InicioCULTURAA Coruña enche o Festival do Día dos Medios en Galego

A Coruña enche o Festival do Día dos Medios en Galego

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) organiza dous eventos na cidade da Coruña, en colaboración co Xornal da CoruñaAo longo da semana falaremos do Roteiro Xornalístico de cara a este sábado 24, pero hoxe queremos falar do festival de música galega contemporánea que se vai celebrar este xoves 22 na Sala Inn.

AMEGA quere trasladar á mocidade galega a importancia de informarse na nosa lingua, a posibilidade que teñen de seguir os máis de 140 medios na nosa lingua, ou os máis de 50 que formamos parte desta asociación. E para iso, vai xuntar máis de 500 mozos e mozas da cidade arredor da revolución da música galega contemporánea.

A estrea do novo disco de Fillas de Cassandra, “Últimas Dionisíacas”, e o concerto de De Ninghures, serán os pratos fortes do pequeno festival que acollerá a Sala Inn, e para o que xa se esgotaron todas as entradas.

Máis novas

A AMEGA organiza un roteiro e un festival de música galega contemporánea na Coruña polo Día dos Medios en Galego

As Fillas de Cassandra ou o destape da música tradicional galega

ÚLTIMAS

A exsubdelegada do Goberno na Coruña María Rivas postúlase para liderar a lista do PSOE na provincia

A exsubdelegada do Goberno na Coruña e actualmente directora do Plan Estratéxico da cidade...

O Concello da Coruña lanza unha campaña para animar aos mozos a falar de saúde mental sen prexuízos nin medo

O Concello da Coruña vén de lanzar unha campaña municipal para achegar a conversa...

A Xunta somete a información pública o proxecto relativo a expropiacións pola ampliación do Chuac

A Axencia Galega de Infraestruturas publicou o anuncio de 29 de setembro deste ano...

A Xunta autoriza a Inditex a construír un parque eólico no porto exterior da Coruña

Inditex conseguiu a autorización da Xunta para a construción dun parque eólico no porto...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here