InicioECONOMÍAPropostas para agasallar este Nadal en galego

Propostas para agasallar este Nadal en galego

Publicada o

Por editor

A Mesa pola Normalización da Lingüística vén de lanzar un completo catálogo con centos de propostas de compras e agasallos de Nadal que teñen o galego como parte intrínseca.Libros, discos, cadernos e elementos decorativos, xogos, instrumentos musicais, roupa, complementos, prantas, enerxía, servizos profesionais, experiencias, alimentos…

Unha marea de ideas para “recoñecer as empresas que empregan con normalidade o galego no ámbito socioeconómico”, segundo afirma o presidente da Mesa, Marcos Maceira, que tamén recorda que “coa decisión de facermos presentes en galego como consumidoras e consumidores estamos a pór en valor a nosa lingua, a nosa cultura e tamén a nosa economía”.

Abertos ao galego

Este catálogo forma parte do proxecto Abertos ao Galego, que certifica o compromiso coa normalización da nosa lingua de empresas, comercios, asociacións e entidades de toda índole. Desde o cumprimento da lexislación lingüística e o estabelecemento de medidas concretas para o uso do galego, até o uso sistemático do galego tanto interna como externamente e a solicitude de información e documentación en galego a provedores e administracións, Abertos ao Galego acompaña e apoia aquelas entidades que apostan dun xeito consciente pola lingua propia amosándolle á cidadanía os seus esforzos e animando os consumidores e consumidoras a apoialas, escollendo os seus produtos ou servizos.

“Todas as decisións que tomamos como consumidores e consumidoras teñen implicacións”, afirma Maceira, “non ten as mesmas repercusións económicas, laborais ou ecolóxicas comprar un iogur fabricado en Francia que en Galiza, do mesmo xeito que non é o mesmo ter contratada unha empresa de telefonía que emprega persoas que poden atender a clientela en galego ou unha que non dá o seu servizo na nosa lingua”.

Máis novas

Aberta a Casa dos Xoguetes para fomentar a economía circular por Nadal

ÚLTIMAS

O BNG volve preguntar polo prometido hai 10 meses, concurso para designar a dirección da Fundación Luís Seoane

Xa pasaron case 10 meses dende que o Xornal da Couña destapaba o escandaloso...

Adxudicado o novo equipamento de radioloxía do CHUAC

A Consellería de Sanidade publicou no Portal de Contratos de Galicia a adxudicación, á...

Miguel Lorenzo derrogará a declaración de zona tensionada da Coruña se chega á alcaldía

O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Coruña, Miguel Lorenzo, anunciou o seu...

Controlado un conato de incendio no lugar das Rañas en San Cistovo das Viñas

  Un conato de incendio declarado este xoves nas Rañas, na Coruña, deuse por controlado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here