizada por músicos do país, leranse textos dos irmáns e irmás da fala.

Os Bombeiros de toda Galicia póñense en folga

0

Esta pasada noite de mércores 14 de xuño os Bombeiros do Parque Costa da Morte anunciaron que comezan unha folga autonómica secundada por todos os bombeiros comarcais de Galicia.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

O Concello de Betanzos denunciará no xulgado unha vertedura no río Mendo

No marco dos problemas co abastecemento de auga que vive a vila, o Concello de Betanzos anunncia que presentará unha denuncia ante o xulgado para que investigue unha vertedura que se produciu a pasada noite do martes ao río Mendo e que foi detectado polos servizos de control e seguimento de Viaqua na zona de captación de auga, segundo informa.

O forte “cheiro fecal” e a cor da auga fixeron que os responsables do servizo desprazásense río arriba durante a noite para tentar dar coa orixe da vertedura. Segundo puideron constatar, e así se reflectirá no seu informe, tanto o cheiro como a turbidez da auga prolongábase río arriba ata a zona coñecida como Ponte dos Cabalos, no límite entre Coirós e Oza Cesuras.

Os feitos puxéronse en coñecemento do consistorio e do Seprona por parte dos servizos da empresa concesionaria. Ademais, á primeira hora da mañá do mércores, axentes da Policía Local desprazáronse xunto a membros de Viaqua ata a zona de captación onde aínda era visible a vertedura.

O informe elaborado, xunto ao que elabore a empresa do sucedido esta mesma noite, ademais de fotografías e vídeo e da analíticas da auga de tomas realizadas durante a noite de onte e esta mañá, que xa foron enviadas a laboratorio, serán achegadas na denuncia por parte do consistorio.

A Escola de Fútbol Feminino do Obrero busca rapazas para aumentar a súa base

0

A Escola de Fútbol Feminino do Obrero de Oleiros está na procupa de xogadoras.

Buscan xogadoras para as categorías benxamín (nadas 2014/15); alevín (12/13) e Infantil (10/11) para seguir aumentando a súa base.

Podes contactar en escuelaobrerof2018@gmail.com, ou a través do Instagram ou Facebook.

 

O VII Encontro Acampa inaugúrase este venres para reflexionar sobre a sociedade do odio

O VII Encontro Internacional Acampa pola Paz inaugúrase este venres na Coruña, nos xardíns de Méndez Núñez. Será nunha edición na que se convidará á cidadanía a reflexionar sobre o odio e a convivencia “nunha cita que converte un ano máis A Coruña en cidade refuxio”.

Exposición de fotos, charlas, programas de radio estatais como o de Carne Cruda en directo, encontros, música, visitas guiadas contacontos, obradoiros, poesía… Unha marea de actividades desenvoltas, outro ano máis, nun campo simulado, que “reproducirá o que acontece en tantos campos de persoas refuxiadas esparexidos polo mundo nos que o odio, moitas veces en forma de lume, arrasa coa esperanza das persoas máis vulnerables varadas nestes espazos sen dereitos e sen futuro”, explica a organización.

Este ano, ademais, un valado como a de Melilla “servirá para lembrar” o ocorrido o pasado 24 de xuño do ano pasado.

Ademais, fotoperiodistas nacionais e internacionais “prestarán as súas miradas sobre o odio que crece e sobre os dereitos que minguan”. Francisco Mújica ou Baltasar Garzón son dous dos relatores convidados polo Movemento Acampa para falar de odio ou convivencia.

Cartel Rede Acampa 2023

Programa