InicioPOLÍTICAAvia Veira: "O Goberno local está centrado en grandes titulares, en grandes...

Avia Veira: “O Goberno local está centrado en grandes titulares, en grandes eventos, pero non ten política”

Publicada o

Por editor
A canle de Youtube do BNG da Coruña estreou este martes a segunda entrega da súa sección “Un café con…”, desta volta protagonizada pola concelleira nacionalista Avia Veira, responsábel no grupo municipal de materias como Mobilidade, Urbanismo, Vivenda, Cultura e Política Social.
A Coruña ten un enorme potencial, mais este Goberno Local é incapaz de lle dar o impulso que a cidade necesita”, afirma a concelleira nacionalista nesta conversa. “É un Goberno Local centrado en grandes titulares, en grandes eventos”, pero que logo falla “na política máis elemental da cidade”.“Non hai proxecto nin cultural, nin urbanístico, nin de mobilidade nin de vivenda”, engade.

Avia Veira apunta xa as inminentes eleccións municipais de 28 de maio e fai unha chamada á cidadanía coruñesa para que apoie ao BNG. “Temos claros cales son os problemas da Coruña, mais tamén cales son as solucións”, destaca na entrevista.
Entre as grandes prioridades do seu grupo está o da mobilidade, urbanismo, vivenda e asuntos sociais. Tamén aposta por impulsar un maior tecido cultural.

ÚLTIMAS

O cupón da ONCE deixa 105.000 euros na Coruña

O Cupón Diario do ONCE repartiu 105.000 euros con tres cupóns premiados con 35.000...

O Concello adxudica a xestión da rede de escolas infantís municipais

O Concello da Coruña adxudicou, a distintas empresas, o servizo de xestión do oito...

A Deputación financiará a entidades para impulsar o emprendemento

A Deputación da Coruña publica este martes no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a...

As protestas contra a directiva e a censura colocan ao Dépor nun crú momento de fractura social

Deberían ser tempos de ilusión, coa volta do Dépor á 1ª División. Pero o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here