InicioMOV. SOCIAISA Emerxencia que vive a Vivenda en Galicia

A Emerxencia que vive a Vivenda en Galicia

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A Rede Europea Contra a Pobreza e a Exclusión Social EAPN Galicia presentaba aos colectivos do terceiro sector da cidade a súa Campaña #EmerxenciaVivenda: Polo dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible.

A rede, da que forman 140 entidades galegas, debullou a súa exposición de 18 paneis sita na Escola Técnica de Arquitectura a ducias de profesionais do terceiro sector.

A entidade quere aproveitar estes tempos de campaña electoral para que o seu discurso cale nas candidaturas e asuman algunhas das súas esixencias. Ao tempo fan 3 preguntas directas a cada lista: “Cantas vivendas se comprometen a facilitar na vindeira lexislatura?”; “Onde van estar situadas?” e “como pensan afrontar cada unha das problemáticas que afectan ao acceso á vivenda digna e accesible?”.

Arrincaron a exposición Plácido Lizancos, director da Escola, e Saray Durán e Javier Hermida, da Xunta Directiva de EAPN Galicia.

Esixencias concretas

“A vivenda é o primeiro”: Vivenda digna, accesible e axeitada

Recollen a máxima urxencia e polo máxima prioridade que debería ter este asunto na axenda de Concellos e Xunta. Máis que urxencia, xa a denominan “emerxencia”, e sinalan que se pode evitar “creando un parque municipal básico de vivenda para situación e vivenda, así como recursos de transición”. Esixen que “se triplique o parque público de vivenda para social”; “asegurar o financiamento ás entidades do terceiro sector que traballen neste eido” e propoñen a “creación en cada concello dunha oficina de asesoramento na materia”.

Vivenda = “aspiradora de rentas”

As cifras son tremendas: máis do 30% da renta das familias estase indo a cubrir só os gastos de vivenda. Unha cifra que aumenta ata o 50% nas familias máis vulnerables.

Infravivenda

A Entidade fai fincapé no chabolismo, “un problema estrutural ás familias xitanas que se pode erradicar se hai vontade”. O 13% das familias xitanas viven en chabolas.

Senfogarismo

As cifras oficiais contan que hai 2.387 persoas sen fogar en Galicia. Pero hai moitas máis pois esta cifras só contabilizan ás usuarias de entidades sociais. A realidade é que “exclusión residencial” ten un perfil: maiores de 45 anos, residentes nas cidades, onde poden atopar máis recursos.

Accesibilidade

Outro asunto é a accesibilidade en materia de discapacidades e envellecemento. “En Galicia, o 80% das vivendas no son accesibles”. O colectivo Provivenda fala ademais da insalubridade no marco da súa campaña “A Casa nos enferma” e de como as humidades, os ocos nas paredes, as pingueiras… repercute no estado de saúde das familias residentes.

Emancipación da mocidade: Misión Imposible.

Así o define o estudo, sinalando que 7 de cada 10 mozos que viven na casa dos pais e nais traballan pero non poden emanciparse.

Abandono do medio rural

Encrucillada na que se atopa o rural galego, en clara exclusión territorial cos problemas nos servizos públicos tan básicos como o sanitario, o transporte, a educación… A pesar de haber milleiros de vivendas baleiras, a meirande parte non está en condicións de habitabilidade.

Vivenda social

Fixeron fincapé no “ínfimo parque de vivenda social que temos en España, país que é o 6º pola cola de Europa”. En Galicia temos 30 veces menos vivenda social que en Europa.

Tendes máis información en www.pobreza.gal ou aquí, onde nos debullan a exposición panel a panel.

ÚLTIMAS

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas...

Delegados da CIG mobilízanse en apoio a un extraballador municipal da Coruña que reclama o seu reincorporación

Delegados da CIG concentráronse ante os xulgados da Coruña con motivo do xuízo pola...

Dous feridos en Abegondo tras unha colisión entre un turismo e un vehículo de mercadorías

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión entre un vehículo de mercadorías e un turismo...

Dispositivo especial de seguridade este sábaod para o encontro Deportivo-Sporting de Xixón

A Policía establecerá un dispositivo especial desde o sábado polo partido que enfrontará o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here