InicioCULTURAXunta e Afundación promoven un catálogo sobre a "identidade e historia" da...

Xunta e Afundación promoven un catálogo sobre a “identidade e historia” da Coruña

Publicada o

Por europapress

Xunta e Afundación presentaron o catálogo da exposición ‘A Coruña no tempo’, unha mostra que recibiu case 8.000 visitas e pechará as súas portas o próximo 16 de setembro na cidade herculina. “Non é un catálogo convencional, o visual predomina sobre o textual”, destacou o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, na presentación na sede de Afundación.

Na mesma estivo acompañado pola coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela; a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez; e polo comisario da mostra Manuel Gago.

Esta exposición é a cuarta das sete mostras que conforman o proxecto ‘Cidades no tempo’ que, segundo explicou Lorenzo, naceu “como unha revisión de como as cidades galegas conforman a Galicia contemporánea“. Despois de Santiago, Ferrol, Lugo e A Coruña continuará o seu percorrido en outubro coa inauguración dunha nova mostra en Vigo.

Neste sentido, Gago recalcou que estes eventos deben “deixar un legado, unha proposta para o futuro que se incorpore á propia identidade da cidade”. Por este motivo, engadiu, este catálogo “está pensado para o público en xeral e reproduce a estrutura da mostra”.

CONTIDO

Segundo explicou, o libro “tenta trasladar de forma impresa a experiencia de sala” e inclúe as pezas físicas e “tamén os elementos interactivos e multimedia”. “Utilizamos o pasado para buscar as claves da identidade das cidades que no caso da Coruña é moi poliédrica e moi ampla”, engadiu.

Na mesma liña, Vela recalcou do catálogo que “recolle de maneira fonda, reflexiva e contextualizada a importancia da cidade da Coruña na entidade galega” e faino a través de “reflexións de importantes eruditos do tema”.

Este relato sobre a “identidade e historia” da cidade herculina contrúese con máis de 90 pezas de distinta tipoloxía como documentos históricos, obxectos simbólicos, obras de arte, fotografías ou planos, ademais da análise de expertos.

ÚLTIMAS

Entregan unha vivenda á nai ucraína con catro fillos á que aprazaron un desafiuzamento na Coruña

A nai ucraína con catro fillos, á que a semana pasada aprazaron un desafiuzamento...

Inés Rey destaca a eficacia da declaración de mercado tensionado: “Os resultados están aí”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, defendeu a eficacia da declaración de zona de...

O Festival Manicómicos leva o mellor circo contemporáneo a catro barrios da cidade

Este xoves 16 de xullo arrinca a edición 25 do Festival Manicómicos. Esa cita...