InicioMOV. SOCIAISOs Sindicatos anuncian un novo mes de mobilizacións do profesorado

Os Sindicatos anuncian un novo mes de mobilizacións do profesorado

Publicada o

Por editor

As representacións sindicais de CIG-Ensino, STEG e CSIF, que representan o 60% do profesorado galego, realizaron esta mañá unha rolda de prensa para anunciar un calendario intenso de mobilizacións durante o mes de novembro.

O éxito da folga do pasado 24 de outubro abre o pé para que os sindicatos prepare un novo mes de accións que culminará cunha folga xeral o 28 deste mes se a xunta non rectifica e volve negociar un convenio colectivo digno.
As accións, de feito, comezan hoxe mesmo co envío dunha carta conxunta ao conselleiro instándoo a recibir a maioría sindical que representan estas tres organización e a abrir novas negociacións que superen o “acordo de renuncias” asinado.

Anuncian ademais para o vindeiro 9 de novembro protestas nos centros; para o día 14, en horario de tarde, concentracións en varias cidades, e unha gran manifestación nacional en Compostela á que está chamada toda a comunidade educativa, é dicir, profesorado, familias e alumnado, o domingo 19.

PETICIÓNS

Os sinfdicatos reiteran as súas peticións, que pasan por realizar “melloras reais para todo o colectivo docente sen exclusións nin divisións, con prazos asumíbeis, en aras de amosar a nosa vontade negociadora”, pero mantendo demandas xa repetidas en numerosas ocasións.

–      Recuperación dos horarios de 18 e 21 horas nun máximo de 2 cursos.

–      Redución das ratios en todas as ensinanzas, comezando no 2024/25 e con aplicación como máximo no remate de cada etapa.

–      Aplicación de medidas inmediatas (curso 2024/25) para a redución da burocracia: aumento das horas de liberación para cargos directivos, de coordinación e titoría e aumento de persoal administrativo.

–      Reparto lineal da masa salarial comprometida pola Consellaría entre todo o profesorado.

 

Máis novas

Traballadores en escolas ‘Galiña Azul’ e en atención a maiores maniféstanse na Coruña contra a temporalidade

Traballadores en escolas ‘Galiña Azul’ e en atención a maiores maniféstanse na Coruña contra a temporalidade

ÚLTIMAS

Yolanda Díaz anuncia que visitará A Coruña para promover a redución da xornada laboral

A líder de Sumar, Yolanda Díaz, puxo o foco en acometer canto antes a...

Nova protesta das mariscadoras da ría do Burgo para pedir solucións mentres non poidan faenar

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova concentración, ante...

Atopan mortas en menos de media hora a dúas persoas de idade avanzada na Coruña

Dúas persoas de idade avanzada foron localizadas mortas nos seus domicilios en menos de...

Dous detidos na desarticulación dun punto de venda de cocaína e haxix nun piso de Arteixo

Dúas persoas foron detidas na desarticulación por parte da Garda Civil dun punto de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here