InicioPOLÍTICA"Forza Coruña", o lema branquiazul que utiliza a campaña do BNG

“Forza Coruña”, o lema branquiazul que utiliza a campaña do BNG

Publicada o

Por editor

Presentou á hora do vermú o BNG o lema co que concorra Francisco Jorquera na campaña das eleccións municipais. “Forza Coruña” é o lema, en clave deportivista, escollido pola lista, que se pode ver xa en Jorquera2023.gal, a web do BNG na carreira cara ao 28M, e mais no seu novo IG @fx.jorquera

“A Coruña é unha cidade con grande orgullo de si propia e enormes potencialidades. O que cómpre é poñelas en valor e mobilizalas para gañarmos o futuro”, sinalou o candidato durante a presentación. “Forza Coruña é un lema que conecta co imaxinario colectivo coruñés”, explicou Jorquera, quen lembrou que na presentación do primeiro tramo da candidatura para o 28M o BNG empregou a expresión Orde e Talento, lembrando a mític frase de Arsenio Iglesias.

Sesións vermú

O BNG estreará ademais un novo formato de encontro coa veciñanza. “Imos estrear un formato novo, o das Sesións Vermú co BNG, que entronca moi ben co que É o espírito da nosa cidade. Unha cidade que fai da rúa a casa común das coruñesas e dos coruñeses”, dixo David Soto, número 4 da nosa candidatura.

Haberá intervencións políticas, pero non serán as intervencións convencionais dun mitin convencional. “Terán un aquel de charla distendida coas veciñas e os veciños, o que corresponde á hora do vermú”, engadiu.

A primeira sesión vermú, así xa para abrir boca, será este domingo ás 13 horas no bar O Ambigú de Elviña (Praza Emilio Jaspe Deza), sede das emblemáticas sociedades Relámpago de Elviña e Tempo Novo, ben como da asociación veciñal Os Rexumeiros.

ÚLTIMAS

The Rapants e a Fundación Paideia triufaron nos Premios PALCO da Industria Musical Galega

Celebrouse onte na Sala Capitol de Compostela a entrega da segunda edición dos Premios...

A UDC promove este sábado un espazo no Mercado de San Agustín con propostas de divulgación científica e gastronómica

A Universidade da Coruña (UDC) estrea 'Abastos de Ciencia', un espazo onde a divulgación...

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here