InicioA CORUÑAA Marea sobre BiciCoruña: “O servizo debe mellorar nos barrios para que...

A Marea sobre BiciCoruña: “O servizo debe mellorar nos barrios para que sexa unha alternativa na mobilidade cotiá”

Publicada o

Por editor

Foron varias as queixas nas redes sociais durante este comezo de ano pola suposta diferencia entre certos barrios e o centro na disponibilidade de bicis municipais. Veciñ@s dos barrios máis alonxados do centro levan apuntando que en horas punta moitas estacións de BiciCoruña quedan baleiras, e que ademais a presenza de bicis eléctricas sempre é maior nas estacións máis céntricas.

Unhas acusacións complicadas de valorar, e para as que hai que ter en conta moitos factores, como os os fluxos de uso, as estacións máis demandadas… A realidade é que para convertirse nunha verdadeira alternativa de mobilidade non pode ser que chegues a estación e non hai bicis, ou a aplicación PBSC non funcione. Esa incerteza alonxa ao usuario do uso da bici como medio de transporte diario.

É a Marea Atlántica, a promotora dende o seu paso polo goberno deste fantástico servizo municipal de transporte público sostible, a que vén de realizar un estudo dos datos de uso de BiciCoruña a partir dun software propio. A entidade, que analizando os bos datos de uso (xa se superan as 7.000 persoas rexistradas e os 60.000 usos mensuais) considera que se ben “queda demostrado que Xulio Ferreiro tiña razón cando apostou pola bicicleta eléctrica, agora é o momento de levar BiciCoruña ás 25.000 persoas que aínda non teñen unha estación próxima e mellorar o funcionamento integral do servizo”.

O estudo, que analizou o uso do servizo durante os días laborables de catro semanas, entre o 27 de febreiro e o 24 de marzo, sinala que “estacións de BiciCoruña situadas no cinto da Rolda de Outeiro e outros barrios como Monte Alto, a diferenza das que se ubican no centro, pasan ata unha cuarta parte da primeira hora punta dos días laborables, entre as 8.30h e as 10h, sen ningunha bici coa que dar servizo á veciñanza”. Indo máis alá, 15 das 35 estacións operativas neste período chegaron a quedar sen bicis máis do 10% do tempo nestas horas punta. 8 delas, máis do 20% do tempo.

“O servizo fállalle aos barrios”, sinalan o grupo. “Hai estacións de primeira, que sempre teñen bicis en hora punta, cando as precisas para moverte, e hai estacións de segunda, especialmente nos barrios máis poboados, que chegan a estar baleiras ata un 25% do tempo nesas franxas tan importantes”.

Expansión

Se ben o aumento de estacións é constante, e a creación das últimas estacións permite cubrir a meirande parte da cidade cunha estación nun radio de menos de 500m, para a Marea é necesario seguir aumentando. “Hai máis de 25.000 veciñas e veciños que non teñen próxima unha estación de BiciCoruña. Establecendo un radio de 500 metros como distancia óptima para facilitar o acceso ao servizo, vemos que hai barrios coma Someso, Novo Mesoiro, Xuxán, Feáns ou Visma que non están cubertos pola rede. E quedan tamén fóra espazos tan sensibles coma os polígonos industriais de Agrela e Pocomaco e o campus universitario, lugares de destino dos desprazamentos diarios de milleiros de persoas”.

Para a Marea, o goberno ten que seguir aumentando máis e máis a presencia da bici na cidade: “Inés Rey fixo o doado: investir os fondos europeos conseguidos polo goberno da Marea Atlántica en bicis e estacións. Investiu pero deixou o servizo como estaba: BiciCoruña ten o mesmo persoal precario e o mesmo equipamento para o transporte e mantemento de bicis que tiña antes de ampliar estacións e incorporar as bicis eléctricas”. Por iso, piden “reforzar o equipo, contratar máis persoal, mellorar as condicións laborais do actual e poñer máis medios para que a reposición de bicis sexa máis rápida.

O grupo sinala que negociará cos concellos limítrofes a integración metropolitana dun servizo de bicicleta pública.

ÚLTIMAS

A rede gastronómica provincial da Deputación

Rematou o Congreso Gastronómico A Provincia que sabe @degustacoruna. 3 días de charlas, degustacións...

Sinalizada, sobre adoquín, a primeira fase do carril bici que une o Paseo cos Cantóns

Anunciaba o Concello a comezos de setembro a acometida da máis que necesaria unión...

A Xunta propón sancionar con 3.000 euros á familia Franco por non abrir ao público a Casa Cornide

A Xunta propuxo unha sanción de 3.000 euros á familia Franco por non abrir ao público...

Unha exposición renderá homenaxe na Coruña ao mestre e humorista Miguel López, o ‘Hematocrítico’

Unha exposición promovida polo Concello da Coruña renderá homenaxe ao autor, mestre e humorista...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here