InicioOPINIÓNPoñer os barrios no centro das políticas municipais

Poñer os barrios no centro das políticas municipais

Publicada o

Por Francisco Jorquera

Segundo as estatísticas oficiais, A Coruña é a cidade galega co índice de desigualdade máis elevado. Desigualdades que se acentuaron aínda máis após a panademia.

E, como di a sentenza popular, “a crise vai por barrios”. Hai pouco coñecíamos tamén os resultados dun estudo que reflicte como a fenda en termos de renda é cada vez maior entre os distintos barrios da Coruña. Mentres nos últimos tempos nalgúns poucos barrios a renda per cápita incrementouse, na maioría diminuíu.

Facer fronte ás desigualdades involucra as distintas administracións, non só a municipal. Entre outras medidas son necesarias políticas redistributivas e afortalar os servizos públicos e as políticas sociais. Porén, as desigualdades medidas en termos de renda non poden ser fonte doutras diferenzas que acentúen a dualidade entre barrios ricos e pobres.

Así, o propio Informe Municipal da Axenda 2030 alerta da crecente desigualdade entre barrios, que afecta tamén a disparidade na calidade do espazo público, na dotación de equipamentos ou na prestación de determinados servizos municipais.

Fronte a iso cómpre apostar desde o Concello por políticas de rexeneración e revitalización dos barrios.

Non pode depender de vivir nun ou noutro barrio que rúas, prazas, parques ou xardíns estean limpos e ben conservados.

Non pode depender de vivir nun ou noutro barrio poder desfrutar dun espazo público accesíbel e de calidade, feito á medida das persoas.

Nin pode depender de vivir nun ou noutro barrio poder gozar de servizos ou equipamentos básicos para a calidade de vida dos cidadáns.

Entre todas e todos temos que construír unha Coruña inclusiva e cohesionada, comprometida na loita contra as desigualdades e calquera forma de exclusión.

E entre todas e todos temos que construír unha Coruña integrada, acabando coa fenda entre barrios ricos e pobres.

Para iso, cómpre poñer os barrios no centro das políticas municipais.

 

  • Francisco Jorquera Caselas. Voceiro do BNG no Concello e candidato á Alcaldía.

Máis artigos de Jorquera en XdC

 

ÚLTIMAS

O Mostrart da Coruña, artesanía “made in Galicia” fronte a productos baratos e importados

A artesanía galega vive un bo momento en canto a número de artesáns e artesás,...

Berros de “Incompetencia” e “Rueda dimisión” enchen o Obelisco

Nun Obelisco tinguido de negro, centos de persoas berraron ao unísono “Lumes nunca máis”....

A revolta obreira das cigarreiras de 1857, este domingo nun espectáculo musical da Banda Municipal da Coruña e Cántigas da Terra 

Fermosa a iniciativa de recuperar a historia da revolta obreira das Cigarreiras ás portas...

A veciñanza de Celas segue a súa loita polas beirarrúas na AC-400

A veciñanza de Celas segue a súa loita polas beirarrúas na AC-400, no treito...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here