InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOA asociación ecoloxista Arco Iris vixía a depuradora de Bens, na Coruña,...

A asociación ecoloxista Arco Iris vixía a depuradora de Bens, na Coruña, por unha vertedura supostamente ilegal

Publicada o

Por europapress

A asociación ecoloxista Arco Iris decidiu establecer un sistema de vixilancia do ‘by pass’ a estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Bens, na Coruña, a través do que as augas residuais saen directamente ao mar, pola “falta de datos oficiais ao redor da vertedura presuntamente ilegal”.

A EDAR de Bens iniciou o pasado 14 de outubro unhas obras que obrigan a desviar de forma temporal o caudal da auga tratada para a instalación da turbina de hidróxeno verde. Segundo apuntou Arco Iris, isto obriga á depuradora a eliminar as augas cun mínimo pretratamento.

Arco Iris sinalou nun comunicado de que os primeiros resultados das mostras recollidas na auga “non ofrecen lugar a dúbidas” e que hai “unha elevada probabilidade de que a EDAR estea a usar produtos tóxicos para minorar a carga contaminante bacteriolóxica”.

Nesta liña, a asociación ecoloxista afirmou que as verteduras que se emiten “incumpren as normativas vixentes en materia de augas de baño” e que “a carga de bacterias fecais supera os límites permitidos”.

Así mesmo, Arco Iris subliñou que a praia de Portiño, situada á beira da depuradora, foi eliminada da lista de puntos de mostraxe en 2020, segundo recoñece o propio informe do Ministerio para a Transición Ecolóxica alegando “razóns peregrinas”.

A asociación tamén explicou no comunicado que se procesan outras mostras físico-químicas, por medio dun laboratorio industrial homologado, para observar se están dentro das marxes legais. Ademais, solicitou unha determinación de deterxentes, despois de localizar unha gran cantidade de espuma o día 31 de outubro.

O CONCELLO DA CORUÑA NÉGAA

O Concello da Coruña rexeitou a existencia dunha vertedura ilegal. Desde o goberno local aseguraron a Europa Press que son unhas obras xa “acabadas” e que contaron con todos os permisos da Xunta. Tamén manifestaron que os datos achegados pola asociación non son correctos. “O emisario funciona con normalidade desde o luns, cando se acabaron as obras”.

“Xamais se usaron produtos tóxicos para tratar as augas e a depuradora non deixou nunca de funcionar a pleno rendemento e por suposto, había autorización de Augas de Galicia para estes traballos, que están acabados”, incidiron.

ÚLTIMAS

O polémico proceso de concesión da Rede de Escolas Infantís vive un novo fito coa exclusión dunha das empresas gañadoras

Novo fito no polémico e paralizado proceso de concesión da xestión das Escola Infantís...

As familias do CEIP Cidade Vella comezan unha nova serie de mobilizacións pola seguridade no centro

As familias do CEIP Cidade Vella volveron este venres a concentrarse diante do centro,...

SKPMotor analiza a polémica sobre o gañador do Campionato Galego de Slalom

Novo programa da 14ª temporada do programa SKPMotor na CUAC FM. O programa, que se...

O Grao en Cinematografía e o máster en Atención Temperá, oferta da UDC para o curso 2028 e 2029

O Consello de Goberno extraordinario da Universidade da Coruña (UDC) aprobou as declaracións de...