Un total de 14 proxectos optan a redactar o proxecto de reformay remodelación do mercado de Santa Lucía, no barrio da Falperra, na Coruña.
A instalación, que conta con tres millóns de euros para rehabilitar a parte municipal, funcionará como centro cívico, centro de saúde e tamén mercado, para o que se reservan 400 metros cadrados no inmoble.
As bases administrativas do concurso de ideas para rehabilitar o mercado de Santa Lucía aprobáronse o 15 de febreiro en Xunta de Goberno Local, coa posterior apertura dun prazo de 45 días naturais para que se fixese entrega das propostas, prazo que finalizou o 3 de abril.
As bases deste concurso de ideas establecen a redacción completa do proxecto básico e de execución para a rehabilitación do edificio, incluíndo o estudo de seguridade e saúde, así comoel de xestión de residuos e das certificacións enerxéticas necesarias.
O Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña sinalou para o día 26 de xuño, ás 9,30 horas o inicio da dilixencia de entrega á familia do ditador Francisco Franco dos únicos bens do Pazo de Meirás que a Audiencia Provincial da Coruña permitiulle retirar.
A entrega, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) este martes, continuará durante os días hábiles seguintes.
Na resolución, contra a que cabe presentar recurso, tamén requiriu á Administración Xeral do Estado que teña os bens perfectamente localizados e identificados.
A Audiencia Provincial da Coruña, dentro da fase de execución da resolución xudicial de 2020 que declarou que o inmoble é propiedade do Estado, confirmou o pasado mes de xaneiro que a gran maioría dos bens reclamados pola familia Franco que se sitúan no exterior e interior do pazo de Meirás forman parte ou pertencen ao inmoble e, por tanto, non poden ser retirados.
PEZAS QUE PODERÁN LEVAR
As únicas pezas do inventario elaborado en 2020 polos técnicos de Patrimonio Cultural da Xunta que os recorrentes poderán levar do pazo son os angelotes de bronce da capela, unha virxe, unha lámpada situada sobre a pilastra da escaleira e uns apliques de parede metálicos.
Estas pezas súmanse ás alfombras pasilleras, cuxa retirada xa permitira o Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña nun auto recorrido pola familia Franco.
Así, trala petición dunha acción social por parte do impulsor desta iniciativa, Daniel Garaboa, veciño da parroquia, e coa axuda da Asociación Veciñal O Temple, a Asociación de Empresarios Cambre Empresarial e o Concello, estáse a reclamar a execución da infraestrutura cunha recollida de sinaturas ao longo da semana e en diversos puntos do termo municipal.
Na vila consideran que habilitar unha rotonda provisional na saída da autovía, 100m antes da rotonda da Casa das Palmeiras, pode ser unha solución. “Esta infraestrutura permitiría probar a eficacia desta infraestrutura”, explican.
Citas
As persoas interesadas en asinar a petición veciñal poden facelo no seguintes datas e lugares:
Os días 17, 19 e 21 de abril (de 17.00 a 20.30 horas) no arredores da Casa das Palmeiras.
Os días 18 e 20 de abril (de 10:00 a 14:00 horas) na Casa do concello.
Os días 22 e 23 de abril (de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 21:30 horas) no Mercado de Oportunidades do Temple, no polideportivo.
Ademais, as follas de rexistro tamén están dispoñibles nas instalacións colaboradoras do Temple e Cambre, así como nos rexistros de entrada do Concello.
A sexta edición do ‘Corufest’ terá lugar do 4 ao 14 de maio con 12 espectáculos en diferentes espazos da cidade, segundo informaron os seus promotores nun acto xunto á alcaldesa da Coruña, Inés Rey.
Nesta ocasión, o festival explorará diversos campos artísticos de face a conseguir un “maior compromiso” coa diversidade afectivo sexual. “O noso obxectivo apoiando esta iniciativa é impulsar a cultura, fomentar a divulgación en materia de igualdade e dar visibilidade á diversidade”, remarcou a este respecto Inés Rei.
Nesta edición, ‘Corufest’ continuará apostando polo talento galego emerxente en combinación con importantes artistas do panorama da danza e doutras artes escénicas como o teatro. As sedes deste festival serán o Teatro Colón, o Teatro Rosalía de Castro, o auditorio e a biblioteca do Centro Sociocultural Ágora e a Fundación Luís Seoane.
A rendibilidade do aluguer en Galicia foi do 4,91% no primeiro trimestre, segundo un informe de pisos.com, no que se sitúa este dato a nivel estatal no 6,31%. No informe, recóllese o caso de Coruña capital, situando esa rendibilidade no 4,76%.
Ferran Font, director de Estudos de pisos.com, destaca que “tras un 2022 con resultados excelentes no que a rendibilidade respecta, o seu dinamismo viuse truncado, primeiro no último trimestre do ano e, agora, no primeiros tres meses de 2023″.
A rendibilidade no primeiro trimestre de 2023 cae doce centésimas respecto ao mesmo período de 2022 (6,43%) e tres centésimas con relación ao cuarto trimestre do mesmo ano (6,34%). Así, en España por unha vivenda tipo de 90 metros cadrados cun prezo de 181.440 euros e unha renda media mensual de 955 euros, un propietario obtivo 11.458 euros brutos anuais.
Os coruñeses sempre foron moi aficionados ao fútbol, ata o ponto de praticalo dende moi cativos, de tal xeito que en caseque todos os barrios xordiran sociedades deportivas. De aí que A Coruña albergue, espalladas por todos os seus recunchos, diversas asociacións onde se mixtura o compoñente deportivo e o recreativo. Non dispoñen de moita proxeción mediática, pero son testemuña silenciosa da súa historia. Son os clubes modestos de fútbol, onde unha parte importante da veciñanza atopa o esparcimento, a convivencia e a amizade. Representan esa clase de signos que deixan marca e, consecuentemente, poden considerarse ata sociais. Son, algo así, como unha consciencia de barrio porque para moitos coruñeses convértense nun espello inmellorábel que lles permite acentuar aínda máis o especial orgullo do barrio no que viven, ilusionándose por cada vitoria do seu equipo. Tras estas entidades escóndese unha peculiarísima personalidade dos barrios coruñeses, mais tamén son todo un síntoma de veciñanza.
Sporting Coruñés / SC SD
Hai momentos que nos traen toda a infancia e xuventude de golpe. A miña é simple, o fútbol, ao que recurría como un entretido pasatempo. Entre os nomes memorabeis estaban Luis Suárez Miramontes e Amancio Amaro Varela. O primeiro, formouse no Perseverancia, promovido polo párroco Carballo, da igrexa de Santo Tomas, mentres que o segundo fixoo no Victoria. Ambos acadaron a gloria a nivel internacional. Mais tamén hai outros nomes que emerxeron da man de clubs modestos como Carlos Pellicer (Liceo de Monelos), Manolete (Deportivo Ciudad), Beci (Orzán), Loureda (Sporting Coruñés), Seoane (Sin Querer), Pepe Vales (Oza Juvenil), Pepe Pousada (Español) e Andrés Pardo (Galicia Gaiteira), que, en diferentes etapas, xogaron no Deportivo. Dos actuais, sirvan como exemplo clarificador, os casos de Alex Bergantiños (Imperator), ou Lucas Pérez e Raúl Carnero (Victoria). No momento de escreber estas liñas, só poido confiar na miña memoria para enumerar estos nomes, e ben sabido é que esta resulta, as veces, moi traizoeira. Así que como comprenderán, a nómina sería extensísima logo dunha exhaustiva contabilidade se nos mergullamos naqueles partidos da década dos 70 celebrados no mítico campo da Granxa, algo así como o paraíso do fútbol modesto coruñés, e lembramos con nostalxia a aqueles anónimos persoaxes encargados de transportar o material en coches ou furgonetas particulares que sempre viaxaban, ao menos, co triple da súa capacidade, pero que sempre estaban dispostos a enterrar as súas vidas polo cariño aos seus clubes e que, desgraciadamente, tenden a esquecerse.
Moitas son as curiosidades que encerran estas sociedades. Un rápido percorrido por algúns dos seus locais, permite descobrer unha decoración similar recargada de vitrinas con trofeos, retratos, nomes raiados nalgunha madeira, e animada clientela que se dan cita para beber, charlar, xogar as cartas, dominó, bingo ou ler calquera xornal ou revista que estea dispoñibel, pero que tamén acolle acaloradas tertulias con todo luxo de detalles sobre o que prefiren para as vindeiras eleizóns municipais ou xerais. Xente do común, a que se curra a vida a cotío, pais, fillos e amas de casa que transitan coas bolsas da compra e que acuden a curar ou aliviar as súas penas polo procedemento de narrar os seus problemas con toda clase de pelos e sinais, á procura da comprensión dos presentes; a veciñanza, en suma, sen distincións sociais.
Hoxe, estas entidades seguen a fascinar a unha grande parte da veciñanza porque son veículo apropiado para o desenvolvemento das súas capacidades de lecer e porque, á súa vez, poucos recintos da cidade reflicten tan claramente os contrastes dos barrios. O fútbol cristalizou na Coruña como un espectáculo de masas e para comprobalo non hai máis que patear o Paseo Marítimo un día de partido en Riazor e contemplar lexións de seareiros ataviados cas cores do Deportivo á procura de adentrarse no Estadio para estimular ao equipo cos berros de Forza Dépor! Mentres tanto, as sociedades deportivas seguirán a marcar boa parte do ritmo dos barrios coruñeses.
Ricardo Vales é expresidente da Asociación Veciñal de Atochas-Monte Alto e Responsábel de Comunicación da Plataforma Cívica Defensa do Común.
Con motivo da publicación do libro etceteramente, o autor, Xelís de Toro, está mantendo unha serie de conversas en diferentes lugares sobre os varios temas que aparecen no libro.
Cada conversa xira arredor dun tema diferente. En A Coruña, no fermoso refuxio cultural do barrio dos Castros Tobeira de Oza, Xelís de Toro fará unha pequena exposición da Poesía sonora, desde o dadaísmo ata o letrismo. Estará acompañado do poeta Xavier Seoane que falará sobre Poesía visual e obxetual.
O martes 18 de abril terá lugar a final do XI Premio de Alta Cociña da escola Le Cordon Bleu Madrid, na capital española. Nela participará o mozo galego de 19 anos Mateo de Miguel Blanco Martí, estudante do centro CEIP Paseo das Pontes da Coruña.
A final é en directo, dura 4 horas e compiten 10 finalistas que terán que enfrontarse a un xurado moi esixente entre os que se encontra Nacho Manzano, o famoso chef que xa conta con dúasEstrelas Michelín. Pero para chegar ata ela tamén necesitou do apoio do público, mediante plataformas como Facebook onde arrasou con 2.015 votos, o que máis coseguiu neste edición.
A final consistirá na elaboración dun plato cunha base común, polo de corral en salsa, peituga contisée e tartaleta de verudras, pero empregando técnicas libres e os ingredientes que elixan para así demostrar a súa técnica e creatividade.
O gañador, que se anunciará o mércores 22 de abril, optará a unha beca de estudos valorada en máis de 23.000€ e o seu centro recibirá unha axuda económica de 1.500€. O segundo clasificado terá acceso a unha beca de estudos de 8.500€.
O Día da Ciencia na Rúa reunirá a medio centenar de centros educativos de Galicia o próximo 6 de maio no parque de Santa Margarita.
Segundo avanza o consistorio coruñés, haberá actividades lúdicas e divulgativas para todas as idades. Ademais, os museos científicos coruñeses levarán a cabo unha xornada de portas abertas.
Este evento ten como protagonistas principais ao alumnado e profesorado de centros educativos de diversas localidades galegas “que traen as actividades e experiencias que prepararon durante meses para convidar a cidadanía a descubrir, aprender e xogar coa ciencia e a tecnoloxía”, explica o consistorio.
Esta xornada está organizada polo Concello da Coruña, a través dos seus Museos Científicos, a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e a Cátedra Emalcsa-UDC, ademais de con a colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia e Innovación.
Un home sufriu queimaduras nas mans e foi trasladado a un centro médico despois de queimarse as mans por mor dun incendio que afectou á cociña dunha vivenda situada na Travesía de Pastoriza, en Arteixo.
Segundo informa o 112, o incendio declarouse por mor dunha tixola ao lume, que prendeu na campá extractora e tamén provocou danos no mobiliario da estancia. Ata o lugar dos feitos acudiron, tras recibirse a alerta, uns minutos despois das 15,00 horas, membros do Servizo Municipal de Protección Civil, os axentes da Policía Local e da Garda Civil e o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
VARIOS VECIÑOS COLABORARON
Ademais, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Carballo, aínda que finalmente descartouse a súa actuación ao lograr varios veciños extinguir o incendio. Os efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil revisaron a vivenda para asegurar as condicións de seguridade.