Inicio Blog Páxina 631

O BNG apoiará a investidura pero non formará parte do goberno

0

A socialista Inés Rey repetirá como alcaldesa da Coruña tralo acordo alcanzado este mércores entre o PSdeG e o BNG de cara á investidura que terá lugar o sábado, día 17, coa constitución das novas corporacións locais.

Será un goberno en minoría, e non un bipartito, e despois de que os socialistas lograsen nas eleccións municipais 11 concelleiros, fronte ao 9 do anterior mandato. O PP, que reclamaba liderar o goberno local como lista máis votada, obtivo 12 e o BNG catro.

Así o anunciaron en declaracións aos medios, o portavoz en funcións do goberno local da Coruña, o socialista José Manuel Lage, e a concelleira electa do BNG Avia Veira.

“Inés Rey será alcaldesa da Coruña novamente respondendo a esa maioría social progresista que hai na cidade e que se traduce neses 15 concelleiros e concelleiras que durante catro anos conforman unha maioría evidente”, sinalou Lage. “Vai ser un goberno en minoría, minoría socialista”, dixo Lage, quen precisou que hai “un acordo de investidura cunha serie de asuntos que son compartidos”.

Veira falou de conversacións “fluídas, áxiles e efectivas” entre os partidos e engadiu que o acordo de investidura ten que ser ratificado na asemblea xeral do BNG convocada para as 19,30 horas desta xornada.

Ambos os representantes políticos avanzaron que este xoves día 15 darán conta “de forma detallada” deste acordo. Fixérono ao terminar a reunión, á que seguirá agora a definición dos “detalles organizativos”.

A Coruña sítuase no segundo posto da lista de lugares máis caros de compra de vivenda

A compra dunha vivenda na Coruña ou Pontevedra é o equivalente ao pago de 22 anos de aluguer da mesma, por riba da media de España de 14 anos, segundo un estudo publicado por Idealista. Isto débese a que os prezos de venda son “elevados” en relación aos prezos do aluguer e, ao contrario, cantos máis sexan os anos de renda necesarios para pagar a casa, máis interesante será para o inquilino establecerse nela antes que comprala.

Ao relacionar os prezos de venda e aluguer, pódese ver como os segundos municipios co número de anos de aluguer necesarios para a compra desa mesma vivenda (PER) máis elevado son Pontevedra A Coruña, con 22 anos; mentres que en Pamplona chega aos 21 anos e nas cidades de CádizMadrid Vitoria queda en 20. Se se compara co resto de capitais españolas, nestas cidades “alugar resulta máis interesante que no resto“, segundo Idealista.

Polo lado contrario, os puntos onde sería máis interesante comprar atendendo ao PER son Barcelona, onde son necesarios 18 anos de pago de aluguer para adquirir a vivenda; Lleida, con 12, e Murcia, Huelva ou Jaén, con 13.

A CIG denuncia o “caos” na ampliación da farmacia no Chuac e a xerencia recoñece “trastornos” polas obras

CIG-Saúde denunciou o “caos absoluto” no que se desenvolven as obras de ampliación da unidade de farmacia do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac), á vez que considera que esta remodelación non responde as necesidades do servizo.

A central sindical sostén, nun comunicado, que se comprou equipamento “que non se pode utilizar por falta de espazo” e que non se adoptaron medidas de prevención “básicas para garantir a saúde das persoas traballadoras e a integridade dos propios fármacos”.

Pola súa banda, a xerencia da área sanitaria da Coruña e Cee, en declaracións a Europa Press, pediu desculpas polas molestias ocasionadas e engadiu que as obras “sempre producen trastornos”.

“Seguiremos esforzándonos para que estas non impidan o uso correcto das máquinas e, por suposto, non poña en risco a saúde dos traballadores”, recalcou. Tamén comunicou que “esta mesma semana darase cumprida información aos delegados de prevención de riscos laborais”.

E é que o sindicato, ademais de denunciar problemas pola compra de novos equipamentos “sen calcular o espazo dispoñible”, afirma que a información á representación social foi “nula”.

A piques de morrer afogada unha moza que estaba de marcha en Riazor

0

O CIAE 112 Galicia tamén informou doutra intervención a pasada madrugada. Sobre as 2,20 horas o servizo de Emerxencias recibiu un aviso dun home, que alertaba de que unha amiga súa meteuse no mar na praia de Riazor, á altura dunha zona de discotecas onde estaban de marcha.

O 112 pediu a intervención de Urxencias Sanitarias-061, de Salvamento Marítimo, de Gardacostas, Bombeiros da Coruña, Policía Local e Nacional, e Protección Civil.

Dous particulares que se achaban na zona puideron sacar da auga á muller, que foi atendida no lugar por persoal sanitario e logo trasladada en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Retiran máis dun milleiro de cangrexos americanos no encoro de Cecebre dentro das Mariñas Coruñesas

0

A Xunta colabora na retirada de máis dun milleiro de cangrexos americanos do encoro de Cecebre, situado na reserva da biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, co fin de atallar a esta especie exótica invasora e controlar o seu impacto sobre a biodiversidade autóctona.

Nunha visita ao encoro de Cecebre, a conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, subliñou que o cangrexo americano (‘Procambarus clarkii’) é unha das especies invasoras “máis perigosas” detectadas en Galicia. Por iso, incide na necesidade do seu control para coñecer a bioloxía desta especie, a súa distribución no encoro e determinar áreas nas que realizar descártelos que están programados nos meses de xullo e agosto.

A Xunta colabora na retirada de máis dun milleiro de cangrexos americanos do encoro de Cecebre, situado na reserva da biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, co fin de atallar a esta especie exótica invasora e controlar o seu impacto sobre a biodiversidade autóctona.

Nunha visita ao encoro de Cecebre, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, subliñou que o cangrexo americano (‘Procambarus clarkii’) é unha das especies invasoras “máis perigosas” detectadas en Galicia. Por iso, incide na necesidade do seu control para coñecer a bioloxía desta especie, a súa distribución no encoro e determinar áreas nas que realizar descártelos que están programados nos meses de xullo e agosto.

Para a retirada de exemplares, instálanse nasas que se colocan a última hora da tarde con cebo e son recolleitos á mañá seguinte tras unhas 17 horas na auga.

O obxectivo é comprobar se con esta actuación pódense diminuír localmente as densidades da especie invasora e se esta redución ten un efecto apreciable na mellora das condicións das zonas onde se realizaron, tales como a recuperación das poboacións de macroinvertebrados acuáticos (libélulas) e de anfibios, a rexeneración da flora nas beiras do humidal e a atenuación dos efectos erosivos nas ribeiras.

Ademais, trabállase no deseño dunha estratexia de control para os próximos anos. De feito, se georreferenciaron aquelas zonas máis proclives a albergar poboacións de anfibios para realizar unha mellor selección das futuras zonas de traballo.

O obxectivo é comprobar se con esta actuación pódense diminuír localmente as densidades da especie invasora e se esta redución ten un efecto apreciable na mellora das condicións das zonas onde se realizaron, tales como a recuperación das poboacións de macroinvertebrados acuáticos (libélulas) e de anfibios, a rexeneración da flora nas beiras do humidal e a atenuación dos efectos erosivos nas ribeiras.

Ademais, trabállase no deseño dunha estratexia de control para os próximos anos. De feito, se georreferenciaron aquelas zonas máis proclives a albergar poboacións de anfibios para realizar unha mellor selección das futuras zonas de traballo.

Este domingo, Día do Deporte na Rúa

0

Este domingo 18 de xuño, terá lugar o XXXVI Día do Deporte na Rúa como colofón á actividade do curso 2022-2023 das Escolas Deportivas Municipais. A meirande parte das actividades desenvolveránse, entre as 11:00h e as 14:00h, na contorna de Riazor, mentres que os deportes náuticos desenvolveranse na praia de Riazor con excepción de surf adaptado, que se localizará na praia do Orzán.

Unha cita fantástica para que as crianzas de toda a cidade descubran novas disciplinas deportivas, e practiquen o deporte ao aire libre.

Este ano, un total de 75 entidades se sumaron á celebración do Día do Deporte colaborando co Concello da Coruña co obxectivo de dar a coñecer ata 65 discilplinas
deportivas que se ofertan na cidade e completar unha programación ampla e diversa, con
actividades como a actuatlón e xincana infantil, Jiu Jitsu, carreiras de orientación, dardos ou fútbol gaélico.
Non faltarán clásicos como fútbol, baloncesto, bádminton, ximnasia artística, taekwondo, escalada, marcha nórdica ou boxeo, e náuticos como waterpolo, windsurf ou natación entre moitas outras.

 

Futbolin do Dia do Deporte na Rua
O futbolín humano é un dos máis divertidos

 

 

As traballadoras de ABAI levan ás rúas as súas protestas polo ERTE

0

Se esta mañá chamas ao servizo de atención ao cliente de Movistar e tes que esperar máis do habitual, ten en conta que moit@s d@s traballador@s do servizo están en folga. Falamos da folga anunciada polo Comité de empresa (formado por CGT, CCOO, CIG e UGT) despois de que a Abai Business Solutions, S.A.U. (antiga EXTEL) anuciase a semana pasada un ERTE que afecta a 70 traballador@s no centro de traballo da Coruña.

Falamos dun plantel de 525 traballador@s que, a meirande parte, secundaron a primeira folga (convocaron un segundo paro para o día 19 e realizarán unha concentración máis visible no centro) e participaron na concentración celebrada esta mañá diante do centro de traballo, situado no situado no edificio Proa, e que despois percorreu as rúas do barrio de Matogrande.

Protestas ERTE ABAI CORUNA por Matogrande

Abai, igual que están facendo empresas de telemarketing como Atento, Teleperformance… teñen moitos postos de traballo na cidade, pero a globalización estalles permitindo irse desfacendo dos traballador@s do noso país para ampliar planteis en países onde a man de obra é máis barata. “Falamos de grandes empresas que conseguen beneficios millonarios a costa dos traballadores mal pagados e precarios”, denuncia Loli Bermejo do Comité. “Queren facer unha limpeza” a persar de que “si hai traballo”, como se detecta nas queixas dos clientes de Movistar sobre os eternos tempos de espera no servizo de atención ao cliente.

”Non podemos deixar que leven o traballo para outro sitio, ou vén que prescindan de nós alegando que non hai traballo. O único que queren é ter maiores beneficios”, denuncia ante este ERTE de suspensión de contrato por un mínimo de 12 meses, que provocará que “70 persoas vaian esgotando o seu paro, sostidos polo estado, á espera dun traballo que non saben se volverá, sen expectativas claras de que ao remate sexan recolocadas”, explica Bermejo.

Os sindicatos tamén solicitan que se aclare que pasou co contrato de 13,8 millóns de euros, que segundo fontes de ABAI, lle adxudicou a Xunta para o servizo de rastrexo da COVID-19, cunha duración de 12 meses. O Comité de Empresa da Coruña aclara que este servizo apenas estivo en funcionamento 6 meses. Aínda que lle foi solicitado, a Dirección de ABAI nunca facilitou unha copia do contrato coa administración pública nin ningún documento que acredite que o Goberno Galego resolveu o mesmo antes de tempo.

Gómez-Reino, ex líder de Podemos Galicia, renuncia a concorrer nas listas

0

O deputado de Galicia en Común pola Coruña, Antón Gómez-Reino, renuncia a presentarse nas candidaturas de Sumar para as eleccións do próximo 23 de xullo. Con todo, esta renuncia, que cingue a cuestións persoais, non lle afastará do todo da política e é de esperar que xogue outro papel na campaña electoral.

Gómez-Reino publicaba esta carta nas redes sociais esta mañá de martes.

 

Gómez-Reino foi deputado do espazo ‘rupturista’ desde o ano 2015 e foi presidente da Comisión de Traballo, Inlusión Social e Migracións desde febreiro de 2020 ata maio de 2023.

Entre outras actividades nas Cortes, foi relator na lei para a transferencia da AP-9 e vicepresidente segundo da Delegación española da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa desde febreiro de 2020. Ademais, é un dos impulsores da primeira Marea Atlántica da Coruña e asumiu as rendas de Podemos Galicia en 2018.

Ademais, liderou a candidatura de Galicia en Común –xurdida do espazo da extinta En Marea– nas eleccións de 2020 que deixaron fóra do Parlamento este espazo político que tivo as súas orixes en 2012 con AGE. Gómez-Reino asumiu ese papel sendo deputado nas Cortes tras unha negociación no espazo na que se impuxo a vontade de Pablo Iglesias de que a cabeza de lista tiña que ser de Podemos, o que situou a Gómez-Reino de cartel nas autonómicas.

DEPUTADO XUNTO A YOLANDA DÍAZ

Gómez-Reino, xunto con Yolanda Díaz, son os únicos dous deputados deste espazo político polas circunscricións galegas que actualmente teñen escano no Congreso, ao lograr representación pola Coruña e Pontevedra.

A política ferrolá conseguiu o seu escano tras desembarcar na provincia de Pontevedra, o que lle custou á actual secretaria de Estado de Igualdade, Ángela Rodríguez, quedar fóra do Congreso ao concorrer de segunda pola súa provincia. Precisamente, a número dous de Irene Montero está fóra das quinielas para repetir a súa candidatura por Pontevedra e tampouco ten encaixe na lista madrileña.

Para o proxecto de Sumar, no caso da provincia da Coruña e salvo sorpresa, todo apunta a que a presidenta de Sumar e estreita colaboradora en Galicia deste proceso, Marta Lois, será a persoa que liderará a lista nunha provincia.

Critican a “inactividade” municipal cos Murais de Lugrís

A asociación cultural O Mural acaba de presentar á Valedora do Pobo unha queixa sobre a “deixamento do Concello da Coruña na protección dos frescos que Urbano Lugrís pintou na rúa Olmos, 25-27 da Coruña”

“Malia a situación crítica na que se atopa o edificio, consonte o informe do propio arquitecto municipal; a necesidade dunha intervención urxente para restaurar os murais, tal e como aconsellou ó Concello a restauradora á que encomendou o estudo dos frescos; e o reiterado incumprimento da propietaria do edificio aos requirimentos municipais; a administración local aínda non exerceu a súa facultade de execución das obras precisas para asegurar a estabilidade do edificio e a conservación dos murais”, critican dende a entidade.

“Tanto a propietaria do inmoble, en concurso de acredores, como a asociación O Mural, tras comprobar que concorren todos os requisitos normativos, solicitaron que o Concello comezara as obras necesarias para evitar que se agraven os xa importantes danos que están a sufrir os frescos abandonados polos seus propietarios nunha casa cun deplorábel estado de conservación que ameaza ruína”.

Pero lamentan que xa pasaron máis de 3 meses dende de que O Mural solicitara que o Concello asumira as obras, polo que “ante a inactividade da administración, a asociación solicitou a intervención da Valedora do Pobo para que a alcaldesa xustifique a súa actitude, que está a causar graves danos no patrimonio cultural de Galicia”.

 

O Obelisco acolle este sábado a V edición da Barbería Solidaria

0

Falamos hai unhas semanas con Segundo Mallo, “o barbeiro solidario”. O organizador da Barbería Solidaria da Coruña ten todo en marcha para a 5ª edición deste singular evento, que xuntará medio centenar de barbeiros e barbeiras de toda a península para recadar fondos para a Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple-ACEM.

A cita desenvolverase este sábado 17 de maio no Obelisco, nos Cantóns, entre as 15:00h e as 21:00h. As carpas instaladas polo Concello permitirán que os profesionais poidan facer traballos de máximca calidade a nenos, nenas, homes e mulleres. O corte, 8 euros.

Máis info: Falando con SEGUNDO, O BARBEIRO SOLIDARIO