InicioBARRIOSO PP denuncia o eterno retraso das obras de Santa Lucía e...

O PP denuncia o eterno retraso das obras de Santa Lucía e critica a falta de diálogo da rexedora coa veciñanza

Publicada o

Por editor

Van para 10 meses dende que o Concello da Coruña comezou os trámites para licitar a obra do Centro de Santa Lucía. E ningunha novidade temos dende entón, como denuncia o PP local. “Durante o mandato anterior só se convocou o concurso de ideas, resolvendo en maio de 2023, xusto antes das eleccións municipal. Dez meses despois, aínda non asinou o contrato Proxecto básico e de execución”, lamenta o voceiro do grupo popular Miguel Lorenzo. “Ao non haber proxecto non se pode licitar a obra, polo que non poderán comezar en 2024, aumentando un atraso acumulado de máis de 10 anos que exaspera á veciñanza da Falperra”, sinala mentres lembra que “mentres, a Xunta agarda cos cartos incluídos nos seus orzamentos”.

Ademais, o PP levará a pleno dúas mocións e unha pregunta oral sobre a falta de diálogo de Inés Rey cos veciños. O grupo levará unha pregunta oral para conocer que medidas ha tomado Inés Rey para cumplir la moción presentada por el PP, aprobada por unanimidad, el 1 de febrero, en la que se le insta a atender la solicitud de reunión, avalada por cinco mil firmas, formulada por 9 asociaciones.

Non vai perder a ocasión o voceiro popular de levar a pleno as protestas vividas estas semanas na rúa Monasterio de Bergondo, polos problemas doutro narcopiso.

ÚLTIMAS

(Vídeo) O universo Mafalda de Quino: “Era un tío internacional que volvía de Europa cargado de mundo”

«Era un home moi observador, tanto cos nenos como cos detalles do mundo que...

Un minuto de silencio e unha ofrenda floral lembran na Coruña a Samuel Luiz no aniversario do seu asasinato

Cidadáns e cidadás convocados pola asociación LGBTI+ Alas A Coruña sumáronse este xoves a...

A alcaldesa da Coruña alerta sobre a cifra “insoportable” de vítimas de violencia de xénero

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, cualificou de "insoportable" a cifra de...

Inés Rey manifesta o apoio dos socialistas coruñeses a Pedro Sánchez, pero pide rexeneración

A alcaldesa da Coruña e secretaria xeral dos socialistas coruñeses, Inés Rey, trasladou o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here