InicioSOCIEDADEA UDC pagará o desconto da patronal ao seu persoal investigador

A UDC pagará o desconto da patronal ao seu persoal investigador

Publicada o

Por Ángela Precedo

O persoal de investigación contratado con cargo ás axudas Margaridas Salgas e María Zambrano na Universidade da Coruña cobrarán as retibucións que lle corresponden vinculadas á cota que lle descontaron nas súas nóminas. Segundo informou a CIG, realizarano despois de que o novo equipo reitoral asumise coa CIG-Ensino o compromiso de presentar no prazo máximo de dous meses (contados desde o un de feberero) un plan de pagos destes importes en cumprimento da setencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

A sentenza foi o resultado dun conflito colectivo presentado polo sindicato contra a universidade (igual que fixeron contra a USC e a UVigo) na que, o alto tribunal galego, declarou nula a práctica de detraer do importe das axudas a cota empresarial e afirmando que o persoal afectado tiña o dereito a percibir como salario as contías.

O sindicato valorou “moi positivamente” o compromiso do reitor da UDC e, tras unha asemblea cos afectados, fixa como obxectivo para o acordo, que se terá que concretar antes do 1 de abril, que os prazos se reduzan ao mínimo e que na seguinte nómina posterior ao acordo xa se regulariza o pago correspondente a cada mes para non aumentar a débeda da universidade.

En total serían 37 persoas afectadas, das que algunhas xa non teñen relación coa UDC por deixar a praza pero manteñen o dereito a percibir a contía empresaria que lle detraeron no tempo traballado. No que respecta ás univesidades de Vigo e Santiago tamén están afectadas por sentenzas gañadas polo sindicato con “idénticas resolucións” á da UDC. Con todo, ambas as universidades presentaron recurso de casación antre o Tribunal Supremo polo que, puntualizou o sindicato, terán que esperar a que dite sentenza.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here