InicioDEPORTESMagnífico desastre branquiazul

Magnífico desastre branquiazul

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • Xornada 11 – Real Unión 3 – Depor 0
  • Derrota esperpéntica dun Depor que tira por terra o feito nas últimas semanas.
  • Undécimo partido de Imanol Idiakez como adestrador do Depor en partido oficial (3V 5E 3D)

— —

Se hai algo que fai ben o Depor nestes últimos anos é a planificación e a execución de desastres. Sáenlle á perfección, nin ideados polas mellores mentes de Hollywood. Se Mallorca, Albacete, Castellón están no ideario desastroso branquiazul pola súa relevancia en termos de ascensos, agora temos que engadir unha nova edición a estes coma é a tempada 23/24. Porque todo en conxunto este ano está sendo terrible para a afección deportivista.

O encontro de onte á tarde pon en evidencia a mala planificación da plantilla, o rendemento pésimo de xogadores que chegaron para suplir a xogadores tan importantes coma Soriano ou Quiles e as poucas posibilidades que amosa o adestrador para adaptarse a terreos de xogo e a equipos especialistas do barro. Nesta categoría hai que ter un plan B e un plan C cando xogas en campos coma o de onte. Andamos faltos de dianteiros puntas natos que vaian ben de cabeza (Quiles), de especialistas por banda co triangulo máxico no seu ADN de encarar-regatear-centrar (estes tampouco estaban o ano pasado), de medias puntas de último pase e con bo tiro (Soriano). Pola contra temos a media ducia de xogadores iguais en características (Davo, Pablo Valcarce, Hugo Rama, Berto Cayarga, Pablo Muñoz) que, aínda por riba, amosan un estado lamentable de actitude e de conexión co equipo.

Ben pouco lle fixo falta o Real Unión onte para desarborar á defensa do Depor. Un mal control con varios rexeites e un tiro dende 30 metros para sorprender a un Ian mal colocado e lento na reacción, e logo dúas xogadas iguais pola banda de Balenziaga onde non había ninguén no repliegue e na cobertura. Parecía que houbera rematado o partido no minuto 46 cando chegou o segundo gol. Actitude lamentable dun equipo que ten que pensar en armarse nun bloque para acadar o obxectivo de quedar entre os dez primeiros. Nin ascenso, nin playoff, nin mercado de inverno, este ano toca unha ración de barro das boas.

 

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR

ÚLTIMAS

A Coruña móllase pola inclusión #Baixoomesmoparaugas

‘Baixo o mesmo paraugas’ é o lema que as entidades sociais do país levan...

Traballadores aproban o acordo coa empresa e desconvocar o paro nas obras de acceso ao porto exterior

As asembleas de traballadores celebradas ata o momento aprobaron maioritariamente o acordo alcanzado nas...

Poñen cifras á discriminación da Logopedia na sanidade pública

Na actualidade, en Galicia só hai 37 logopedas no sistema sanitario público. Unha cifra...

A Coruña acende este xoves as luces de Nadal, con programación durante un mes

A programación do Nadal do Concello da Coruña comezará este xoves, día 5, co acto de aceso...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here