InicioOPINIÓNA vivenda e o conto de nunca acabar

A vivenda e o conto de nunca acabar

Publicada o

Por editor
Resulta patente que unha das preocupacións máis sentidas da ciudadanía da Coruña é a cuestión da vivenda, según acreditan todos os sondeos, xunto ás subas da gasoliña, a inflación que non cesa e os elevados índices de paro, síntomas todos eles que nos retrotraen á magnitude e perdurabilidade da crise profunda que aqueixa o mundo capitalista dende fai anos. Constatar estes feitos representa, evidentemente, quedarse na superficie dunha realidade complexa, principalmente no que atañe á vivenda, ao estar condicionada polo papel que xogan os diversos axentes intervintes na distribución dun ben limitado como é o solo, isto é, planificación, producción e xestión. No esquema típico do franquismo, o Estado planificaba, producía e xestionaba por canto era totalitario e verticalista, ao igual que os modelos corporativistas de Mussolini nos anos 20 ou Hitler nos 30. En definitiva, o Estado corporativista xestionaba en función dos intereses da iniciativa privada que, a súa vez, era a clase dominante.
Pola contra, nunha economía de mercado como a actual a ordenación territorial compételle fundamentalmente ós concellos, en virtude da Lei do Solo, no horizonte de harmonizar de xeito racional a propiedade privada cos intereses da colectividade, preservando o patrimonio de todos e distribuíndo un ben limitado en equipamentos e servizos alternativos. O denominado estado do benestar que adoitan, por exemplo, os países escandinavos, introduce a función corretora do propio Estado en substitución da promoción privada, dando lugar á denominada vivenda social. Cabe reseñar que o concepto de vivenda social non responde á idea moitas veces equívoca ou comunmente aceitada, de considerala como vivenda promovida únicamente por algunha administración pública, senón que se trata de vivenda ofrecida aos consumidores insolventes, aínda que subvencionada suficientemente. Aquí a iniciativa pública intervén, planifica e xestiona posibilitando con ilo que usuarios insolventes poidan disfrutar dunha vivenda.
O caso é que a actividade constructiva actuou na Coruña, principalmente nas lexislaturas de Francisco Vázquez, como fonte de acumulación de capital no que tanto o subsector da vivenda, como a promoción e a propiedade do solo crearon unha forte interdependencia favorecedora de prácticas especulativas que podían inscribirse na permanencia dun déficit de vivendas baleiras que aseguraba a súa comercialización nun prazo curto de tempo a prezos prohibitivos para amplas capas da poboación, a escasez de solo que encareceu o prezo final da vivenda nun 40% e, por último, a carencia de plans de urbanismo que evitaran as importantes plusvalías na actividade inmobiliaria, que beneficiou especialmente ós sectores mellor relacionados coa administración municipal, funcionarios e outros centros influíntes e de decisión na cidade.
A política de vivenda, da que tanto se fala en campañas eleitorais, máis sen nengún avance que poida considerarse como tal, é unha compoñente básica dunha política urbana que ven determinada, fundamentalmente, pola relación de forzas que determina a utilidade preferencial dunha clase social respecto á outra e que constitúe unha necesidade de primeira necesidade polo que non pode seguir considerándose como unha mercaduría. O descoñecemento dun rexistro de solares e dunha estatística mínimamente fiábel das vivendas desocupadas e baleiras á espera de intervencións especulativas desembocou na Coruña en situacións de auténtica ruína de gran parte do patrimonio de vivendas. Descoñécense en que condicións están moitas vivendas ocupadas, cales son as necesidades de reposición de vellas vivendas por outras novas, ao tempo que non se saben as previsións que hai de renovación de parte do patrimonio arquitetónico-habitacional.´
A situación da vivenda na Coruña exixe esquemas mentais e prácticos axeitados á realidade que nos toca vivir que deben actuar sobre a distribución social da vivenda, sobre a previsión dos servizos públicos xerais, sobre o control público do solo, así como asunmir dunha vez que o proceso edfiicatorio non pode seguir sendo un instrumento dos intereses mercantilistas porque o modelo de cidade democrática que queremos nunca pode subordinarse o lucro privado duns poucos.
Ricardo Vales é expresidente da Asociación Veciñal de Atochas-Monte Alto e responsábel de Comunicación do Club de opinión Foro Cívico e da plataforma cívica Defensa do Común.

ÚLTIMAS

Investigan a aparición dun cadáver nun camión do lixo na planta de reciclaxe na Coruña

A Policía Nacional abriu unha investigación pola aparición dun cadáver nun colector na planta de reciclaxe de...

O servizo de Teleasistencia da Cruz Vermella coida máis de 2.200 maiores na Coruña

Recibía esta mañá a sede da Cruz Vermella da Coruña, a visita institucional comandada...

A Coruña acolle o acto ‘As elixidas’ con líderes locais de Cabo Verde, Mozambique ou Brasil

O Palacio Municipal de María Pita acolleu este martes o acto de apertura do...

A Coruña rende homenaxe aos Mártires de Brens

Norberto Recamán Lago, Florentino Canosa Barreiro, José Lago Fernández, Teófilo Mejuto Leis, Perfecto Trasmonte...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here