InicioCULTURAOlladas doutro Tempo: Teatro-Circo Emilia Pardo Bazán

Olladas doutro Tempo: Teatro-Circo Emilia Pardo Bazán

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Tan só doce anos, isto foi o que se mantivo en pé o impoñente teatro que estamos a ver na fotografía de Pedro Ferrer. Existencia demasiado curta para unha obra desta categoría. O deseño do arquitecto Atanasio Anduiza inspirouse no famosísimo Teatro alla Scala de Milán. O proxecto foi modificado por Pedro Mariño, quen dirixiu as obras.

Inaugurouse en 1903 coma o meirande da cidade, pois era quen de dar cabida a 2000 persoas, aforo que aínda hoxe supera con creces as 673 prazas do Rosalía ou as 845 do Colón.

Inicialmente a idea era que levase o nome de Concepción Arenal. Pero a familia da homenaxeada, falecida uns anos antes, non o considerou unha boa idea. En cambio, a Dona Emilia non lle pareceu tan mal nomear un local de ocio. Tanto na pista coma no escenario puidéronse ver espectáculos de todo tipo, pero sempre que non coincidisen coa programación do veciño Teatro Principal, coma se chamaba naquela época ó actual Rosalía de Castro. Situábase na mesma parcela que hoxe en día ocupa o edificio da Autoridade Portuaria, pero estaba algo máis preto das Casas Paredes. Din que isto foi o que o sentenciou, que podería impedir o futuro ensanche da Avenida da Mariña. Pero en realidade “a loita polo importante mercado do ocio coruñés” foi o que lle custou a vida, en verbas de José Ramón Soraluce. Ó teatro de propiedade privada non le deixaron competir co municipal, polo que acabaría derrubado en 1915.

Pero aínda que a súa vida foi curta, non foi o teatro que menos durou na nosa cidade. O de Nicola Setaro foi moito máis breve, e iso que era o primeiro edificio permanente que se erguía na cidade para espectáculos teatrais. Este empresario italiano acadou os permisos necesarios para construir un teatro de madeira que abriría as súas portas en novembro de 1768. Situado entre a Cidade Vella e a Pescadería, preto das fortificacións de Porta Real, nun terreo baleiro considerado de seguridade militar. Imaxinade a sorpresa de Setaro cando recibe, tan só catro meses máis tarde, a notificación da inminente demolición do seu local. Emitía a orde o novo Capitán Xeral do Reino de Galicia, o Conde de Croix. O motivo oficial, a ubicación do inmoble. Pero a seguridade militar non sería o verdadeiro motivo. Especúlase que un altercado con militares nun baile de máscaras celebrado no teatro non fixera moita graza ó conde. E menos aínda que o italiano non quixera acordar prezos especiais para os oficiais nos espectáculos. Semella unha vendetta do francés.

“Es indiscutible, los italianos son los mejores actores del mundo. (…) Yo no puedo ni comparar el juego de los actores franceses al de los italianos, no sólo en lo reamente dramático, sino también en lo cómico, hasta en lo que tiende a la pantomima y la arlequinada”. As verbas son da propia Emilia Pardo Bazán en 1909 (“Crónica de España”). Semella que, alén de rivalidades entre italianos e fraceses, a verdadeira bufonada é a brevísima vida dos dous edificios de ocio, e os dous con motivos ocultos.

FERnando-campos

  • Fernando Campos. Coruñés ata a médula e fanático da Historia, sobre todo se esa Historia é coruñesa. Máis de quince anos impartindo obradoiros culturais coma “Un paseo pola cidade”, “Personaxes da cidade” ou “ A Cidade Perdida” no Fórum Metropolitano e no Centro Ágora.

OLLADAS DOUTRO TEMPO

ÚLTIMAS

Touriñán, entrevistado polos intern@s do CP de Teixeiro: “O que quero, na vida e no traballo, é seguir xogando como un neno”

Experiencia de vida a que levou Xosé A. Touriñán a pasada semana. O popular...

Novos cortes de tráfico no cruzamento de Solymar para instalar a pasarela peonil

Unha vez habilitado o tráfico polo paso subterráneo na autovía AC-12, continúa a recta...

Unha avaría causa novos atrasos de máis de 30 minutos en trens que circulan entre Vigo e A Coruña

Unha avaría nas infraestruturas entre Vilagarcía de Arousa e A Escravitude causou atrasos de...

Juan Díaz Villoslada será ao candidato galego na lista de Sumar ás eleccións europeas

O coruñés Juan Díaz Villoslada, que foi concelleiro e deputado autonómico do Partido Socialista,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here