InicioPOLÍTICACamiña cara o sucidio o "espazo do cambio" que mudou A Coruña...

Camiña cara o sucidio o “espazo do cambio” que mudou A Coruña en 2015?

Publicada o

Por Xurxo Salgado

Unidas Podemos presentou ao exedil no consistorio coruñés José Manuel Sande como o seu candidato de “consenso” á Alcaldía da Coruña para as eleccións municipais cunha mensaxe de “integración” e vontade de “negociar” coa Marea Atántica, plataforma municipalista coa que formou parte do goberno local. Unha oferta que chega tarde, mal e arrastro e tras uns grandes conflitos internos logo de que a edil elixida pola Marea, Isabel Faraldo, decidira pasar ao Grupo Mixto por orde de Unidas Podemos.

De feito, a división e enconamento entre os dous espazos, a non ser que haxa unha solución de emerxencia de última hora, vai provocar que o que supuxo o espazo rupturista e de cambio na Coruña en 2015 quede en nada ou, cando menos, en “migallas” do que foi. E é que boa parte dos votos poidan ir para o BNG ou para o PSdeG.

PROPOSTAS

Precisamente, cunha mensaxe de “optimismo” nun horizonte moi negro, Sande, elixido a última hora para tentar limar as duras asperezas que hai coa Marea Atlántica dixo que “é necesaria unha esquerda que volva ser importante para a cidade e queremos ser influentes e relevantes“. Así, asegurou que “non pode haber un atraso ao bipartidismo nin tripartidismo” e que a “fraxilidade tanto no goberno como na oposición” foi “clave” para levar a cabo esta iniciativa de consenso.

Fíxoo acompañado de da coordinadora local de Esquerda Unida, Carmen Armada, e a concelleira “Non Adscrita” no consistorio coruñés, Isabel Faraldo, unha “tránsfuga” para Xulio Ferreiro e os seus compañeiros da Marea Atlántica.

Sande sinalou como principais liñas de actuación dotar de dinamismo áreas “desmanteladas” como a cultura, o deporte e a actividade da cidade e mostrou unha “enorme preocupación” pola vivenda. Respecto ao porto, incidiu na necesidade de “recuperar a iniciativa e establecer unha reflexión sobre as posibilidades de usos”.

MAREA ATLÁNTICA

En canto á Marea Atlántica, o tres representes políticos mandaron unha mensaxe de “integración” e mostraron a súa vontade de “negociar” con esta formación política, cuxo candidato á Alcaldía é Xan Xove. “Tivemos chamamentos a Marea Atlántica desde o mes de setembro a fin de comezar este proceso”, puntualizou Faraldo, a quen desde a Marea Atlántica non consideran como interlocutora válida.

De feito, a Marea Atlántica nun comunicado lembrou que a candidatura de Xan Xove foi avalada pola militancia a través dunhas primarias e destacou que a “lealdade” á democracia interna é un “principio importante” no seu modo de traballar.

En canto a Unidas Podemos manifestou o seu “respecto” ao candidato. No entanto, recalcou que “o consenso non se impón desde fóra e hai falta de confianza neste proxecto, dados os antecedentes”. “A tres meses das eleccións, a Marea está centrada en traballar por unha Coruña máis xusta, vede, feminista e democrática, non na repartición de postos e de cotas”, apostilou.

ÚLTIMAS

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas...

Delegados da CIG mobilízanse en apoio a un extraballador municipal da Coruña que reclama o seu reincorporación

Delegados da CIG concentráronse ante os xulgados da Coruña con motivo do xuízo pola...

Dous feridos en Abegondo tras unha colisión entre un turismo e un vehículo de mercadorías

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión entre un vehículo de mercadorías e un turismo...

Dispositivo especial de seguridade este sábaod para o encontro Deportivo-Sporting de Xixón

A Policía establecerá un dispositivo especial desde o sábado polo partido que enfrontará o...

2 COMENTARIOS

  1. Isabel Faraldo non está aí so por ser unha concelleira “non adscrita”. Representa a unha organización na que participa moita máis xente. Chámase PODEMOS. O comento a título informativo, porque parece que vos non vos decatáchedes.

  2. Salgado: La respuesta en Sondaxe de hoy. La Marea 3 subiendo y recuperando casi 2 puntos de intención de voto, hasta el 11,2% . Podemos nada de nada (metido en otros y al parecer con un 0,6% de intención de voto).
    Yo a eso le llamo intento de asesinato revanchista, no suicidio 🧛‍♂️
    Incomprensible intentar esta opa hostil a la marea a 3 meses de unas elecciones

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here