InicioCULTURAO WOMEX recibe 1.600 propostas

O WOMEX recibe 1.600 propostas

Publicada o

Por editor

A maior conferencia da escena musical global, o encontro musical WOMEX, celebrarase na Coruña entre os días 25 e 29 de outubro e congregará máis de 3.000 congresistas de 90 países. De feito, a organización vén de recibir máis de 1.600 propostas de showcases presentadas, a cifra máis elevada desde que organiza a cita, das cales 300 son solicitudes de artistas españois ou residentes en España.

WOMEX (Worldwide Music Expo) é o encontro musical máis internacional e culturalmente diverso do mundo e o encontro máis grande da escena musical mundial. Con motivo da súa chegada á cidade, A Coruña acollerá máis de 150 propostas de conferencias, máis de 100 propostas de Club Summit e máis de 80 presentacións de películas.
Actualmente, o xurado da organización da feira está a desenvolver o proceso de selección de artistas que integrarán este ano a programación oficial.

O vindeiro 12 de abril abrirase o rexistro para asistir a WOMEX 23.

Opening Night

Un dos momentos máis relevantes de WOMEX é a Opening night, protagonizada polos concertos de apertura. Estes shows son seleccionados e producidos por persoas expertas do país ou rexión anfitrioa, que ten como obxectivo amosar e celebrar a súa herdanza e identidade musical. O espectáculo inclúe cinco días de música, creación de redes e intercambio cultural e este ano estará dedicado á figura de Pablo Picasso baixo o título “Resounding Picasso: Celebrating The Master’s Journey”.

ÚLTIMAS

Tony Hadley levará os grandes éxitos dos oitenta á praza de María Pita

As Noites de María Pita despediranse este domingo, 16 de agosto, cun dos concertos...

O PSdeG reclama revisar o reparto da cota de sardiña

O secretario de Pesca do PSdeG provincial da Coruña, Walter Pardo, enviou unha carta...

A Batalla Naval lembrou a resistencia herculina ante o asedio ingles de 1589

Cheo ata a bandeira no paseo marítimo, e mesmo nas praias de Riazor, Orzán...

A Gaiteira rendeu homenaxe a Cañita Brava

Emotiva a homenaxe que as Festas da Gaiteira quixeron render este venres a Cañita...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here