InicioARTEIXO3 furtivos detidos por desobeciencia grave tras incautarlle

3 furtivos detidos por desobeciencia grave tras incautarlle

Publicada o

Por editor

A Garda Civil en colaboración cos Gardas Rurais da Confraría da Coruña, detivo tres veciños da Coruña como presuntos autores dun delito de desobediencia grave. O suceco aconteceu cando a Patrulla do Servizo de Protección da Natureza (PAPRONA) da Garda Civil de Arteixo viron como os tres furtivos estaban extraendo ilegalmente percebes, na zona da Illa a Gaianda.

Os axentes solicitaron reforzos para evitar vías de escate, e nun momento no que lles perderon de vista, decidiron intervir, localizándoas cando se dirixían cara a estrada, momento no que os homes detectaron a presenza dos gardas civís, comezando a fuxir coa bolsa de percebes pola matogueira, ignorando as ordes de parar.

A Garda Civil iniciou unha persecución ata a beira, xa que os furtivos se lanzaron ao mar coas capturas, de novo os efectivos actuantes deron as oportunas instrucións para que regresasen a terra, de novo non facéndolles caso, regresando á illa onde realizaron o labores de extracción.

Ante esta situación, os gardas civís solicitaron a colaboración da Confraría da Coruña, que lles facilitou unha embarcación tripulada polos seus Gardas Rurais, que se trasladaron á illa, detiveron aos 3 homes e regresaron a porto, dende onde trasladaron aos detidos ás dependencias do Posto Principal de Arteixo.

Os axentes incautaron o material, 15 kg de percebes (foron entregados á Institución Social Benéfica Padre Rubinos da Coruña), elaboraron a denuncia, e puxeron aos detidos a disposición do Xulgado de Instrución de garda da Coruña.

ÚLTIMAS

Román Rodríguez pide “transparencia e responsabilidade” á UDC na súa xestión económica

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, pide "transparencia e responsabilidade"...

Convocada folga na hostalaría na provincia da Coruña o día da eclipse

CIG, CCOO e UGT denunciaron a "situación de bloqueo" da negociación do convenio colectivo...

Música, raíces e tradición na Romaría de Santa Margarida

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou este mércores unha nova edición da Romaría...

Reflota o corpo da balea varada en Sabón

O corpo da balea que apareceu varada o luns na praia de Sabón, en...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here