Inicio Blog Páxina 652

Os Franco deberán abrir ao público a Casa Cornide trala publicación no DOG da declaración BIC

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a declaración como Ben de Interese Cultural da Casa Cornide, despois de que o Goberno galego aprobase o decreto correspondente o pasado 27 de abril

Agora os Franco, propietarios dun inmoble que o consistorio busca recuperar pola vía xudicial, deberán abrila ao público polo menos catro días ao mes definidos con antelación e, polo menos, durante catro horas ao día.

No DOG, establécese agora ordenar a inscrición no rexistro de bens de interese cultural e comunicalo tamén á administración estatal para a súa correspondente anotación.

Ademais, recolle a aplicación do réxime de protección que establece a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia de 2016 e lembra a obrigación do consistorio de acordar as determinacións específicas para a súa protección e conservación.

Esta resolución será notificada ás partes interesadas con posibilidade de interpor recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte á publicación ante o órgano que o ditou ou interpor recurso contencioso-administrativo.

Os (ex)traballadores de Alu Ibérica paralizaron Juan Flórez

Volveron a rúa os traballadores desempregados de Aluibérica. Porque eles non se consideran extraballadores do metal, queren volver aos seus postos de traballo na industria do país.

Levan anos de piquetes na fábrica da antiga Alcoa, e meses de loita nas rúas dende o seu peche. Xa o pasado 1 de maio lideraron a manifestación do Día do Traballador e este xoves 11 de maio paralizaron a rúa Juan Flórez.

Foi no marco das concentracións convocadas polo último Comité de Empresa, liderado por CCOO, que esixe unha solución industrial á situación da histórica fábrica de aluminio que foi vilipendiada por empresas e fondos de investimento, e esquecida polas administracións. Ducias de promesas teñen recibido de todas as cores políticas, pero ao final, todas se perden no vento.

Agora volven á rúa porque o Fondo de Garantía Salarial (FOGASA) ten anunciado que vai afrontar o pago das indemnizacións do persoal (as mínimas legais, 20 días por ano traballado), pero para eles non é unha boa nova, porque supón o recoñecemento da sentenza de morte das fábricas e consideran ao Goberno Central e á Xunta cómplices deste desconcerto. Por iso piden “recolocacións”, como sinala o expresidente do último de empresa, Juan Carlos López Corbacho, ademais de buscar “unha solución industrial á fábrica”.

Por detrás, ademais de 30 anos de industria metaleira, queda un progresivo desmantelamento da fábrica, despedimentos, prexubilacións, vendas segredas feitas en fraude, e un ano de mentiras das administracións.

Achan os restos dunha bala na casa do veciño de Culleredo desaparecido

0

A Garda Civil mantén abertas todas as hipóteses en relación á desaparición dun veciño de Culleredo, en cuxa casa atoparon restos de sangue e tamén un “casquillo” de bala, segundo apuntaron a Europa Press fontes próximas á investigación, que precisaron que o home era “afeccionado ás armas”.

Trátase dun home de 50 anos que falta do seu domicilio na zona de Orro desde o pasado venres. Foron os seus familiares quen denunciaron a súa desaparición.

Ao lugar, desprazáronse axentes da Garda Civil que acharon restos de sangue nalgunhas zonas da vivenda e o que podería ser un intento de limpar os mesmos.

Mentres, apuntaron que o coche do home o tiña un amigo, ao que se tomou declaración, e engadiron que agora se está facendo a correspondente inspección. A procura do home mantense igual que unha investigación a cargo do equipo de Policía Xudicial da Coruña.

O paso de peóns máis famoso da cidade

0

Un día bastou para que as redes botasen fume co paseo de peóns máis grande da cidade. 25 metros de ancho por 20 de longo ten o paso que atravesa Ramón y Cajal unindo os dous tramos da rúa Alcalde Marchesi, recén renovados.

As redes estiveron toda a xornada de onte recollendo imaxes do paso.
Os traballos consistiron na eliminación da medianeira da calzada e a creación dunha zona de intersección que ocupa o espazo entre ambos os tramos. Instaláronse, ademais, novos sinais verticais e semáforos.

A Coruña volverá acoller o Open Náutico trala pandemia

A Coruña volverá acoller o Open Náutico Esfuerza, un evento deportivo que engloba sendas competicións de vela e piragüismo adaptado. Tralos anos de pandemia, a Fundación María José Jove e a Fundación La Caixa decidiron organizar a sexta edición desta competición que incluirá a duodécima Regata de Vela Adaptada- Yatlant 460 e a sétima Regata de Piragua Adaptada.

A cita será os días 16, 17 e 18 de xuño e os interesados en participar teñen de prazo para inscribirse ata o 19 de maio na web da fundación. A competición abarca as categorías de vela e piragüismo adaptado, así como a de vela adaptada con acompañante para aqueles regatistas que precisen algún tipo de axuda para o goberno do barco, favorecendo deste modo que calquera persona, sen importar as súas capacidades, poida participar.

Investigan a desaparición dun veciño de Culleredo tras atopar restos de sangue na súa casa

A Garda Civil investiga a desaparición dun veciño de Culleredo (A Coruña) en cuxa casa atoparon restos de sangue, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Benemérita. O home, de 50 anos, falta do seu domicilio na zona de Orro desde o pasado venres e foron os seus familiares quen denunciaron a súa desaparición.

Ao lugar desprazáronse axentes da Garda Civil que acharon restos de sangue nalgunhas zonas da vivenda e o que podería ser un intento de limpar os mesmos. Por este motivo e tras a denuncia formalizada pola familia do home, mantense aberta unha investigación sen descartar ningunha hipótese en relación ao caso, segundo precisaron.

650 profesionais da seguridade controlarán a 150.000 persoas na noite de San Xoán da Coruña

Máis de 650 profesionais velarán pola seguridade na noite de San Xoán, segundo informa o consistorio despois de que se presentase este xoves, na xunta local de Protección Civil, o primeiro borrador do dispositivo de seguridade. O goberno local, indica que o obxectivo é “garantir o correcto desenvolvemento desta celebración, catalogada como festa de interese turístico internacional e que congrega cada ano a unhas 150.000 persoas na contorna das praias de Riazor e Orzán”.

Este ano, engade, levará a cabo un reforzo do dispositivo de seguridade, que pasará de 400 a 656 efectivos, o que supón un 64% máis que no 2022. Para o dispositivo, haberá colaboración entre os diferentes corpos de seguridade, como a Policía Local, a Policía Nacional, Bombeiros, Protección Civil ou persoal de Urxencias do 061.

O dispositivo comezará ás 17:30 horas do día 23. Os cortes de tráfico no paseo marítimo produciranse a partir das 19:00 horas e o baño estará prohibido desde as 22:00. Este, funcionará a pleno rendemento ata as seis da mañá do 24 de xuño, cando se desaloxarán as praias para a súa limpeza. Ademais, este ano a vixilancia reforzarase por primeira vez co uso dos dous novos drones da Policía Local.

En marcha o proxecto para crear un Centro de Atención Continuada no antigo Padre Rubinos

0

Esta mañá de mércores 10 de maio celebrouse unha nova Xunta de Goberno no Concello da Coruña. Ademais de aprobar a urbanización da última parcela libre de náutica e aprobar o proxecto de reposición de legalidade dun edición sobre o que pesaba unha orde de derrubo, a Xunta aprobou a licitación das obras correspondentes á primeira fase de reforma no local que acollerá o centro de baixa esixencia da Institución Benéfico Social Padre Rubinos.

Un proxecto enmarcado no convenio subscrito en abril do ano 2021 entre o Concello e a Institución segundo o cal a Administración local asumiu, en forma de cesión, as instalacións do albergue —unha superficie de case 2.000 metros cadrados—, baixo o compromiso de construír unhas instalacións que cumpran os requisitos fixados para establecer un Centro de Atención Continuada, co obxectivo de dar servizo a 29 persoas en risco de exclusión social.

Para iso asumirase a reforma da planta baixa e o semisoto do edificio do antigo albergue. Os traballos, unha vez que se adxudiquen e se poñan en marcha, contarán cun orzamento de 752.000 euros, e será cofinanciada nun 80 % con fondos europeos FEDER.
Xa posteriormente, coas obras correspondentes á segunda fase, acadarase espazo para 16 persoas máis, ata chegar ás 45 previstas.

A líder do grupo Ialma, Verónica Codesal, presenta o novo disco “100 Voltas”

0

Verónica Codesal, a talentosa pandeireiteira e cantante belga de raíces betanceiras e líder do grupo Ialma, ten o pracer de anunciar o lanzamento da súa última produción musical, o disco titulado “100 Voltas”. Ademais, en homenaxe ao 20 aniversario do 2º posto obtido por Urban Trad en Eurovisión, destaca unha nova versión do seu exitoso tema “Sanomi” coa colaboración especial de Mercedes Peón na percusión.

“100 Voltas” é un proxecto que rende homenaxe á cultura e tradición galegas. Concibido como un elemento vivo en constante evolución, este disco combina a esencia do pasado con elementos contemporáneos e instrumentos diversos, ofrecendo un repertorio que fará as delicias de todo tipo de público. Para a súa creación, o disco contou coa colaboración de destacadas poetas galegas como Lucía Aldao, Rosalía Fernández, Yolanda Castaño ou Brais Fernández.

A xira de presentación de “100 Voltas” comezará en Galicia e contará coa participación dos compañeiros de toda a vida de Verónica Codesal: Didier Laloy (acordeón diatónico), Damien Chierici (violín) e Boris Tchango (percusión e batería). Ademais, para celebrar o aniversario de “Sanomi”, a canción que lles permitiu acadar o segundo posto en Eurovisión, Verónica Codesal, Didier Laloy e Damien Chierici gravaron unha versión actualizada da canción na que o compositor orixinal, Yves Barbieux, participa como invitado especial. Esta nova versión sairá o 10 de maio, xusto antes de Eurovisión 2023, e será unha oportunidade para anunciar o próximo lanzamento de “100 Voltas”.

O disco estará dispoñible antes do verán e presentarase no Festival Het Lindeboom de Francia o 22 de xullo, en Compostela o 30 de xullo e no Foyer Culturel de Bélxica o 29 de setembro. O goberno belga, a través da Fédération Wallonie-Bruxelles, Services des Musiques, patrocina e apoia este prometedor novo traballo musical, “100 Voltas”.

Detido un veciño de Culleredo por asperxer con gas pementa o interior dun autobús que houbo que desaloxar

A Garda Civil detivo a un veciño de Culleredo como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria e outro de lesións, por asperxer con gas pementa o interior dun autobús o pasado 24 de abril.

Segundo informa a Garda Civil, ocorreu nun autocar que cubría a liña A Coruña-Carral e o condutor viuse obrigado a deter a marcha e desaloxar aos viaxeiros en Vilaboa. Algúns deles, de feito, sufriron lesións leves e precisaron asistencia sanitaria por irritación de ollos e gorxa.

Así, dado que o autor dos feitos fuxius ante a inminente chegada da Policía Local de Culleredo, a Garda Civil iniciou unha investigación para identificar ao responsable.

A través de recoñecementos practicados a testemuñas prexudicadas, o Instituto Armado conseguiu localizar ao autor e proceder á súa detención como autor dun delito contra a seguridade viaria e outro de lesións.

As dilixencias instruídas foron postas a disposición do Xulgado de Instrución da Coruña.