InicioCULTURAEn Clave de Mar, a primeira acción de homenaxe do proxecto “Lugrís,...

En Clave de Mar, a primeira acción de homenaxe do proxecto “Lugrís, ano L”

Publicada o

Por editor

Este 2023 é o 50 aniversario do pasamento de Urbano Lugrís. Unha boa excusa para seguir recuperando o legado do grande artista galego, como consideran o Colectivo Lugrisán In Nave Civitas e a asociación cultural O Mural.

Ambos organizan para este sábado 11 de marzo unha cita para reivindicar a labor do «pintor do mar». O evento será na sala Garufa co espectáculo «EN CLAVE DE MAR. Música e palabras en defensa do legado de Urbano Lugrís» no que intervirán César Morán, Moncho do Orzán e o grupo Extrema urxencia, na parte musical e Olivia Tudela e o colectivo In Nave Civitas, con achegas literarias. Ao temón do acto estará, quen se non, Xurxo Souto.

Antes do concerto, que será a partir das 21:30h, e que pretende recrear os espazos míticos da bohemia coruñesa dos 50, os organizadores convocan o público ás 20:30 horas na Coiraza do Orzán dende a que, tras a lectura do manifesto a prol do ano Lugrís: «Nós, as deshidratadas», de Sofía de Labañou, iniciarán unha «manifestación atlántica» até a sala de concertos, que abrirá a súas portas para o acto ás 21:00 horas.

Máis accións de “Lugrís, ano L”

Lugris ano L logo

Avisan de que este é só o primeiro dos actos de «Lugrís, ano L.» un conxunto de actividades que O Mural e In Nave Civitas van realizar en Vigo, Bueu, Pontevedra, Santiago de Compostela, Malpica, Vilaboa e A Coruña, localidades nas que aínda hai obras de Lugrís de acceso público e nas que convidarán a distintos artistas lugrisáns a facer un brinde polo pintor galego para conmemorar a data.

SOS

Murais de Lugrís na Coruña / EP
Murais de Lugrís na rúa Olmos / EP

EN CLAVE DE MAR quere tamén ser un S.O.S para a protección dos murais que Lugrís pintou no número 25 da rúa dos Olmos da Coruña que se atopan en perigo de desaparición polo estado de abandono do edificio e o desleixo das administracións responsábeis.

ÚLTIMAS

O Cemiterio de Santo Amaro lembrou a María Barbeito Cerviño, Curros Enríquez e Federico Fdez. Amor-Calvet

Trala fin de semana de actividade comercial polos barrios arredor do Haloween, este domingo...

Centos de antifascistas calan a uns poucos simpatizantes de Vox na Coruña

Centos de persoas concentráronse este sábado na Praza de Lugo, na Coruña, en protesta...

Scorpions actuará na Coruña o 2 de maio

A banda alemá de rock Scorpions actuará no Coliseum da Coruña o vindeiro 2...

O arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

Semana axitada e viva para Aritz Sáez Aróstegui en Barcelona. O arquitecto e paisaxista...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here