InicioCAMBREA mocidade de Cambre pinta os bancos en cores LGTBI+

A mocidade de Cambre pinta os bancos en cores LGTBI+

Publicada o

Por editor

Os bancos da Casa das Palmeiras recuperaron as cores das bandeiras Trans e LGTBIQ+ grazas ao traballo dos máis novos. Estes elementos foran pintados, por primeira vez, en xullo de 2021. Desde entón, algúns matices xa parecían esvaídos. Por este motivo, a Oficina Municipal de Información Xuvenil decidiu incluír esta actividade de repintado dentro da programación de Kdadas de Semana Santa, dirixida aos máis novos.

Ademais dos traballos de pintura, os rapaces tiveron que acometer as seguintes tarefas: limpeza, lixado e, por último, tinguir os bancos cos tons de ambas as bandeiras.

Con esta proposta conseguiuse un dobre obxectivo: por unha banda, promover a igualdade e a diversidade entre os máis novos e, por outra, implicar aos nenos e nenas no día a día da comunidade, facéndoos cómplices de mellora e mantemento das instalacións municipais e elementos do mobiliario urbano.

ÚLTIMAS

Lanzan unha campaña solidaria para crear a Fundación Daniela Vieito e apoiar a vítimas de abuso e malos tratos

Ponse en marcha dende A Coruña unha campaña de micromecenazgo para a creación da...

Manuel Casal Lodeiro presenta en Berbiriana o seu último e crítico libro sobre a transición enerxética

Este xoves, 30 de outubro ás 19:00 horas, Manuel Casal Lodeiro, o coordinador do...

Unha nova lectura colectiva do Ollo de Vidro de Castelao

Un ano máis, a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura, coa axuda da Deputación...

Un camión de Estrella Galicia perde parte da súa carga en Sabón

Un camión de Estrella Galicia perdeu este luns parte da carga que transportaba cando...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here