InicioSOCIEDADEAberto o prazo de solicitudes para as Escolas Infantís Municipais

Aberto o prazo de solicitudes para as Escolas Infantís Municipais

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Hoxe mércores 22 de marzo, quedou aberto o prazo de solicitudes para obter praza na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) de cara ao vindeiro curso 2023-2024.

Por terceiro ano consecutivo, as nais e pais dos pequenos que asisten ás escolas infantís municipais terán garantida a gratuidade dun servizo, que xa oferta 8 horas de atención (a ampliación de 6 a 8 horas será aplicable dende o vindeiro 1 de abril) nos 8 centros que integran a REIM: A Caracola (Novo Mesoiro), Agra do Orzán, Arela (Elviña), Carricanta (O Castrillón), Os Rosales, Luis Seoane (Monte Alto), Monte Alto e Os Cativos (Palavea).

No proceso de admisión nas escolas infantís municipais, ao igual que en anos anteriores, as nenas e nenos escolarizados actualmente na REIM terán dereito a renovar a praza na súa escola. Poderase, ademais, solicitar praza noutra escola da REIM no caso de ter un irmán ou irmá na escola solicitada.

No referente aos novos ingresos, os usuarios teñen que ter unha idade mínima de 3 meses o día de comezo do curso escolar e non ter cumpridos os 3 anos o 31 de decembro de 2023. Será necesario, ademais, que a menor en cuestión estea empadroada con algún dos proxenitores.
Terán acceso preferente as solicitudes de prazas correspondentes a nenas e nenos baixo
circunstancias como, por exemplo, as consideradas de urxencia social.

O prazo para presentar as solicitudes será de dez días naturais, desde este mércores 22 de
marzo, e ata o vindeiro venres 31 de marzo, os dous incluídos.

As bases e a información da convocatoria, xa publicadas no Boletín Oficial da Provincia
(BOP), tamén poden consultarse a través desta ligazón.

ÚLTIMAS

Tony Hadley levará os grandes éxitos dos oitenta á praza de María Pita

As Noites de María Pita despediranse este domingo, 16 de agosto, cun dos concertos...

O PSdeG reclama revisar o reparto da cota de sardiña

O secretario de Pesca do PSdeG provincial da Coruña, Walter Pardo, enviou unha carta...

A Batalla Naval lembrou a resistencia herculina ante o asedio ingles de 1589

Cheo ata a bandeira no paseo marítimo, e mesmo nas praias de Riazor, Orzán...

A Gaiteira rendeu homenaxe a Cañita Brava

Emotiva a homenaxe que as Festas da Gaiteira quixeron render este venres a Cañita...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here