Inicio Blog Páxina 732

A Coruña literaria…. Como facer que a cidade sexa recoñecida pola Unesco

0

Agrupación Cultural Alexandre Bóveda promove o proxecto ‘A Coruña literaria’, unha iniciativa que ten como obxectivo conseguir o recoñecemento do municipio como ‘cidade da literatura’, galardón que a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) outorga ás localidades que teñen no mundo do libro e a edición uno dos seus “principais brillos”.

A asociación leva “varios meses” elaborando materiais, a páxina web e rutas literarias para dar a coñecer e publicitar todo o que A Coruña fixo “no pasado, no presente e o que está por facer ao redor do libro e a lectura”.

Así o explicaron na presentación deste proxecto nunha comparecencia informativa na que participaron a presidenta da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, María Xosé Bravo, e dous dos seus membros, Jorge Castro e Carmela Galego, así como o escritor Manuel Rivas.

Rivas destacou que “o máis apaixonante destas propostas é o redescubrimiento de nós mesmos e do lugar no que vivimos” e afirmou que a cidade herculina “xa é literaria”. “O marabilloso é a condición de vangarda creativa incesante que é a historia da Coruña”, sinalou respecto da cidade, á que comparou cunha rosa dos ventos na que “os ventos son a liberdade, a marabilla, a rebeldía, a creatividade”.

María Xosé Bravo, pola súa banda, coincidiu co escritor en que o “importante” deste recoñecemento “é o camiño, que che fai máis rico e axúdache a aprender multitude de cousas, non tanto o final”. Así mesmo, Carmela Galego recalcou o mapa literario que contén a páxina web do proxecto, unha ferramenta “moi visual” que mostra puntos estratéxicos.

Desde o ano 2004, 28 localidades obtiveron o recoñecemento de ‘cidade da literatura’. A primeira en conseguilo foi Edimburgo, en Escocia. En España, Granada e Barcelona posúen este galardón.

Os traballadores do guindastre e O.R.A. comezan a folga

0

Tras un ano de negociación infrutuosa, os traballadores dos servizos de Grúa e O.R.A. da Coruña veñen de anunciar as primeiras xornadas de folgas. Así informaban onte durante as concentracións que veñen realizando estas semanas (luns, mércores e venres) na Rúa Fernández Latorre, diante da sede da empresa Setex Apark, deixando claro os primeiros paróns os 7, 14 e 28 de febreiro.

Segundo Adrián López, Delegado de UTE Grúa Coruña, “a negociación do convenio provincial está bloqueada. Nós fixemos achegamos e a patronal non fai esforzos”. Explica que a meirande demanda do colectivo traballador é ir recuperando o poder adquisitivo perdido durante estes 10 anos nos que non se actualizou o convenio. “Tendo en conta o IPC actual consideramos que perdemos ata un 12% do poder adquisitivo. Non pedimos chegar aí, pero si recuperar un pouco, pero as propostas empresariais nin se asemellan”.

Quéixanse ademais das “ameazas” por parte da patronal, como un “escrito ameazante de Setex Parki coincidindo co comunicado da folga”. “Non pararemos ata que a Patronal nos escoite e atenda ás reinvidicacións, e pedimos desculpas de antemán á cidadanía e aos concellos que se poden ver afectados pola folga”, advirten.

Dous incendios deixaron 4 coches calcinados esta madrugada

0

Esta madrugada rexistráronse dous incendios urbanos nas rúas da cidade. Dous sucesos, que, segundo fontes municipais, “parece que non foron intencionados”. En todo caso, están investigando o sucedido en profundidade.

Un dos incendios rexistrouse na Avda. Arteixo, entre a Ronda de Nelle e a Ronda de Outeiro, onde dous vehículos quedaban completamente calcinados.

Ademais, na Ronda de Outeiro, ao carón de Padre Rubinos, outros dous coches sufrían as consecuencias e quedaban destrozados polo lume.

O mar de Santo Amaro: un nome inseparablemente unido a Monte Alto

0

E é que o Club do Mar, inaugurado en 1935, é unha das sociedades que mellor encarna o sentimento de barrio e do estilo de vida coruñés, unha sociedade tamén de contrastes, cuxos asociados están a vivir unha espectacular e lenta agonía. O seu emprazamento, nun dos recunchos máxicos da cidade, convérteno nun lugar onde un pode todavía extasiarse a gusto da imaxinación. O vindeiro día 5 celebra unha asemblea ordinaria no que o capítulo económico ocupará un lugar preferente na atención da súa masa social.

Todo comenzou coa construcción do Paseo Marítimo que obrigou a demoler o antigo Pavillón de Deportes, recinto no que o Club do Mar chegou a disputar partidos da liga de hockey sobre patíns coa élite da categoría, sendo reemplazado por outro situado baixo o novo viario ao que se lle engadiu unha piscina que xestiona a propia sociedade a través dun convenio asinado co Concello da Coruña. O caso é que esta piscina está a converterse nun sobresalto constante para as diversas directivas que ocuparon a dirección da entidade nos últimos anos, ao contabilizar un déficit acumulado de 400.000 euros dende 2018, monto que pon en perigo a viabilidade da sociedade.

Praia de San Amaro co Club de Mar de San Amaro / wikipedia

Mais o verdadeiro declive comenza coa espantada de 500 socios coincidindo coa fase máis aguda da pandemia e coa suba da enerxía eléctrica, ata o ponto de que a xunta directiva tentou incrementar as cuotas actuais no transcurso dunha asemblea para reequilibrar as súas finanzas, proposta que foi rexeitada. Así que a presión deica o Concello empezou no verán pasado a tomar novos folgos cunha concentración diante do Pazo de María Pita no que amosaron a súa rabia e compromiso pola continuidade da entidade, conseguindo, ao menos, unha maior receptividade do goberno municipal as súas reivindicacións, aínda que sen nengunha concreción ao respecto. Optimizar os recursos propios e racionalizar o gasto en capítulos como o de persoal, cunha nómina inasumíbel no momento actual, son algunhas das medidas que baralla a xunta directiva presidida por Alberto Santalla, sen descartar trasladarlle a xestón da piscina ao Concello ao remate da concesión, aínda que a curto prazo, moitos pensan que esos sacrificios poidan lograr o verdadeiro milagre de sacar da crise a esta emblemática entidade, sen axuda institucional.

Unha dificultade agravada ademais por problemas de fondo. Resquemores profundos, antiguas suspicacias entre membros das últimas xuntas directivas con cruces de acusacións de mala xestión propagadas a través das redes sociales, algunhas das cales acabaron dirimíndose nos xuzgados, circunstancia que contribuiu a alimentar vellos rencores, estimulando, a súa vez, un clima de inestabilidade que resulta nocivo para recobrar lentamente o sono e esplendor de outros tempos porque a sociedade de Santo Amaro, por estéril que pareza, segue sendo parte dese estilo de vida coruñés e imaxe inequívoca da vitalidade dun barrio popular, que expresa gran parte das súas vivencias a través do asociacionismo, da amizade e da convivencia. Se o Club do Mar ostenta o codiciado galardón que o proclama como unha das entidades con máis solera da Coruña é sinxelamente porque no seu seo conflúe o desexo de seguir xenerando unha serie de experiencias de carácter deportivo e cultural  e porque, en definitiva, iso é o que define os feitos máis relevantes da súa historia, aínda que o momento actual do Club do Mar sexa, como a propia vida, dulce e amarga.

Ricardo Vales é expresidente da Asociación Veciñal de Atochas-Monte Alto e responsábel de comunicación do Club de Opinión Foro Cívico e da plataforma cívica Defensa do Común.

Usurpa a rede social dunha amiga e vende fotos íntimas dela a outros usuarios

0

A Policía Nacional detivo a un home na Coruña por usurpación de identidade, revelación de segredos e coaccións tras supostamente suplantar a identidade dunha amiga en redes sociais e vender as súas fotografías íntimas a terceiros.

Tal como informou este corpo de seguridade, os feitos remóntanse ao ano pasado, cando a moza non puido acceder ao seu perfil nunha rede social e, días despois, decatouse de que fotografías súas estaban a ser vendidas. Por iso, presentou denuncia.

Durante a investigación comprobouse que fotografías e vídeos da moza, algúns deles de contido íntimo, eran ofrecidos a usuarios, sendo publicitados para ese efecto de maneira activa por parte do individuo que usurpaba a identidade da denunciante. Para iso, este crearía polo menos outras dúas contas na devandita rede social, desde as cales difundía as súas ofertas para vender este contido. Todo iso facéndose pasar pola denunciante, á vez que mantiña conversacións con estes usuarios.

Polas pescudas realizadas púidose identificar o autor, sendo detido o pasado 18 de xaneiro, resultando ser un amigo da denunciante, o cal entraría na súa conta nunha ocasión na que ela accedera á súa rede social desde o teléfono do autor.

Posteriormente, vinculou o seu número de teléfono como teléfono de recuperación. Así, no caso de que a súa lexítima propietaria cambiase o contrasinal, el podería seguir igualmente operando coa conta. Deste xeito, pasou a ter o control do perfil da denunciante, accedendo a todo o contido.

Tamén utilizaba as fotos da vítima como “gancho” para vender outros vídeos de contido pornográfico aos usuarios, extraendo os mesmos da rede e vendéndoos coma se a denunciante fose a muller que se vía neles.

Verdes Equo aposta pola Marea Atlántica nas vindeiras eleccións

0

A Mesa Nacional de VERDES EQUO Galicia decidiu continuar a colaboración do partido verde e a candidatura de confluencia Marea Atlántica, como xa ocorreu nas eleccións municipais de 2015 e 2019.

”Con este espazo de confluencia pretendemos acadar o respaldo necesario para voltar ao goberno local da Coruña e continuar co proxecto de cidade participativo, transformador e de adaptación ao futuro”, explican dende o grupo, que se suma así ao proceso de elaboración do programa que comezará o 4 de Febreiro no Centro Cívico de Monelos.

En liberdade o detido por agresión sexual en Los Cantones Village

0

O Xulgado de Instrución número 2 da Coruña decretou a posta en liberdade, sen medidas, pero investigado por un delito de agresión sexual, para o home detido o domingo por tocamentos a unha muller nun local de lecer.

Así o confirmaron fontes policiais consultadas por Europa Press. Segundo as mesmas, os feitos sucederon entre as 04,00 e as 07,00 horas. Supostamente, o home realizou tocamentos á denunciante sen o seu consentimento e tentou bicala na boca cando ambos se atopaban nun pub.

A detención produciuse despois de que os porteiros do establecemento tivesen que intervir ante o suceso e alertasen ás autoridades.

O arrestado foi conducido ás dependencias da Policía Nacional en Lonzas onde permaneceu ata este luns, día 30, que pasou a disposición xudicial, segundo confirmaron as mesmas fontes.

O Porto da Coruña pechou o 2022 co terceiro mellor exercicio na súa historia en canto a tráficos, cun crecemento superior ao 25%

0

O Porto da Coruña pechou o terceiro mellor exercicio na súa historia en canto a tráficos portuarios, “grazas a un crecemento global superior ao 25%, que estivo marcado pola excelente recuperación de todos os sectores tras a pandemia e no actual contexto económico mundial”.

Así o informa a Autoridade Portuaria da Coruña que explica que se presentan datos positivos tanto en graneis como en mercadoría xeral. “O máis rechamante é o excelente comportamento dos graneis sólidos, cuxos tráficos se dispararon ata superar o 83%”, engade.

En concreto, durante o ano 2022 movéronse 14,9 millóns de toneladas de mercadoría, fronte aos 11,8 millóns de 2021, o que implica o maior crecemento do sistema portuario español.

“Este dato demostra a recuperación do Porto da Coruña no actual contexto post pandemia que tanto castigou ao sector do transporte marítimo, ao alcanzar cifras mesmo superiores ás de exercicios anteriores á crise sanitaria”.

O organismo portuario indica que así se demostrou no sector de graneis sólidos, cuxo incremento supera o 83%, con 5,4 millóns de toneladas movidas fronte aos 2,9 millóns do pasado ano.

“Estes resultados están vinculados ao notable crecemento dos tráficos do Porto Exterior, cuxo crecemento exponencial situou 2022 como o mellor exercicio da súa historia, ao alcanzar 4,2 millóns de toneladas”.

Con respecto ao tráfico de agroalimentarios, o Porto da Coruña é líder do noroeste peninsular en movemento destas mercadorías. “No Porto Exterior está a crecer de maneira exponencial e este ano alcanzou as súas mellores cifras, superando 1,6 millóns de toneladas ao peche do exercicio”, apunta a Autoridade Portuaria.

O bus urbano da Coruña custará 38 céntimos, con críticas á Xunta por non axudar coa bonificación

0

O Concello da Coruña asumirá a bonificación do 20% en todas as tarifas de bus urbano, importe necesario para non peder a axuda estatal do 30% xa existente, segundo anunciou a alcaldesa Inés Rey tras a Xunta de Goberno local, e ante a “inacción da Xunta”.

Desde o día 1 de febreiro o bus urbano da cidade herculina custará 38 céntimos –actualmente o prezo é de 0,52 euros– para os usuarios do cartón Millennium e a aplicación con tarifa xeral ata o 30 de xuño. O prezo da tarifa social pasará de 0,16 a 0,12 euros e o da universitaria de 0,21 a 0,15.

A rebaixa aplicarase sen necesidade de solicitude previa e con vixencia retroactiva desde o pasado 1 de xaneiro. Esta iniciativa terá un custo estimado para as arcas municipais de 1,2 millóns de euros.

O goberno municipal, segundo explicou a rexedora, instou en varias ocasións ao Executivo autonómico para que financiase o 20% adicional, xa que desde o 1 de xaneiro deben ser outras administracións as que complementen a subvención estatal. Rei lamentou o “silencio clamoroso” por parte da Xunta a este respecto que cualificou de “agravio comparativo” para os coruñeses debido a que “si rebaixa o bus noutros lugares”.

OUTROS ASUNTOS

Noutra orde de cousas, a preguntas dos xornalistas, a rexedora precisou que a reunión dos alcaldes e alcaldesas da área metropolitana da Coruña que integran o Consorcio das Mariñas para abordar o futuro da planta de tratamento de residuos de Nostián celebrarase “proximamente”. En canto á reforma do mercado de Santa Lucía, Rey asegurou que o concurso de ideas “sairá nos próximos días”.

Cuestionada polas terrazas dos establecementos de hostalaría que ocupan prazas de aparcadoiro e zonas peonís, explicou que o goberno local “está a traballar consensuadamente co sector” para poder sacar adiante unha ordenanza.

Respecto das reclamacións dunha mellora na climatización do Palacio dos Deportes de Riazor realizadas polos usuarios das instalacións, a alcaldesa manifestou que “o máis axiña posible” se dará unha solución “con carácter temporal” antes de afrontar unha reforma “integral”.

A XUNTA ALEGA QUE É COMPETENCIA MUNICIPAL

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade replicou ao goberno local da Coruña que o autobús urbano é “un servizo municipal, dependente exclusivamente do Concello e xestionado polo Concello, a través dunha concesión municipal”.

“Por tanto, correspóndelle ao Concello asumir o financiamento e as subvencións dos prezos dos billetes do autobús da súa competencia”, engade. Nun comunicado, afirma tamén que “así o fan directamente moitas outras cidades galegas e españolas, que non procuraron previamente endosar esta responsabilidade ao goberno autonómico”.

A Xunta afirma tamén que “asume o funcionamento das 3.500 liñas de transporte público da súa competencia, nas que aplica desde o pasado 1 de setembro un desconto do 50% no prezo do billete”.

Desta maneira, sostén, “o Goberno galego asume o custo do 20% de desconto co que se complementa nos buses da Xunta a rebaixa do 30% que financia o Executivo central”. “A Xunta non asume o financiamento de subvencións de ningún servizo de autobús urbano xestionado por un goberno muncipal”, insiste.

Doutra banda, lembra que a cidade da Coruña é “unha destacada beneficiaria da política de transporte público do Goberno galego, que financia en máis do 80% os descontos do Plan de Transporte Metropolitano e o 100% dos transbordos gratuítos co autobús urbano municipal”.

Os concellos da comarca da Coruña que máis medraron nas dúas últimas décadas

As cifras poboacionais publicadas polo Instituto Galego de Estatística sobre as dúas últimas décadas na comarca da Coruña dan para unha boa análise.

A comarca, formada por 9 concellos (A Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada), medrou un 13,1%, chegando a ter a día de hoxe unha poboación de 404.228 habitantes (eramos 357.320 en 2002). Unha cifra que supón o 36% da poboación da provincia da Coruña (que ten 1.122.033) e o 15% da poboación galega (2.693.451 habitantes).

A cidade herculñina, se ben no último ano perdeu 1.000 habitantes, ten un saldo positivo nas dúas últimas décadas, nas que medrou nun 2,2%, alcanzando a cifra de 241.604 habitantes contabilizados en xullo do pasado 2022.

Un crecemento moi pequeno comparado con outros concellos da área metropolitana. Concellos como Arteixo, Sada ou Oleiros medraron arredor dun 40% nestas dúas décadas, por un 35% no caso de Culleredo, un 29% no de Cambre ou un 25% no de Carral.

Cifras que demostran que o éxodo do rural (as provincias do eixo Atlántico suman máis do 75% da poboación galega) repercute nos concellos máis próximos ás grandes cidades. Unhas 7 grandes cidades galegas que manteñen só un peso do 36% sobre a poboación total galega.

Coruña, A Abegondo Arteixo Bergondo Cambre Carral Culleredo Oleiros Sada COMARCA
2002 236419 5722 23327 6216 19292 5232 22388 27261 11464 357320
2012 242897 5716 31056 6763 24040 6122 29062 34281 15125 395063
2022 241604 5610 33163 7008 24883 6631 30328 37913 17088 404228
BALANCE 5185 -112 9836 792 5591 1399 7940 10652 5624 46908
% de
crecemento
2,2 2 42 12,7 29 26,7 35,5 39 49 13,1