InicioBARRIOSMonte Alto rescata a lenda do Santo Amaro

Monte Alto rescata a lenda do Santo Amaro

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Aló por 1935, o mesmo ano da fundación do Club do Mar, Uxío Carré Alavarellos recollía a Lenda do Santo Amaro. Este século XXI é Xurxo Souto o que toma o legado do escritor coruñés na intención de rescatar a fermosa lenda. O eterno dinamizador de Monte Alto foi protagonista, xunto co grupo teatral “Noite Bohemia”, do evento organizado polo colectivo Rego da Serpe (outro topónimo con historia que sinala o camiño que baixa ao areal) esta mañá de domingo sobre a propia area.

Abríase o sol para acoller unha mañá máxica nun areal onde se mesturaban os ambientes. No centro, a comitiva cultural. Na zona de Durmideiras os veciños sacaban o peito ao sol mentres lanzaban pelotas aos seus cans. Non fallaban os e as bañistas que aproveitan cada raio de sol para mollar o corpo. Na outra banda os mergulladores disfrutaban da calma do mar, e preto de onde varias voluntarias limpaban microplásticos con paciencia e compromiso, unha máquina municipal recuperaba o corpo sen vida dunha foca que aparecía varada na mesma mañá.

Xurxo puña en ambiente, presentaba a historia d“o santo navegante que atopou á illa do Paraíso”, que xa recolleu no o libro “Contos da Coruña” (Ed. Xerais, 2007). Unha fermosa lenda para trasladar aos nosos pequenos, e que serve ademais de vínculo coa romaría en Matamá, padroeiro da comunidade galega de Lisboa, sobre un santo que non recoñecía a relixión católica pero que tivo que adoptar tras vincularse con Mauro.

Ademais da bughina de Xurxo (e tamén o de Rodrigo Osorio), soaban as gaitas montealteñas, e tamén o acordeón de Xurxo, para dar paso á cantiga tradicional entoada polas bravas rapazas da compañía de “teatro de base” Noite Bohemia, antes de realizar conxuntamente unha versión teatralizada da lenda dirixida por Mariña.

Cantareiras de Noites de Bohemia cantando con Xurxo Souto a cantiga a Santo Amaro
Cantareiras de Noites de Bohemia cantando con Xurxo Souto a cantiga a Santo Amaro

Foi Javier Fdez. Mariño o que expuxo o traballo do seu grupo teatral, agradecendo a vontade e o talento das rapazas e dando pé a unha parte da montaxe que xa se preestreou no Curros Enríquez e que se estreará o vindeiro sábado 20 de xaneiro no propio Club do Mar, e á que toda a cidade está invitada.

O mar Callado da lenda de Santo AMARO POR Noite de Bohemia
Noite de Bohemia representan do o mar callado da lenda en pleno areal

”Amaromanía”

O movemento arredor de Santa Amaro xa está a ser tendencia e o propio Xurxo como Amaromaría completáse con outro proxecto fermoso: a banda herculina Bestas, de Pablo Canosa, está preparando unha versión punki da cantiga tradicional.

A xornada rematou con agradables conversas, pero tamén coas mesmas protagonistas que recreaban o mar callado da lenda e que entoaban a cantiga, recollendo os microplásticos coas súas propias mans.

Novas relacionadas

Xurxo Souto rescata a Romaría do Santo Amaro, a festa dos emigrantes galeg@s

ARTIGOS DE XURXO SOUTO NO XORNALDACORUÑA

 

ÚLTIMAS

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas...

Delegados da CIG mobilízanse en apoio a un extraballador municipal da Coruña que reclama o seu reincorporación

Delegados da CIG concentráronse ante os xulgados da Coruña con motivo do xuízo pola...

Denunciado o condutor dun camión tras quedar atrancado no túnel de Juana de Vega

O condutor dun trailer foi denunciado tras quedar atrancado co vehículo no túnel de...

O Morriña Fest 2025 celebrarase os días 25 e 26 de xullo

O Morriña Fest celebrará a súa quinta edición na Coruña os días 25 e 26 de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here