InicioPOLÍTICAA Marea Atlántica arrinca o proceso para as municipais: "Queremos un modelo...

A Marea Atlántica arrinca o proceso para as municipais: “Queremos un modelo de cidade non un programa-folleto”

Publicada o

Por editor

A Marea Atlántica inicia o 4 de febreiro, no centro cívico de Monelos, un proceso para “sumar mans e ideas” ao seu programa electoral “participativo”.

Así o informaron o seu candidato á Alcaldía, Xan Xove, e a portavoz do grupo municipal no Concello da Coruña, María García, nunha comparecencia ante os medios. “Non queremos que o programa sexa un folleto para as próximas eleccións, queremos un modelo de cidade para o próximos dez anos, que dea respostas reais aos problemas actuais. Para unha Coruña máis xusta, verde, democrática e feminista”, sinalou Xan Xove.

O proceso comezará o 4 de febreiro, ás 11,00 hroas, cun acto aberto no centro cívico de Monelos e continuará nas próximas semanas en diversos encontros pola cidade.

ÚLTIMAS

Os Premios Youtubeiras+ xa teñen gañadoras e gañadores

O Teatro Jofre de Ferrol acolleu este pasado sábado a IX edición dos Premios...

Aterraxe de emerxencia dun voo privado a Casablanca en Alvedro por un problema de osíxeno na cabina

Un voo privado con destino a Casablanca (Marrocos) aterrou de emerxencia pasadas as 13.40...

Unha avaría obriga a deter un AVE entre A Coruña e Madrid en Ourense e provoca un atraso de 3 horas

Unha incidencia técnica, sobre a que Renfe non deu máis detalles, obrigou a deter...

Apolo18, a nova banda herculina que rompe cos sons reinantes na Xeración Z

Levan apenas un ano e medio como formación e xa están copando titulares das...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here