InicioSOCIEDADEA comisión de festas de Santa Cruz critica ao Concello de Oleiros...

A comisión de festas de Santa Cruz critica ao Concello de Oleiros polas multitudinarias pelexas

Publicada o

Por europapress

A comisión de festas de Santa Cruz, no municipio coruñés de Oleiros, vinculou as pelexas ocorridas durante a celebración das mesmas con “cuadrillas alleas ao municipio“, á vez que reclama máis policía e denuncia “falta de supervisión municipal”.

Nun comunicado, lamenta “profundamente” os feitos ocorridos en senllas noites, nunha con agresión con arma branca a un mozo, e vincula as pelexas con “cuadrillas” de fóra do muncipio “que se citaron para pelexar durante a celebración das nosas festas”.

Fano despois de que se producisen senllas pelexas protagonizadas por mozos, nalgún caso coa participación dunha trintena, e de que houbese, ademais, un ferido con arma branca e outro ao que romperon a mandíbula ao querer roubarlle un móbil, segundo denunciou a familia.

A comisión de festas, que incide en que son un grupo de voluntarios e que non reciben apoio económico máis que a cesión de material, expresa o seu apoio ás familias afectadas polas agresións e ínstalles a contactar coa citada comisión “para tomar as decisións que consideren oportunas”.

“Púxose en perigo a seguridade das persoas asistentes ao evento e de todos os veciños de Santa Cruz por decisións que entendemos neglixentes por parte do goberno municipal”, do que asegura que faltou “supervisión municipal” nos días previos á celebración das citadas festas.

Ademais, sostén que os membros da Policía Local “estaban totalmente desbordados por contar cun número ridículo de efectivos”. Sobre a súa actuación, mostran o seu agradecemento ao labor e apostilan que, ao seu xuízo, foron “unhas vítimas máis dunha xestión neglixente por parte das autoridades municipais”.

ÚLTIMAS

Lembran os 25 anos do derrubamento do Asilo de Adelaida Muro, cando a especulación venceu ás necesidades sociais

Fai 25 anos que se derrubaba o Asilo de Anciáns de Adelaida Muro. Un...

DdC considera que o fallo sobre a urbanización da Maestranza do TSXG contradí os preceptos do TS

Coñeciamos onte que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimaba o recurso interposto...

As 10 rutas do Samaín que fan barrio na Coruña: O Martinete e San Cristovo das Viñas

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón, do Ventorrillo e...

As 10 rutas de Samaín que fan barrio na Coruña: O Ventorrillo e a Praza do Comercio

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón e de Monte...