InicioDEPORTESO Dépor e a marmota

O Dépor e a marmota

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • ornada 13 – SD Tarazona 1 – Depor 1
  • Un novo mini desastre branquiazul fora da casa e ante un dos rivais más modestos da categoría
  • Décimo terceiro partido de Imanol Idiakez como adestrador do Depor en partido oficial (4V 6E 3D)

— — —

Un novo día da marmota en Punxsutawney. Habería que chamar a Bill Murray para que veña a facer as crónicas do Dépor e, polo menos, xa nos tomamos isto co humor que merece este deambular no barro. Se graciosa era a situación vivida polo noso querido Bill en Pensilvania, tortuosa é o camiñar do Depor nesta senda de barro 23/24.

Tocaba esta fin de semana unha saída, de primeiras, accesible contra un dos equipos máis modestos da categoría e nun deses campos que che recordan a crueza da túa realidade. De feito, o máis entretido da primeira metade do encontro foi ver coma os rapaces de Tarazona divertíanse no fondo do campo, tirándose ladeira abaixo aproveitando a tranquila tarde que o Dépor lle estaba entregando ó equipo local. Ningunha chegada de perigo, xogo escuro e as mesmas sensacións doutros encontros. Pero, aínda quedaba o mellor da tarde. Regalo do equipo local no minuto 87 con erro grande do porteiro local e gol do Depor que parecía afastar a mala sorte doutros encontros. Amigo, pero aí estaba Bill acariñando á marmota para que no minuto 95 chegase o empate da SD Tarazona e acendera de novo tódolos rotativos para cambiar o titular que xa tiñan escritos os periódicos do domingo.

Novo paso atrás dun Dépor que levaba unha boa xeira de puntos: 9 de 12 posibles. Cando xa vai un terzo de campionato, situado no zona morna da táboa, cunhas esperanzas moi limitadas de liderato, e cun leve suspiro de achegarse á quinta e última praza de playoff, quedan poucos deportivistas que vexan algo positivo no equipo.

Moito culpable, moito responsable e pouco remedio se lle ve a un equipo que cada domingo empéñase en facerte crer que o depósito de desgracias nunca está cheo de todo.    

 

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR

ÚLTIMAS

Investigan a aparición dun cadáver nun camión do lixo na planta de reciclaxe na Coruña

A Policía Nacional abriu unha investigación pola aparición dun cadáver nun colector na planta de reciclaxe de...

A Coruña acolle o acto ‘As elixidas’ con líderes locais de Cabo Verde, Mozambique ou Brasil

O Palacio Municipal de María Pita acolleu este martes o acto de apertura do...

O servizo de Teleasistencia da Cruz Vermella coida máis de 2.200 maiores na Coruña

Recibía esta mañá a sede da Cruz Vermella da Coruña, a visita institucional comandada...

A Coruña rende homenaxe aos Mártires de Brens

Norberto Recamán Lago, Florentino Canosa Barreiro, José Lago Fernández, Teófilo Mejuto Leis, Perfecto Trasmonte...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here